O futuro do desarraigamento

pexels-photo-346885X. Ricardo Losada. A escritora Susan Sontang, muller dunha grande intelixencia e coraxe moral, é unha desas persoas das que aprendes moito, mesmo cando non coincides con ela, tanto a nivel ideolóxico como vital. Por exemplo cando afirma: “Non teño ningún lugar onde volver, pasei a vida escapando”. Dicíao, entre outras cousas, porque tivo unha infancia moi desarraigada, vivindo en moitos lugares distintos, desde o sur de Arizona ata París, pasando por California ou Nova York. Aínda que todos eses lugares tiñan como denominador común un espazo propio con moito silencio e moitos libros que, supoño, a axudaron a asentar (fermoso paradoxo) ese desarraigamento, un pode supor, léndoa, que a súa intelixencia e a súa coraxe débenlle máis ao desarraigamento que ao silencio e os libros.

     Digo, porén, que non coincido con ela porque se tivese que facer un resumo aforístico da miña vida, expresaríao de forma antagónica: “Teño un lugar onde volver, pasei a vida quedando”. Ao fin e ao cabo, gocei dunha marabillosa infancia sedentaria, e ata os catorce anos (fixen o instituto en Padrón) practicamente non saín de Rianxo, un Rianxo ao que sempre, consciente ou inconscientemente, desexo volver. Non considero esa circunstancia dunha maior ou menor fortuna, nin de maior ou menor mérito, pois nin Susan nin eu decidimos onde pasar os nosos primeiros anos, nin as posibles repercusións nas nosas personalidades, repercusións que, a priori, tampouco nos fan mellores ou peores, nin máis ou menos felices. A bondade e a felicidade dependen do que ti fas de adulto con ese destino xenético e ambiental dos primeiros anos.

     Outra cousa é o que lle recomendaría aos mozos actuais, á marxe de como vivisen a súa infancia. Non teño ningunha dúbida de que lles irá mellor cunha vida como a de Susan, pois, se é certo que o futuro será, como afirman  os expertos, para aqueles que teñan pensamento crítico, capacidade de adaptarse a situacións impredicibles, gusto por traballar en equipo con persoas complementarias e habilidade para mesturar e relacionar ámbitos distintos, a itinerancia é un valor máis á alza que o sedentarismo. Só me quedan dúbidas sobre o quinto factor que os expertos consideran máis importante para o éxito futuro, a capacidade de emocionarse e de emocionar a outros, pero esa dúbida obedece, creo eu, á miña tendencia a pensar que é máis fácil emocionarse co próximo que co universal, algo que o futuro tamén pode cambiar: non será posible solucionar os grandes problemas da humanidade (cambio climático, emigración, novas tecnoloxías, precariado) sen unha solución a nivel mundial, e unha solución que esixirá, moi probablemente, que nos emocionemos e consigamos emocionar tanto os conxéneres máis próximos como, sobre todo, os máis distantes.

4 comentarios en “O futuro do desarraigamento

  1. Prezada Carmen:
    Cando vivía coma ti, cambiando de destino por razóns laborais, sempre pensaba
    o mesmo: as incomodidades, se as levas ben, rexuvenecen (espiritualmente, claro).
    Sígoo pensándoo pero, a verdade, sempre busquei a comodidade de traballar ao lado da casa, por esa razón que explico no texto, e iso pode soar contraditorio.
    NOn creo nas profecías políticas, pero algún tipo de escenario futuro temos que manexar. E neste momento, parece claro que necesitamos estruturas democráticas
    moi amplas para facer fronte aos grandes desafíos do século XXI e ás grandes estruturas totalitarias que comezan a dominar o mundo.
    No tema do cambio climático, como sinalas moi ben, é importante o que fagamos no
    día a día cada un de nós. E iso é unha vantaxe que, por moi relativa que sexa, non debemos obviar.
    Encantoume o último parágrafo, con ese estilo tan natural, espontáneo e dun gran
    lirismo contido que define os teus textos.
    UNha aperta

