Figurando lembranzas

FigurandoLembranzasPilar Sampedro. Figurando lembran-zas é a primeira exposición que se presenta, dentro do proxecto expositivo “Imaxinando Compostela”, do Consorcio de Santiago. 

Nace o título desta mostra (situada na Fundación Granell) da publicación de Luís Seoane Figurando recuerdos, publicada en Bos Aires en 1959. Di, Mercedes Rozas, a súa comisaria, “Para non esquecer, debuxa”. Debuxan, fano varios artistas de gran prestixio como Luís Seoane, Abreu Bastos, Arturo Souto, Castelao, Eugenio Granell, Isaac Díaz Pardo, Laxeiro, Maruja Mallo, Ángel Botello, Manuel Pailós e Mario Fernández Granell, que teñen en común unha vida fóra da paisaxe vital, por mor do exilio e da emigración.

Plasmar as lembranzas en forma de imaxes, retratar os recordos para que non se borren e se marchen a ese lugar sen volta. Cando se nos vai alguén, unha das peores experiencias é notar como se nos desdebuxa a súa imaxe, como perdemos a súa mirada e a súa voz, día a día, para quedar máis orfas. Ademais da dor persoal que isto produce, hai unha pena social porque sentimos inxusta esa desaparición despois de toda unha vida ocupando os espazos e percorrendo o tempo. Como será quedar sen a paisaxe cando pensas que esta segue a existir? Cando non podes volver a ela e continúas a quererlle? Cando… desexarías pisar as rúas novamente, como dicía o cantante?

Os pintores lembran o que deixaron atrás e van asumindo o que os rodea; van cambiando as cores e aprenden a amar a terra hospitalaria, a que os recibe e pasa a ser esa segunda patria, da que falaba Avilés de Taramancos. Tamén dicía el… que quen vive máis dunha vida, máis dunha vez ten que morrer. A nosa xente morreu do lado de aquí e do lado de alá.

Agora, Mercedes Rozas tráenolos á vida mediante esta exposición na que as súas obras están acompañadas da proxección dun documental de 1956 (que contextualiza os artistas, literatos e políticos galegos en Latinoamérica) e está ambientada coa música de Marcial del Adalid.

Cando se trata dun comisariado de tanta calidade, hai que estar atenta a todos os detalles, a todas as obras no soporte no que se nos presenten (sexan textos, pinturas, documentais ou músicas) porque a artífice da obra (que é a exposición) teno todo organizado para engrandecela, dándolle todos os significados posibles, potenciando as relacións e incrementando o valor. E non se mide no esforzo, desprazando obras desde as coleccións Abanca, Afundación, CGAC, CGAI, Fundación Eugenio Granell, Fundación María José Jove, Fundación Luís Seoane, Fundación Otero Pedrayo, Museo de Belas Artes da Coruña, Museo de Pontevedra, Museo do Pobo Galego, Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León”, Sociedad Filarmónica de Vigo e a Xunta de Galicia.

Imaxinar a cidade desde a arte, figurar as lembranzas desde o afastamento. A nós, quédanos lembrar os homes e mulleres que perdemos no 36 e que eran o mellor da sociedade daquel momento, e imaxinar que tería sido do país de non suceder o que sucedeu. Temos que aprender. Hai tanto que aprender da Historia!

Un comentario en “Figurando lembranzas

  1. Es una pena que no podamos verla aquí, en el Lustres Rivas.

    … “unha das peores experiencias é notar como se nos desdebuxa a sua imaxe”. Es curioso, hace unos días precisamente, una amiga me decía que le pasaba eso con su hermano fallecido hace tres años. Me contó que tenía que hacer un ejercicio mental duro para poder recordar sus facciones. A mí no me ocurre nada parecido, yo recuerdo perfectamente a todos mis allegados desaparecidos hace muchos años. Recuerdo perfectamente sus facciones, timbre de voz, gestos, pelo… Sí, es curioso, pero por lo que cuentas, Pilar, debe de ser algo frecuente entre el mundo de los vivos y desaparecidos. De momento, y a pesar de que hace años que me encuentro entre los huérfanos, no lo soy en la representación de las figuras familiares, amigos y vecinos, todos ellos, aún los sostiene mi recuerdo.

    Saludos cordiales desde Palmeira.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *