O balonmán como pedagoxía progresista

39021f034037cc1a4a171199777de1daX. Ricardo Losada. (A Xesús Costa Rodil, un ano despois da súa morte). Coñecín a Xesús Costa en 1973, cando eu tiña 12 anos e el chegou como mestre ao colexio de Rianxo onde eu estudaba. Eran os estertores do franquismo e el, nun ambiente académico imbuído ata a medula de pedagoxía nacionalcatólica, foi un anticipo da democracia e unha práctica retardada das teorías do que despois souben que se chamaba Institución Libre de Ensinanza. Nunca me deu clase, pero foi adestrador meu do equipo de balonmán, un feito que algúns poden considerar menor comparado coas súas outras contribucións (mestre de vocación republicana -no sentido etimolóxico e político-, investigador rigoroso e sistemático da historia de Rianxo e fervente defensor da memoria histórica), pero que no meu recordo ten unha gran transcendencia pois simboliza moi ben, ao meu entender, o seu espírito persoal e profesional.

     Primeiro, porque a elección dese deporte indica unha mestura de gusto persoal e compromiso ideolóxico moi propio de don Xesús, unha das poucas persoas que eu coñecese no que o concepto de praxe acadaba un significado profundo. O balonmán non era só un deporte entre outros moitos que puidésemos practicar. Era un deporte que rompía o monopolio do fútbol e abría un mundo novo de posibilidades.

     Segundo, porque o balonmán non estaba contaminado pola manipulación franquista dos deportes de masas.

     Terceiro, porque ese deporte manifestaba dunha forma palmar a súa forma de enfrontarse ao mundo, esa teimosía (que paliaba coa súa afabilidade e sincera preocupación polos demais nas distancias curtas) que era, para ben e para mal, a marca indeleble do seu carácter. depositphotos_78221988-stock-photo-handball-pictogram-on-white-backgroundSe o atletismo era demasiado individualista, o fútbol e o baloncesto eran demasiado complexos desde o punto de vista estratéxico. O balonmán, porén, consistía nun ataque e nunha defensa estáticos, definidos e planificados, organizados como nesa batalla que era, segundo el, a vida e, sobre todo, a vida dos nenos pobres. Os xogadores  de balonmán derrubaban un muro unha vez tras outra, como no mito de Sísifo, e ese era o sentido da vida que don Xesús intentaba transmitirnos pois era o sentido que el lle daba á súa vida persoal, familiar e social.

     Xa que logo, comprenderedes que non recorde nada das instrucións técnicas sobre balonmán que don Xesús me transmitiu con aquela solemnidade de barítono que o definía, iso que o deporte era a miña paixón. E non recordo nada porque, andando o tempo, cando estudaba bacharelato en Padrón, estudar a Marx cambioume completamente a perspectiva que tiña daqueles adestramentos. Comprendín que o balonmán era para don Xesús un escenario máis da obra que el quería representar, a loita de clases, cunha humildade e unha tolerancia que probablemente a facían menos efectiva, pero, sen dúbida, moito máis humana.

6 comentarios en “O balonmán como pedagoxía progresista

  1. Benqueridxs Magdalena, Carmen e Jos.
    Por sempre agradecido, a vosa presenza na presentación de DOA, DOA… AVOA, é para min moi importante. Graciñas.
    Parabenizar tan merecida lembranza do amigo Xesús Costa, pois só ti, Xosé Ricardo, podes facelo dunha forma tan precisa, elegante e… con ese abalo e devalo tan literario das mareas rianxeiras.
    Ondas que enfeitizaron a Xesús Costa, e seguen coa súa danza constante nunha homenaxe intemporal para o grande mestre de cátedra.
    Apertas ilicinas