  2. Querido profesor:
    Desde el día de mi boda hasta hoy, disfruté de diecisiete destino (sin contar alguno que realicé de niña) con más pena que gloria, porque no es agradable andar con la casa a cuestas o dejar la casa atrás y comenzar de nuevo. Pero, mirándolo bien, toda experiencia tiene su parte positiva o, al menos, te libera de la monotonía, como muy bien apuntas. ¿Te figuras montar una librería con listones de cajas de tabaco? Es cierto que mis cambios de residencia se dieron dentro de la Península, aunque en regiones distantes, y no es comparable con la salida a otros países; pero España es muy diversa y la convivencia con personas de diferente ideología te hace ser más abierto y tolerante.
    Emociona tu mensaje en un momento en el que el mundo va a la deriva. Lo ideal sería que los que gobiernan llegasen a un claro entendimiento, lo que no excluye que cada uno pongamos nuestro grano de arena. Por mi parte trato de obrar procurando que mis actos dañen lo menos posible el medioambiente: haciendo buen uso del agua, por ejemplo; evitando en lo posible los envases y bolsas de plásticos, usados de manera incontrolada en la venta de productos de todo tipo; reciclando… Pero también, dentro de mis posibles, cooperando con algunas ONG con la esperanza de que algo llegue a su destino. Y, mientras mis fuerzas me lo permitan, llevando un poco de alegría a las personas asiladas.
    Estaba suplicando por la lluvia y me ha pillado un inesperado chaparrón en pleno descampado que, aunque no duró más de cinco minutos, me ha dejado hecha una sopa y sin mi paseo habitual. Las terrazas quedaron vacías y, en la estampida, hubo algún que otro accidente. Con todo, ¡bienvenida sea la lluvia!
    Ah, ahora, bastante asentada, me emociono más.
    Un abrazo.

    Un abrazo.

  3. Prezada Magdalena:

    Supoño que todo ten a súa parte boa e a súa parte mala, pero é certo (que vou dicir eu!) que é importante ter unha referencia anímica. De todos xeitos, eu coñezo xente que, estando contigo, sempre parece que está noutro lado, e xente que, estando moi lonxe, sempre está ao teu lado (máis aínda agora, co teléfono móvil). Non hai receitas universais, o importante é que cada quen busque e atope a súa, e para iso viaxar, sobre todo cando un é mozo (como ti moi ben sinalas) é fundamental. O que me preocupa é que nos obriguen a perder as raíces para facernos vivir nunhas condicións de dereitos humanos e laborais moi criticables. Se o eixo do mundo vai
    pasar polo Pacífico no futuro (nada que criticar) que non sexa porque alí as condicións de vida son as que lles interesan ás multinacionais, senón porque
    construíron un mundo mellor que o noso.

    Fortes e arraigadas apertas

  4. Buenos días, querido profesor:
    Es realmente triste ese comentario de Susan Sontang: “Non teño ningún lugar onde volver…” pero echando mano de esa hermosa paradoja que tú le aplicas, “asentar”,
    en cualquier lugar que encuentres sosiego y tengas a mano una lectura que te satisfaga, de mediar esas circunstancias, todo lugar es hermoso. Por más remoto que éste sea, si estás a gusto… siempre tendrías en tu memoria tu “nirvana” rianxeiro, pero no llorarías por él. Estuve fuera de mi Palmeira veinte años de mi vida y en la vida olvidé a Palmeira, pero me adapté a las circunstancias como se acopló Susan a las que le tocó vivir.

    “… pasei a vida quedando”. Me parece muy acertado también.
    Ahora mismo, ni siquiera los viajes del “Inserso” me ilusionan, prefiero estar en una tumbona leyendo cara la impresionante ría de Arousa, que estar en el agobiante Benidorm en donde cinco días me parecieron un siglo.

    Seguro que a Susan, con el paso de los años, más que escapar, le gustaría disponer de ese lugar donde asentarse.

    Biquiños palmeiráns desde Palmeira hasta Rianxo.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *