Influencias

youtubersAntón Riveiro Coello. Abraian as mortes de youtubers e a súa casuística absurda: comendo cempés, tirándose en parapente, conducindo unha moto cos pés ou guiando un patinete eléctrico pola estrada. A obsesión por non perder interese nas redes leva a unha perda do anonimato e a unha sobreexposición pública que ás veces pasa unha factura fatal. Coido que estamos a chegar a un punto sen retorno. Lembro hai un par de anos, cando me convidaron á feira do libro de Buenos Aires, vin que na delegación galega ía un mozo de apenas 21 anos sen ningún libro publicado, que acudía en condición de booktuber, unha sorte de influencer literario que, con milleiros de seguidores, foi a estrela da delegación. A miña desconfianza inicial con el virou en respecto cando o escoitei falar e vin que tiña un discurso ben interesante, aínda que este fose dirixido a unha franxa determinada de idade e a un tipo de literatura que el mesmo xa deixaba atrás. Lembro a euforia coa que o paraban pola rúa para o saudaren con admiración. E mentres outros falabamos en salas para 20 persoas el tiña ringleiras de fans que lle traían agasallos. Malia todo, era doado sospeitar nel un algo de incomodidade con tanto asalto, mesmo certo cansazo pola invasión da súa intimidade. Se cadra, máis ca timidez, era síntoma de intelixencia ou de que quería apearse a tempo desa enxurrada de popularidade. Non o sei. Con todo, cavilei no ben que nos viría a moitos escritores ter un tipo de axitador así nas redes que espertase o interese masivo pola nosa obra. Venderiamos libros ás moreas e mesmo teriamos que nos agachar para reservar a nosa intimidade. Talvez. Mais eu conformeime nesa feira con saber que, en Lugo, a nai do booktuber seica estaba a ler a miña última novela. Ese era todo o meu éxito. E non pouco.

7 comentarios en “Influencias

  1. Muchas gracias, Antón, por tu extensa y didáctica respuesta. Por suerte, la lectura de siempre -la del libro que puedes dejar sobre la mesilla de noche cuando te vence el sueño- continúa en auge.
    En la Feria del Libro de este año, en Madrid, pude comprobarlo: nunca había visto tan largas colas ante las casetas a la espera de la firma de un libro por el autor. Y tienes razón al afirmar que las redes tienen mucho que ver en que la cultura llegue a todos, a pesar del tributo que hay que pagar.
    “A palabra segue, pero cambiou o medio”. Aun así, no es lo mismo leer en un ordenador o en un libro electrónico: en donde haya un ejemplar que puedas hojear…
    En tu respuesta mencionas a Ortega y Gasset: es curioso, precisamente el libro que releí antes de venir para Galicia fue “La rebelión de las masas”
    Y si a los mayores les cuesta lo que a mí manejarse con el ordenados, apaga y a otra cosa.
    Que tengas bellos sueños-

  2. Grazas, Carmen. Tes razón e comparto contigo moitas cousas. Con todo, non son tan pesimista. Hoxe a cultura é máis horizontal por esa virtualidade das redes e porque as masas teñen acceso á cultura pagando, iso si, a peaxe da banalidade e o empobrecemento. Hai quen ve nisto un novo florecemento da cultura popular. Ortega, coa súa concepción aristocrática da cultura, xa consideraba as masas como destrutoras da civilización e as elites gardiás do templo. Pero, se o pensamos ben, nunca houbo tanta conexión entre a cultura de masas e a alta cultura, entre esa cultura pensada para a distracción, para divertir e causar pracer, para a que non se precisa unha formación intelectual especializada nin cómpre esforzo, e esoutra cultura que para moitos é unha sorte de relixión, un lugar de transcendencia que ocupa o baleiro e axuda a comprender a complexidade da vida. Na primeira, a actitude adoita ser máis pasiva e submisa, e na segunda máis crítica e activa. Non discuto que no pasado a cultura axudaba a preocuparse polos problemas fundamentais da sociedade. Agora a cultura axuda precisamente ao contrario, a evadirse deles e non intervir, a eludilos nesa nube simulada que nos achega a ficción porque somos consumidores de ilusión. A palabra segue, pero cambiou o medio. Hoxe, por desgraza para quen escribe libros, o lecer non o ocupa a lectura de novelas senón o visionado das series de televisión, que viven a súa etapa dourada. Por iso, creo que o poder de intervención dxs escritorxs é moi limitado, aínda que saibamos que a ficción sempre precisará de nós, independentemente do medio que use. Bicos