  2. Benquerida Carmen:

    Magdalena é o demo. Pero, como dicía o outro, se me desen a escoller,
    escollería o inferno antes que o paraíso. O paraíso debe ser moi aburrido.
    Creóche ben o das vacacións. As miñas son moi pouco movidas, con moi poucas
    tentacións exteriores e, aínda así, pasan nun sopro. O importante é que, máis
    alá das vacacións, haxa vida.
    Aínda que teño certa tendencia á nostalxia, sempre me pareceu estúpido dicir que
    vivíamos mellor no pasado. Eramos máis mozos, iso si.
    Sempre fun un apaixonado do deporte, nunha época na que nos ámbitos intelectuais tiña moi mala prensa, sobre todo o fútbol. Aínda hoxe é moi cuestionado por algúns pais que cren que é máis saudable o ambiente da música, da danza ou do xadrez. Que lean a Camus para saber todo o que se pode aprender nun equipo de fútbol, sobre todo os nenos pobres. Os outros ámbitos quizais sexan máis acaídos para nenos burgueses. Habería que estudalo.
    Aproveito para agradecervos a ti e a Magdalena a asistencia á presentación do libro
    do amigo Lobato. Sei que lle fixo moita ilusión.

    Apertas rianxeiras

  3. Querido profesor:
    Esta Magdalena “é o demo”: me obliga a venir a las tantas de la noche a leer tu entrada.
    Esperaba que los días en vacaciones diesen para más, y no es así: son tantas las oferta lúdicas que te salen al paso que no llega el tiempo a nada.
    La pedagogía nacionalcatólica es la que me alcanzó de lleno. En ella nos educamos los chavales de mi quinta y han tenido que pasar bastantes años para caer en la cuenta de que cualquier tiempo pasado no fue mejor; y que lo que leíamos en los libros de texto estaba escrito de forma unilateral, pasado por el crisol de la censura.
    En tu artículo haces una hermosa loa de un deporte que nunca se tuvo demasiado en cuenta y una sentida apología de tu profesor de balonmano. ¿Qué más da que hayas olvidado las reglas si te has quedado con lo esencial, con aquello que realmente importa? Son muchos los educadores de cualquier credo que echan mano del deporte como vehículo de transmisión de valores para encauzar a los chavales, sobre todo en barrios humildes.
    Estoy leyendo tu libro. “Paseniño”, por las razones que apuntaba. En cuanto lo acabe te daré mi parecer.
    Que os teus sonos sexan placenteiros.

  4. Prezada Magdalena:

    Novo curso, vella fidelidade. Alégrome.
    Un verán moi agradable, a verdade. Grazas.
    Creo que todos temos un profesor do que gardamos un recordo
    indeleble. No meu caso, non é don Xesús. É o profesor que
    en COU me descubriu a Filosofía e que me fixo cambiar completamente
    a orientación académica. Don Xesús, máis que a miña devoción, conseguiu
    algo tamén moi importante: o meu respecto.
    Non coñezo a todos os rianxeiros, pero os que coñezo máis de cerca non esqueceron
    Palmeira, podo aseguralo.
    Apertas para ti e para todos os (improbables) lectores.

  5. Buenos días, querido profesor, espero que las vacaciones te cundiesen en todos los sentidos, este es mi deseo.

    Hace muchos años, A. J. Quiero decir, antes de Jesús – Costa, también tuve una profesora a la que le brindo en este espacio mi recuerdo allá donde se halle: doña Cesárea Pérez Daviña, conocida como doña Sara. Todo mi cariño para ella que, como maestra fue todavía más grande que el Océano Pacífico.

    Es muy loable que un alumno tenga en su recuerdo a una persona de la cual ha aprendido parte de lo que sabe; en tu caso, José Ricardo, aunque se trate de un deporte en el que Marx, hizo que cambiara tu criterio en contra de las técnicas aprendidas por Costa Rodil, lo visto es, que para ti, don Jesús, siempre será esa estrella ( que aunque no figure en la nómina celeste ) estará en la plantilla de tus sueños .

    Que tengas un buen día, te lo deseo desde Palmeira, el pueblo olvidado por los rianxeiros.

    Biquiños palmeiráns.

Deixa una resposta a x ricardo losada Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *