Sorriso

pexels-photo-1858175Marina Losada Vicente. Apuntouse a un obradoiro os sábados. A mestra propuxo un xogo como exercicio de presentación. Sentadas a unha mesa, as asistentas tiñan que coller un papel ao azar e escribir unha palabra que definise a compañeira que nel aparecía nomeada. Elvira, antes de abrir a folla que tiña na man, pensou en como a definirían a ela. Con cincuenta e sete anos podería ser a nai de todas as demais. De algunha, mesmo podería ser avoa. Abriu o seu papel e leu o nome de Yeisa, afroamericana, cunha preciosa melena e unha pel escura, escura, escura. Sentiuse sen liberdade de movementos polo fácil e polo difícil da escolla. Tardou en escribir a palabra exacta coa que as compañeiras terían que saber de quen se trataba. Primeiro pechou os ollos, para esquecerse da cor, da espesura do cabelo, dos beizos prominentes. Buscou acertar e estivo segura de facelo.

Todas as papeletas foron a un cestiño no medio da mesa. Cando lle tocou á palabra que ela escribira, todas as compañeiras o tiveron claro. Aquela palabra definía a Elvira.

4 comentarios en “Sorriso

  1. Hace algunos años asistí durante un tiempo -poco, a mi pesar, porque quedaba lejos y tenía que depender de dos autobuses- a un centro cultural de la Comunidad, y uno de los ejercicios que nos pusieron fue definir a la compañera que te tocase; pero no con una palabra sino con una descripción en toda regla. A pesar de que apenas nos conocíamos, la compañera a la que le caí en suerte logro un retrato auténtico, aunque algo favorecedor. En general hubo bastante consenso. ¿Será verdad eso de que la cara es el espejo del alma?
    Felices sonos

    1. Pode coñecernos mellor unha persoa de fóra que alguén da casa? Pois si. Eu penso que si. Cando entras en contacto cun grupo novo do que non esperas nada, que te achegas para pasar unhas horas de lecer, podes ser máis ti mesma que cando tratas coas persoas coas que cohabitas. A vida íntima necesita tantos pulidos para funcionar, tantos vernices, que é fácil que se perda a verdadeira identidade. Bo día, Carmen.

  2. É un exercicio aventurado se pide que escribas, sen tempo de reflexión, a primeira palabra que veña á túa cabeza. De dar tempo para pensar, o exercicio é ben interesante. Atopar unha única palabra que defina a unha persoa que acabas de coñecer, sen caer no fácil por evidente… Bicos, Magdalena.

  3. ¡ Uf, aventurado ejercicio ! Esos juegos para definir con palabras a una compañera son peligrosísimos. Se ve que Elvira valoraba positivamente a Yeisa para que el subconsciente la relacionase con su propia persona.

    En una ocasión preguntó un maestro a un alumno: “A ver, dígame usted, fórmula y nomenclatura”.
    Y el alumno le contestó: “Diez meses = setenta y cuatro cartas”.
    ¿ En qué estaría pensando ?

    Besiños palmeiráns, querida Marina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *