Xenebra STEM

como-preparar-el-gin-tonic-perfectoX. Ricardo Losada. Lendo unha entrevista co famoso neurocirurxián Henry Marx, atopo unhas declaracións nas que di que as tres grandes contribucións británicas á cultura mundial son a BBC, a tradición experimental en filosofía e o gin-tonic. Coméntollo a un amigo enxeñeiro e dime que lle sorprende moito que un científico fale dunha tradición filosófica como unha gran contribución á humanidade. É unha reacción moi habitual nesas mentalidades STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas nas siglas en inglés) que din que van ser os referentes de prestixio no século XXI. Pero non quero ser inxusto. Entre as mentalidades STEM, como en calquera outro ámbito, haiche de todo. Aquí só me refiro aos fundamentalistas.

     De feito, non me sorprendeu o desprezo dese amigo pola filosofía. Nin sequera a sutil crueldade de negar a súa contribución e aceptar a da BBC e a do gin-tonic. Cando eu era estudante, ese tipo de razoamentos púñame de mal humor, incluso, na miña inxenuidade adolescente, trataba de loitar contra quen consideraba tóxicos ventiladores de estulticia. Agora, con outras táboas, aplícolles unha máxima que aprendín en Pessoa: “O humor preserva a un home daquela maníaca confianza en si mesmo pola cal se promove a ditador”. Como aos fundamentalistas STEM lles falta humor e lles sobra confianza en si mesmos (como a calquera outro fundamentalista, por certo), nese sentido que sinala o escritor portugués, prefiro acatar disciplinadamente as súas ordes e desfrutar do grandioso espectáculo dun tipo gabándose da súa propia ignorancia.

  bbcnewsline   Así, inviteino a un gin-tonic nunha cafetería próxima ao lugar onde traballamos. E, fatalidade de fatalidades, varios gin-tonics despois decateime de que no televisor estaban cun deses telexornais africanos da BBC. Tras indicarllo, díxenlle que non podía ser casualidade e que, para que todo fose perfecto, debíamos brindar por Henry Marx. OK, díxome o meu interlocutor, máis bébedo aínda ca min, sempre que antes me expliques por que é tan importante a tradición experimental da filosofía británica; o gin-tonic, continuou, está claro (levantouno en alto) e a BBC tamén (sinalou o televisor), pero… A miña primeira reacción foi soltarlle o speech (nunca mellor dito) que soltaba cando era estudante pero, no último momento, optei por coller a dirección contraria. Non o colliches, díxenlle, Henry Marx estaba de chanza: filosofía e experimental son conceptos incompatibles, e rin con ganas. Pois nin con esas. O humor británico tampouco lle parecía a aquel fundamentalista STEM unha gran contribución á humanidade.

4 comentarios en “Xenebra STEM

  1. Prezada Carmen:

    A min gústame tomar un gin-tonic moi de vez en cando, pero a resaca
    gústame aínda menos que os fundamentalistas.
    Nas viaxes gústame viaxar lixeiro de equipaxe (material e mental) e volver aínda menos cargado. COmprendo o teu desacougo.
    O que me dá moita envexa é a gozosa descrición que fas desa celebración. É
    o meu ideal de festa, sen ningunha dúbida. Eu son un fundamentalista das festas
    nese sentido. NUnca entendín esa manía actual de que sexan os concellos os que teñan que organizarnos as festas. Ata no Entroido! HOrrórizame esa frase de “Este ano as festas non valen nada, as orquestras son maĺísimas”.
    Non sei que libro meu estás lendo pero, sexa cal sexa, recorda que para un escritor é
    máis útil unha crítica mala sincera que un afago falso.
    Seguirei o teu consello, sobre todo o xoves, día do feirón mariñeiro, porque, cun pouco máis de intensidade, é un día parecido a ese que ti relatas.

    Apertas agradecidas

  2. Querido profesor:
    El 14 de septiembre me encontraba en la Sierra de Guadarrama celebrando las bodas de plata de uno de mis hijos. Aun así, recibí una notificación de Magdalena dándome cuenta de tu nueva entrada.
    De vuelta a casa, acabo de leer tu interesante artículo; pero no voy a comentarlo, porque ando con resaca. Y no por haber bebido (tan solo unos sorbos de cava después del brindis de rigor), sino por el soponcio que me produce buscar acomodo a todo lo que traigo de Galicia: no entiendo que llevando a la ida cosas para dejar, regrese con doble carga.
    Y volviendo a la fiesta: una reunión familiar -numerosa por ambas partes- de cuatro generaciones y unos pocos amigos entrañables, en un lugar paradisíaco. La celebración comenzó a las dos de la tarde del sábado con el aperitivo, acabando con el desayuno del domingo, resultando una velada animadísima y entrañable.
    En cuanto coloque cada cosa en su lugar, continuaré con la lectura de tu libro: es el primero que adquirí y le toca. Te diré mi parece cuando lo acabe.
    A pesar de las muchas actividades en las que ando metida, me gusta sacar un ratito para leer vuestro Café, que, sin la colaboración de vuestra comentarista -la incombustible Magdalena- no tendría tanto atractivo.
    Boísimas noites e o mesmo digo das festas; anque atopes algún fundamentalista festeiro.

  3. Prezada Magdalena:

    Creo que o doutor tivo moi bo ollo ao escoller esas tres contribucións. O gin-tonic para as distancias curtas, a BBC para as distancias longas e a filosofía, como diría Platón, para cando non hai distancias.
    Estes días estamos de festas, como ben sabes, e xa que a BBC e a filosofía non se preocupan moito pola Guadalupe, quédome coas distancias curtas do gin-tonic.
    Con estes días de calor, e unha boa compañía, aledan o día e a dixestión.
    Precisamente por iso, por estar de festas, deixo o da filosofía experimental para outra ocasión. Os únicos fundamentalistas que soporto son os fundamentalistas das festas, e estes días, grazas á Virxe, hai moitos por Rianxo.

    Unha aperta máis rianxeira ca nunca

  4. Buenos días, querido profesor:
    Jamás he visto o escuchado la BBC, pero sí he oído hablar de su magnifico menú programático. Jamás he tomado un gin-tonic, ( si me sacan del biter kas o de la tónica, me pierdo ) pero, ya veo que para el que lo degusta, no se queda en tomar uno simplemente. Jamás he estudiado filosofía porque jamás he sido estudiante, pero tampoco nunca he conocido Ustad Ahmad Lahauri y admiro su obra.
    No sé quien decía que al conjunto del pueblo británico le falta un hervor tal como demuestran esos salmonetes que vienen de vacaciones a nuestras costas en busca de sol y cerveza barata y luego se comportan de una forma incivilizada. Pero esos, solo son una mínima parte del pueblo británico, y no quita de que otra parte muy importante, efectivamente, sea la promotora de haber contribuido a esa cultura filosófica.
    Bueno, ya sabes aquello de : “Tantos hombres, tantos pareceres”. Tu amigo el ingeniero, parece que no ama la filosofía. Él, se lo pierde.

    Y repitiendo la cariñosa faena osculatoria, besiños palmeiráns.
    Boas festas.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *