Calva sobrevida

pexels-photo-2479326Marina Losada Vicente. Saíu da consulta abraiada, esa era a palabra. Non esperaba tal. Cando ía pedir vez na súa perruqueira, mudou de idea. Nunca tal lle pedira e non tiña corpo para dar explicacións. Pensou en chamar a unha curmá que atendía na propia casa, pero o seu rexeitamento da competencia desleal de que exerce nas sombras, impediuno, a pesar de atoparse en horas baixas. Para o último autobús quedaban dúas horas, tempo para que lle fixesen a encomenda en Santiago.

Entrou no primeiro centro de beleza que atopou. Beleza? Ben ao contrario, unha vez rapada. Non lle pediron explicacións nin ela ía dalas, pero ben viu a cara de sorpresa da operaria, cando lle pediu que ocupase o seu sitio, diante dun pelo tan crecho e forte; tan negriño, nin unha cana, tan abundante na súa tremenda extensión! Esqueceu a dor que lle supuxo, mesmo a humillación, e pagou sentindo que aquilo non tiña moito sentido.

            Xa na casa, diante do espello, a imaxe devolveuna á puberdade, antes de que o seu corpo se desenvolvese en muller, sesenta anos atrás. Pasou a man pola pel branca, desprotexida e sentiuse profanada. Aquela calva sobrevida púñalle mal corpo, menos mal que ninguén tiña porque saber o que non quedaría á vista, tratándose dunha viúva que renunciou a toda intimidade.

            Deu un baño quente, algo do que non tiña costume. Cando se secaba, volveuse mirar no espello, algo do que tampouco tiña costume e, cousa que non faría en público, permitiuse unha pregunta en alto… de verdade fai falta depilar a paxara -o papel puña pube- para que me operen unha variz no papo da perna?

2 comentarios en “Calva sobrevida

  1. mesmo eu rin hoxe ao relerme. Pensa que pasan semanas desde que envio os textos ata que se publican. E agora acaba de pasarme o mesmo co teu comentario. Bicos, Magdalena.

  2. ¡¡Ay, querida Marina, lo que me estoy riendo con tu entrada !!
    Vaya, final más inesperado, ja,ja, ja.
    Ya se me estaba encogiendo el corazón cuando de repente, la parte inferior del bajo vientre entra en escena para ser desbarbada. Me confundiste igual que a la francesita cuando metida en trance le preguntó a su nuevo amante:
    Esplícame las estrellas, “mon chéri” Y él le contestó con aire de antiguo miliciano:
    - Una en la bocamanga, alférez; dos, teniente; tres, capitán…

    Un besazo, Marina. Un gozo leerte.

Deixa una resposta a marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>