A lume apagado

adobestock_84119940-kttf-620x349abcMarina Losada Vicente. Pasaba despois de traballar a recoller a filla. Levantaba a tapa da tarteira e comentaba: Ai, que ben arresende! A sogra insistía en invitala a xantar ou en que levase para comer na súa casa. Non, que engorda. Tanta rutina collera que, estando de vacacións, á volta do ximnasio, a nora pasaba a examinar a tarteira, da que parecía extraer canto zume fose capaz de conter o vapor dunha comida preparada con  cariño e mimo, produtos da horta, co seu aceite do bo. Uns peixes frescos frescos, guisados como toda a vida, coas súas pataquiñas, co seu prebe. Unhas filloas caramelizadas, como lle gustaban á neta e ao fillo, que non pasaba por alí por non verse na obriga de rexeitar todo aquilo que tanto lle gustaba.

            Tivera que ir a unha revisión médica e, con revoltura no corpo, non tomou máis sustancia que unha cunca de leite fervido. Un minuto antes de que entrara a nora, colocou cadansúa tarteira enriba de cadanseu queimador da cociña. Catro en total, que a nora foi abrindo cada vez máis incrédula. Mirouna cun xesto non só interrogador, senón tamén acusador. Non hai nada nas tarteiras!, afirmou, cambiando por un día o discurso sabido.

            A nora non entendeu a graza, nin ela llo dixo. Para quen non quere, teño eu de sobra.

4 comentarios en “A lume apagado

  1. Bo día, Carmen: Non cheguei a ter a versión da nora. A imaxe dela diante dos fogóns non xera en min simpatía algunha, son máis de entender á sogra, pero no deixo de ver no seu comportamento unha ambigüidade difícil de entender. Bicos

  2. Querida Marina:
    A pesar de andar con la tripa algo revuelta -cosa rara en mí que, aunque coma piedras, me sientan como si tomase hígados de faneca, que debe de ser el más saludable y nutritivo alimento, a juzgar por una expresión que utilizaba mi abuela- tu historia me ha abierto el apetito y acabo de cenar un estupendo filete a la plancha que me supo a gloria, además alguna que otra cosilla. Dicen por ahí que cena copiosa no es saludable… Pues yo soy incapaz de dormirme con el estómago vacío. Será porque cuando me acuesto ya casi tengo hecha la digestión. Sin embargo lo del filete de hoy es una excepción: ceno variado, pero ligero y, a poder ser, que no tenga que cocinar.
    Sobre la nuera de tan excelente cocinera, se me ocurre pensar que a lo mejor lo que tenía eran celos de la suegra; por eso se negaba a llevar a casa bocados que ella no estaba dispuesta a preparar ni sabía.
    “¡Ai, o prebe… Facía moito que non oía esa verba. Eu ao peixe fervido póñolle case sempre allada.”
    Me encantan tus historias tan reales.
    Un abrazo.

  3. É fácil identificar á nora que non come por non engordar, eu tamén teño coidado das miñas comidas para permitirme debilidades de cando en vez. O que cumpre é non levalo ao ridículo. Alimentar o corpo de aromas é recoñecer que vives nun continuo fracaso, segundo eu o vexo. Ganou de man a sogra, que na súa naturalidade amosou un bo sentido do humor.

    Envidia teño desa tua neta, Magdalena. Eu tamén teño unha Emma, pero vive en Madrid… Bicos, Magdalena.

  4. ¡¡ Qué bueno, Marina !! Una suegra muy inteligente, ja,ja, ja.

    Ojalá los míos hicieran lo mismo y solo hicieran uso de sus expertas pituitarias, porque siendo así, yo podría perderme entre la barahúnda de los múltiples bares todos los días de fiestas de guardar, pero aquí, aunque el menú sea pollo, parece que aproximas a su radio de acción una fuente de ostras. Y como el séptimo día, Dios descansó, ellos ese día dan descanso también a su dieta. La verdad es que son muy agradecidos y eso hace que los olores que fluyen cerca del fuego, se conviertan en un dulce tormento.

    Y hoy que ya tengo perfilados los planes culinarios, me voy para la cocina a limpiar las judías, sé que protestará Emma, pero nadie la salva de tomar legumbres un par de veces por semana.

    Besiños palmeiráns, querida Marina.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>