  3. Estimado Antón:
    Pues habrá que ingeniárselas para conjugar la sala de veinte personas con otros medios que lleguen a las masas. Si la masa sólo recibe basura, nunca llegará a desasnarse. A este paso, con el uso que se les da a los medios de información, lo único que se está logrando es una sociedad deshumanizada, sin otros referentes que a los que se refiere Magdalena y que, por desgracia, no siempre son “flor de un día”: muchos de ellos tienen el porvenir asegurado sin escribir una linea y su influencia es nociva en gran medida. La tan manida frase de que “el mundo está loco”, nunca fue más real que en el momento presente. Yo -más pesimista que tú- creo que hemos llegado a ese “punto sin retorno”. A no ser que los escritores de valía os las ingeniéis para llegar no sólo a las minorías, sino conectar de alguna manera con el gran público -entre el que me encuentro- y que vuestra voz se haga oír. Si acaso, emulando al joven del que haces referencia.
    En la respuesta a Magdalena lo expresas todo. Precisamente esa lucha con uno mismo y con las letras sea la razón de no dar más rienda suelta a lo que se siente. Y, aunque a la buena literatura siempre le llega el momento de ser reconocida, al autor no le interesa que este reconocimiento sea póstumo.
    Gracias por lo que escribes.

  4. Grazas, Paideleo, pero sospeito que unha frase semellante xa lla escoitei a alguén con anterioridade, creo que a Álvaro Mutis, non estou certo. En calquera caso, representa moi ben os atrancos dun oficio tan fermoso e difícil como é o da escrita. Apertas

  5. Moitas grazas, Magdalena. Totalmente de acordo contigo. Todo ese mundo das redes adoita levarse mal coa escrita como acto de creación, mais ás veces tamén é unha ponte para chegarmos a algures. O que está claro é que escribir non deixa de ser un acto solitario, unha loita corpo a corpo coas palabras. E esa “flor de un día”, igual que certo éxito que todos queremos, tamén se poden converter nun novo atranco para a escrita. Talvez a mellor posición para facer boa literatura sempre sexa dende o fracaso. Os escritores non loitamos contra Joyce ou Virginia Woolf senón contra nós mesmos. Esa é a nosa cruz e tamén a nosa saída. Saúdos boirenses

  6. Bos días, estimado Antón:
    Yo desconozco ese mundo y por tanto no puedo opinar al respecto, pero sí, veo en los informativos las barbaridades que hacen y originan ciertos personajillos simplemente por salir como héroes en las redes sociales aspirando a que sus fotos salgan en fastuosos marcos de neón cuando no merecen ni uno de plástico.
    Sobre los “influencer” literarios, me imagino la repercusión mediática que pueden alcanzar, pero también opino ( igual me equivoco ) que esa resonancia, es flor de un día.
    Yo prefiero disfrutar palpando con mis falanges “A esfinxe de amaranto”, “A ferida do vento”, transitando sus hojas bajo la sombra de un bonsai.
    Los primeros reporteros de la Tierra, un tal Lucas, Mateo, Juan y Marcos, de haber sido simplemente “booktubers” ya nadie se acordaría de ellos, en cambio, ahí los tienes hasta la consumación de los siglos.
    Querido Antón, el tiempo tiene mandíbulas más poderosas que la polilla y solo lo escrito, escrito está, – en papel, lógicamente -.
    Veinte personas en una sala sabiendo valorar lo que tienen en sus manos, fruto de los desvelos del autor que tienen enfrente, ya es un triunfo.
    Cariñosos saludos palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>