Accidente laboral

40902291Fidel Vidal. Causa unha forte emoción contemplar O albanel ferido, un cadro de Goya onde un home caído dun andamio é levado en brazos por dous compañeiros, como o lenzo Aínda din que o peixe é caro!, de Sorolla, no que dous mariñeiros atenden abordo un mozo accidentado. Sen se referir ao tema laboral, estes versos do poema O Accidente escrito por Rafael Alberti, veñen ao caso: Y al fin el accidente inesperado,/ el golpe oscuro de la desventura,/ el ciego encontronazo, la segura/ clara certeza de que te han matado.

Ao longo da historia sempre houbo traballos con maior risco que outros, incluso labores onde un pode xogarse a vida. Velaí os expostos a radiacións ou a substancias químicas perigosas, os relacionados con xermes ou con explosivos, os mineiros e os mariñeiros. Ao parecer, nestes últimos anos deuse un aumento dos accidentes por diminución dos medios preventivos. “Coa escusa da crise houbo unha relaxación enorme en materia de prevención de riscos laborais”, afirma a profesora Ruth Vallejo. “Coa escusa da crise”, di, e será por iso que non me estrañou a pintada aparecida nunha rúa de Bilbao: “ACCIDENTE LABORAL / TERRORISMO PATRONAL”.

Ao mesmo tempo que a prensa anuncia o incremento de accidentes de traballo, con máis de dez persoas por semana, sinalando como as áreas de maior incidencia a industria manufactureira e a construción, resulta que debemos apuntar ao listado outros que, por seren minoritarios, non por iso son menos importantes. Algúns con resultado de morte. Non esquecemos que a estatística deixa de ser estatística cando se converte en caso persoal. Como aconteceu coa morte dun traballador francés practicando sexo fóra do matrimonio.1af02b3d-a883-4822-9868-60830a29242e ¿Habería preito se en vez de morrer fornicando o home finase paseando polos Campos Elíseos ou tomando un café en Montmartre?

Durante unha viaxe de traballo a París faleceu de infarto de miocardio un empregado mentres fodía cunha muller. A empresa alegou que, como o sucedido non se dera no hotel que residía senón na casa da muller, estimaba que se trataba dunha “relación adúltera cunha perfecta descoñecida”. Non o veu así a xustiza. En 2016 un tribunal determinou que “un encontro sexual é un acto da vida normal, como ducharse ou comer”. Tal decisión, manexando a tese xa exposta en primeira instancia, resultou referendada polo tribunal de apelación en maio de 2019. O traballador cumpría coa súa misión. A empresa foi condenada a indemnizar á viúva co 80 % do salario que o defunto recibiría cada mes até a xubilación. Menos mal: de fornicar a fornecer.

5 comentarios en “Accidente laboral

  1. Muchas gracias, querido profesor. De esos minutos de antesala también se sale, igual que cuando uno se despierta de los malos sueños.

    Como suelo cumplir las órdenes a rajatabla, el entorno familiar te manda afectuosos saludos.
    Biquiños palmeiráns, José Ricardo.

  2. Prezada Magdalena:

    Alédame moito saber da recuperación de Juan.
    Xa sabes que eu non creo en milagres. NO que si
    creo é na influencia da familia, e seguro que Juan
    tivo un entorno apropiado.
    AProveito para felicitarvos de novo a ti e a Fidel
    polos refrescantes diálogos que nos regalades.

    UNha aperta moi forte

  3. Muchísimas gracias, querido Fidel:
    Para paliar estos casos, tenemos en esta Cafetería (en la que a diario nos tomamos unos buenos cafés cargados de buena literatura ) un buen solaz que nos impide capitular para no convertirnos en virtuosos de la aspirina.

    Castos biquiños moi agradecidos.

  4. Es muy agradable abrir el ordenador y encontrarse en el Café con el nombre del digno de fe y con sus fiables artículos.

    Juan, se cayó de una altura de seis metros. Juan tiene una mini empresa, ( dos empleados solamente ) y un aciago día, precisamente hizo un año este mes que ayer finalizó, fue trasladado al Hospital Clínico de Santiago en coma, debido a los politraumatismos que sufrió.
    El bazo, extirpado, uno de los riñones maltrecho, el pulmón tocado por una de las cinco costillas que se quebró, los dos brazos rotos y también la mano derecha, uno de los pómulos fue repuesto por una placa, traumatismo craneoencefálico y así un largo etcétera.
    Tras los tres días en coma, nadie daba un duro por su recuperación, pero como para los creyentes, la fe mueve montañas, y para los que no creen, la suerte está en el individuo y no en el décimo, Juan se recuperó prestamente, y aunque en un principio le daban baja por un año, a los siete meses emprendió su faena.
    Todos éstos que cobran sueldazos solo por parlamentar tonterías, ellos a Juan le pagaban durante el periodo de baja, ochocientos euros, de los cuales, cuatrocientos eran para la Seguridad Social, osea, que durante ese año de baja, tenía que mantener a su familia con cuatrocientos euros.
    Me pregunto, querido Fidel: ¿ Juan, se reincorporó al trabajo por gusto y por estar como Sansón, o por necesidad ? Ahí lo dejo.

    Otro día te contaré que me ha parecido ” La maravillosa historia de Peter Schlemihl”. Estoy en la página ciento veintidós.
    Hoy con el relato que acabo de describir ya me he quedado sin sombra.

    SOMOS NADA, YA VE, O LODO O DOLO, EVA Y ADÁN SOMOS… pOrqUErÍA.

    Castos besiños palmeiráns, Fidel, y saludos de mi hijo Juan.

    1. Miña atentísima Magdalena:
      Quedei sen palabras ao ler a historia de Juan. Non faltan herois nas nosas vidas. Por desgraza.
      Saúde, bicos e unha forte aperta para Juan.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>