Sombra es…

elreyMarina Losada Vicente. O pai chamou polo seu nome a meus irmáns. Eu deixei a vasoira no descanso das escaleiras, esperando oír o meu. Pasaron varios minutos e ningún Marina me sacou das sombras. Sentín o entusiasmo no cuarto que chamabamos “comedor”, aínda que non o era máis que nas festas grandes. Abiquei desde o corredor e vinnos a todos sentado á mesa, escoitando como papá lle explicaba o xogo. Nalgún momento miroume, sen atreverse a dicirme que deixase o labor.

            Un taboleiro de xadrez e unha caixa de madeira. Abrina. Entendín o de brancas e negras, aínda que non o xénero, nun xogo que parecía ser só masculino. Pregunteime cal sería a dama e cal o alfil. Do rei e da raíña dei conta eu soa. Coloquei cada peza onde me pareceu e fixen un único movemento, volver deixar todo onde estaba, no chineiro do que collín o costureiro. De ter eu dez anos, meus irmáns entre once e catro. Se algún ten acordo dese día, aposto a que eu non estou nel.

2 comentarios en “Sombra es…

  1. Está claro que naqueles anos as cousas tiñan outra lectura. O que non está tan claro é a factura que pagou a sociedades por ser como era. Eu recordo aquel día sen ira, aínda que no simple feito de recordalo poida.parecer outra cousa
    Pero con moita tristura. E ese peso está aínda aquí agora que o escribo. Boas noites Magdalena

  2. Querida Marina; estos casos que ahora nos hacen erizar los cabellos más lacios, antes, los acatábamos dentro de unos límites más o menos razonables. El sexo fuerte era el varón, pero “el seso” no diferencia al forzudo del débil; para muestra ahí tenemos la historia de David con su honda frente al energúmeno de Goliat; porque la identificación del intelecto del razonador con su oponente, no precisa de testículos sino de mollera.

    Un gustazo leerte siempre, Marina.
    Besazos desde Palmeira.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *