Reformador irreprimible

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Os que algún día lemos o Siddharta de Hermann Hesse ou simplemente eramos seareiros da serie Kung Fu gardamos unha certa simpatía polas relixións orientais. Só moi recentemente nos preguntamos se a vida conventual deses monxes é tan decorosa como nola presentan, se nese illamento en que viven non existen os odios, as envexas e os abusos que se dan noutras comunidades. E agora, para sorpresa de todos, o seu máximo líder espiritual, o Dalai Lama, dinos cun sorrisiño como de quen non quere a cousa, que só o poderá substituír unha muller se é guapa, porque doutro xeito non mirarían para ela. O cal vén a confirmarnos o que tantas veces nos dixo o amigo Xulio, que ninguén é tan bo que non teña algún defecto nin tan malo que non teña algo de bondade. Pero hai defectos que non teñen cabida aínda baixo as expresións máis inocentes. E frases como esa do Dalai cobran unha especial significación cando quen as di é unha persoa de cuxa conduta deben tomar exemplo todos os seus fieis ou seguidores. En persoas coma el esas bromiñas non teñen graza.

Estes días tamén soubemos que a Asociación de Bibliotecas Americanas acaba de retirarlle o nome do seu fundador á medalla que cada ano se lle outorga ós máis relevantes bibliotecarios de Estados Unidos, dada a conduta pouco ou nada ética de tal señor.

Melvi Dewey, inventor do sistema de clasificación decimal que aínda se usa hoxe en día, director entre outras institucións da biblioteca de Nova York ou da universidade de Columbia, foi considerado un dos prohomes da sociedade americana, a pesares de que en máis dunha ocasión amosou unha conduta racista e misóxina; e aínda que os libros se referían a el coma un xenio que aportaba o mellor de si á sociedade, unha boa parte desa sociedade non o tiña por tal. Por exemplo, cando creou o club Lake Placid, en Nova York, onde se combinaban o deporte e a educación accesible a todos, pero impedía a entrada ós xudeus.Dewel Sabíase isto e moitas cousas máis que moi poucos se atrevían a denunciar e só se criticaban coa lingua pequena, por ser el quen era, pero tras a publicación da súa biografía, hai algo máis de vinte anos, baixo o esclarecedor título Reformador irreprimible, aportáronse os datos da irregular conduta.

Xa en vida foi acusado polas mulleres que traballaban ás súas ordes de acoso sexual, pero pasábase por alto e desculpábase, baixo o prisma machista imperante, á fin el era un home e elas unhas provocadoras. No 1904 chegouse a facer unha petición para que fose apartado da dirección da biblioteca de Nova York dado o seu declarado antisemitismo, ata que el mesmo decidiu dimitir para non pasar a vergoña dunha expulsión. E dado que o tempo todo o cura, esqueceuse o asunto e volveu ó seu posto, pero non perdeu as mañas depredadoras, misóxinas e xenófobas, e seguiu acosando ás súas subordinadas e colaboradoras, ata que en 1930, con case oitenta anos, tivo que pagarlle a unha das empregadas dous mil dólares para liberarse dun xuízo que o condenaría a algo máis que unha multa.

Tras a súa morte en 1931, cando se tocaba o tema da súa conduta sempre había quen o desculpaba co de que non había propósito maligno ou que eran outros tempos, como se a moral dependese do ano, algo que, como vimos de saber, non era a opinión daquelas que sufrían o seu abuso e non sempre o podían denunciar.

2 comentarios en “Reformador irreprimible

  1. Querido Francisco:
    Ciertamente que el Dalai Lama no estuvo acertado con la expresión. También creo que la vida monacal alejada del mundanal ruido no garantiza el dominio de las pasiones. Sin recurrir al cine o a la literatura, conocí más de un caso en los que se produjo el efecto contrario.
    Hace años, cuando ocurrían desajustes en la conducta de los hombres en cuanto al sexo, siempre se dijo que esa situación se daba porque, para ver cine “porno”, no tenían más remedio que cruzar los Pirineos hasta Perpignan. (Mencionar el nombre de esta ciudad resultaba pecaminoso). Sin embargo, hoy, cuado hemos alcanzado la permisividad absoluta en este sentido, las cosas no han mejorado, y hasta me atrevería a decir que han empeorado.
    En cuanto al abuso de poder del tipo que sea, la historia se repite. En la actualidad otro encumbrado personaje se defendió de una acusación similar a las que expones, usando la misma expresión: “Eran otros tiempos”.

    Lo mío no tiene remedio: ayer a las tantas de la noche, como es mi costumbre, escribí en Word tres comentarios -por riguroso orden de aparición de los artículos-. El tuyo era el último. Por más que busqué mi respuesta para publicarla, se había esfumado. Me ocurre con muchísima frecuencia. Era muy tarde para empezar de nuevo y por eso estoy escribiendo a las siete de la tarde, cosa inusual en mí que enciendo el ordenador casi cuando se levantan las gallinas.
    Un fuerte abrazo.

  2. Sí, a mí, esa disculpa de que eran otros tiempos también me subleva. Voy a contarte una anécdota que me pasó en la prehistoria con un vecinísimo tuyo, y que conste que eso comparándolo con el proceder de Melvi Dewey, es “peccata minuta”.
    Tendría yo unos quince años, cuando un día paseando por Insuela de arriba, vi venir de frente a un chico montado en bicicleta; – en aquel entonces, mi perímetro torácico ya había cambiado visiblemente – y acercándose a mí, sentí el estrujamiento que con sus huesos metacarpianos propinaban a mi pecho izquierdo. Con diligencia digna de elogio, mi reacción fue darle tal empujón, que él y la bicicleta en perfecto desequilibrio besaron el suelo horizontalmente, y en esa pose, le propiné unas cuantas patadas a él y a su velocípedo. Hete aquí, que aguantando de la espinilla, farfulló algo entre dientes como si estuviera cantando los primeros compases de “Sola, fané y descangayada” mirando al cielo. Pero Dios, como a veces ocurría, dio la callada por respuesta.

    Me alegro de que la Asociación de Bibliotecas Americanas, hagan rodar por los suelos – como rodó tu vecino junto a su bicicleta – tal nombre, por muy inventor del sistema de clasificación decimal que haya sido.

    Besiños palmeiráns, querido vecino del vecino.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *