Eme Cartea. Antonio Piñeiro, profesor, editor, gravador, multipremiado poeta e narrador, coñecido e recoñecido no mundiño das letras, foi o gañador do Premio Torrente Ballester 2017, coa obra A través do fume, que hoxe nos interpela da man da Ed. Galaxia. A protagonista, Nina, regresa a Santiago dende o aeroporto belga de Zaventem «asolagada nunha fervenza de sensacións e emocións» a través do fume dunha viaxe interior que é espacial e dobremente temporal: do presente ao pasado, pero tamén da nenez á adultez. Un carrapito dialóxico no que conflúe o que ve, oe, sente e lembra coas palabras de súa nai e as súas propias reflexións de agora e entón.
Dende a conciencia da protagonista, o autor traza nunha narración magmática, intensa e participativa -entre o monólogo interior e o soliloquio, a modo de extenso monólogo intercalado-, a historia dun gran amor que sucumbe ao asedio da ausencia, sobre o pano dunha paisaxe humana, familiar e colectiva, propia da Galicia dos duros anos da emigración a Europa.
Finalmente, reconciliación consigo mesma e coa «terra», coma metáfora rota do que puido ser e xa non é, a non ser como viaxe imaxinaria e fantasía desexable pero imposible. O amor, como a vida, nunca retorna.
«A través do fume»
Antonio Piñeiro
Editorial Galaxia (2018)
126 páxinas
Yo no creo que la distancia sea el olvido, querido Manolo. La distancia hace que te aferres más a ese amor que solo ves con los ojos de la imaginación y el deseo y el ansia de la proximidad. Si bien el contacto epistolar asiduo es fundamental, al amor nunca lo vence la distancia cuando es verdadero.
Procuraré ver el planteamiento que Antonio Piñeiro da a ese gran amor reducido a humo, seguro que será una lectura relevante; los premios no se ganan de bóbilis bóbilis.
Cariñosos saludos palmeiráns.