Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVI. O conde de Villamediana

descargaRomán Arén. Nacido en Lisboa en 1582, o conde de Villamediana pertence á primeira xeración poética do século XVII, a carón de Quevedo, Rioja ou Carrillo Sotomayor. Logrou como poeta sintetizar as diversas correntes que conflúen no Século de Ouro: petrarquismo neoplatónico, sátira brutal, elexía funeral… Famoso na lenda polo seu asesinato e os seus amores frustrados, faleceu o domingo 21 de agosto de 1622. Moi lido no seu tempo, as súas obras editáronse en 1629, 1634, 1635, 1643, 1644 e 1648, esquecido logo dous séculos, no XIX espertou de novo interese, pero a súa obra reimprimiuse só chegado o século XX. Foi un tabú na España dos Austrias e así Juan de Tassis foi caendo no esquecemento. A súa norte e as causas foron o gran segredo do reinado de Felipe IV. Non é significativa a presenza dos galegos na súa obra, pero na edición que F. Ruiz Casanova fixo da súa Poesía inédita completa (Madrid, Cátedra, 1994) algunha hai, pero non é segura a autoría deses textos. No soneto con estrabote “A los grandes de Castilla” un dos citados é o famoso conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro:

A Lemos le va mejor el menguante;/Pastrana se la apuesta al más pollino;/ figura es Cardona, Híjar mezquino;/Altamira oficial de pujavante…

No mes soneto está aludido un título galego: “Y sólo Monterrey se me olvidaba,/que entre grandeza tanta,/le hallé como escorpión entre la manda.

Era conde de Monterrey, o sexto, o cuñado do conde-duque de Olivares, Manuel de Acevedo e Zúñiga.

No “Diálogo entre Gil y Pelayo, pastores” hai unha nova alusión esta vez despectiva; pois di Pelayo:

Gran sobresalto le ha dado/a este burdo gallego/a natividad menguado.

O editor, Ruiz Casanova, cre que Villamediana se refire ao segundo marqués de Almazán, Francisco Hurtado de Mendoza, pero non hai constancia de que fose nacido en Galicia.

Houto algún galegos que se interesaron por Villamediana, como foi o caso do santiagués Antonio Neira de Mosquera, que publicou textos do conde en 1843 (“Poesías de Villamediana”, en <El Reflejo>) e 1850 (“Poesías políticas inéditas del Conde de Villamediana”, en <El Semanario Pintoresco Español>), o que o converte nun pioneiro, pois só antes editara algún texto en 1837 Basilio Sebastián Castellanos.

Logo en 1932 interesouse por Tassis un galego que foi profesor en EEUU, Erasmo Buceta.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVI. O conde de Villamediana

  1. Buenos días, Román:

    El gran Néstor Luján, le dedicó una gran novela al conde de Villamediana, su título:
    “Decidnos quién mató al conde”. La leí hace muchos años y la he releído hará cuestión de un par de ellos. Te la recomiendo, Suso. Te gustará.
    Cuenta Luján, que el asesinato de Juan de Tassis fue un crimen político, pero dada su actividad en amores prohibidos, podría implicar a seis o siete personas más que no deseaban ser coronados con una cornúpeta.

    Cariñosos saludos palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *