Aprender a Rezar na Era da Técnica

250xFidel Vidal. Lenz Buchmann deixa de ser adolescente e entra no mundo dos adultos, quer dicir, faise definitivamente un home, da man do seu pai Fredrich, desde a súa autoridade, cando este lle impón a estrea sexual fodendo a criadita. Diante del, nunha especie de ritual machista, nun rito de iniciación. “Vais fazê-la à minha frente – repetia. Estas palavras do pai marcaram Lenz durante anos” (Gonçalo M. Tavares, Aprender a Rezar na Era da Técnica, Caminho, 4ª ed., 2011, Premio ao mellor libro estranxeiro en Francia, 2010). Unha orde a obedecer e unha aprendizaxe. “A cada vez que se cumpre uma ordem por completo confirma-se a hierarquia já existente e, nesse sentido, o coração tranquiliza-se”, vai pensar o Lenz anos máis tarde.    

Lenz, cirurxián de prestixio, recibindo cada día parabéns e agradecementos, especialmente dos pacientes -mais de un en un, persoa a persoa-, non acepta a graza de llo expresaren, como a muller que el sandara e salvara, cando lle dixo que era boa persoa: “Você é homem bom!”. Mais “ele sentiu necesidade de, à frente do pessoal do hospital, responder com dureza: -Desculpe, não sou nada disso. Sou médico”. O doutor Lenz non é nin quere ser bo, se acaso efectivo. Un home pragmático (dura palabra) que, xa casado, segue a practicar o sexo coa súa esposa con testemuñas presentes. Unha testemuña, un pobre de pedir que, antes de recibir a sopa e a esmola e asistir á cópula na cociña, ten que cantar o himno. Unha perversión nacida dunha imposición que, diante doutro desgraciado, o louco Rafa, rematará en catástrofe.

Despois dunha razoada reflexión Lenz Buchmann abandona a cirurxía para se meter en política e alistase no Partido. hqdefault“Estava cansado de tratar com homens individuais e de ele mesmo ser um homem individual; aquela não era sua escala; queria operar a doença da cidade inteira e não de um único e insignificante ser vivo”. O que quería era non tanto tratar senón mandar, sobre a totalidade dos homes, sobre a cidade. Mudar de escala para ocupar un posto máis alto na xerarquía do poder, desde onde aliviar o medo previamente construído por el mesmo e ser aplaudido despois polos cidadáns. Dese xeito conseguir, por fin, ser único, el só, tal como acontecera coa familia ao borrar da lista da placa o nome do seu irmán maior Albert, xa morto.

As malas artes, a crueldade, presente ao longo da obra, son necesarias por mor de facer realidade os desexos do pai. Mesmo para morrer debería seguir os mandados, e non morrer de enfermidade senón de morte accidental ou na guerra ou pola propia man. Nesta ocasión non o consegue a pesares da axuda dos seus servidores –cos que ten unha débeda impagable-, os irmáns Liegnitz, Júlia e Gustav, xordo-mudo, nun intento de suicidarse dun tiro na cabeza. Como un soldado, igual que o pai. “O pai, Fredrich, suicidara-se com um tiro na cabeça e para ele, um Buchmann, a ideia de que tinha o dever de só morrer sob a força do metal era uma ideia fixa e inegociável.” En fin, unha “Posição no mundo de Lenz Buchmann”, como reza o subtítulo da novela.

4 comentarios en “Aprender a Rezar na Era da Técnica

  1. Estimado Fidel:
    A lo largo de la historia nos encontramos con casos extravagantes -por llamarlos de alguna manera- de “hacer el amor” muchos personajes de alcurnia: a Hitler tenía que rociarle Eva Braun la cabeza con una meada para sentir satisfación. En las desviaciones sexuales del marqués de Sade que todos conocemos parece que influyó la visión de las orgías de su tío el abad, que el muchacho observaba a través de un ventanuco, si mal no recuerdo, con el beneplácito del clérigo. Goethe, libertino y con tendencias libidinosas hacia la madre y la hermana. El mismo Sócrates luchaba enérgicamente contra sus desviaciones sexuales. Y tantos…
    Está visto que la educación recibida de niño y adolescente influye en la conducta de muchos. Pero, por suerte, encontramos casos salvables.
    Me pregunto, ¿es qué cualquier tipo de poder corrompe o la historia descubre sólo las pasiones de los grandes personajes quedando en la ignorancia las del común de los mortales…?
    (No sé si escribo disparates, porque es muy poco el tiempo que tengo para dedicarle al ordenador y, encima, el pobre renquea. Me regalaron mis hijos uno nuevo, pero la adaptación que le hicieron para cubrir mis necesidades mínimas no dio resultado. Además, he decidido escribir durante el día y así recuperar mis horas de sueño).
    Unha aperta.

    1. Miña prezada Carmen: Grazas por sacares tempo para ler e compartir connosco cos teus comentarios este Café.
      Necesito advertir que a magnífica novela de Tavares non vai de sexo senón de poder, de autoritarismo, de abuso e violencia. A conduta sexual do seu personaxe coido que pertence a unha imaxe que subliña unha forma de ser no mundo. Non debemos esquecer que unha violación, antes que nada, é un acto de violencia.
      Reitero o meu agradecemento. Saúde.

  2. Hay gente para todo, como decía Rafael “el gallo” querido Fidel.
    Freud, relataba en “Las aberraciones judiciales del impulso sexual” la historia del caso clínico de un sujeto que para hallar la satisfacción amorosa tenía que ponerse una toga y un birrete y oír gritar a su amada: ” ¡ Señor fiscal ! ¡ La cadena perpetua es insuficiente !

    E para hoje, uma porçáo extra de otimismo, e alegria ! A vida fica mais bonita quando e pintada com as cores do amor, da fe, da alegria e da amizade . Bom dia ! querido Fidel.

    LA USUAL AGOTADA TOGA. LA USUAL y sUdOrÍfErA toga de ese caso clínico.

    1. Hai xente para todo, estamos de acordo, mesmo para rexeitar o gozo. Como aquele(a)s que optan pola abstinencia total. Para Aldous Huxley, miña atenta Magdalena, a castidade é a maior aberración que podemos atopar no mundo das relacións sexuais, ou o que é o mesmo, da renuncia a elas.
      Saúde e acerto nas apostas.
      A LOGRADA A D’ARGOLA
      dUOdEnAIs

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>