A derradeira viaxe

berda davilaMaría Xesús BlancoO derradeiro libro de Emma Olsen (Editorial Galaxia, 2013), obra galardoada hai uns meses co Premio Repsol de Narrativa Breve e co Anxel Casal ao mellor libro de ficción 2013, é unha intrigante novela da escritora galega Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987). A autora, que acumula outras obras e galardóns, artella unha historia conmovedora ambientada nunha vila singular en Dakota do Sur, á que regresa a escritora protagonista do libro coa súa filla de dezasete anos. Esta personaxe, unha muller enferma á que lle queda pouco tempo de vida, decide volver ao entorno que a viu nacer, á casa familiar onde transcorreu a súa infancia e adolescencia. E é neste lugar onde o lector se ve mergullado nun relato autobiográfico anegado de emocións e vivencias que necesitan saír á luz despois de moitos anos para liberar a conciencia da protagonista dun segredo que cambiaría a súa vida para sempre.

Berta Dávila. Foto: Paco Rocha
Berta Dávila. Foto: Paco Rocha

Berta Dávila crea desta maneira unha atmosfera inquietante na que temas como a descuberta do amor, a amizade, a morte ou a relación entre e a vida e a literatura asentan o fío dunha narración intensa na que as palabras afondan e precisan dun xeito extraordinario o que acontece a uns personaxes nun momento da vida tan determinante como é a adolescencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *