Trasnos

pexels-photo-257279Marina Losada Vicente. Leulle un conto ao fillo. Nel, uns trasnos levántanse de noite para facer os traballos que non fixeron no día… A historia devolveulle imaxes da infancia, cando el e os seus irmáns se deitaban cunha desorde total ao redor da cama. Medo daba pensar en ir á cociña para paparen da sobremesa que sobrara sen que a nai o soubese! Un campo de batalla! Roupa, xoguetes, coxíns… no chan da habitación. Na cociña os pratos sen recoller, as tarteiras sobre os queimadores de butano, as cadeiras polo medio. Sen botar ao lixo, a botella de auga, o cartón de leite, o paquete de galletas… a saber! O baño perdido de auga enxaboada, resto de pelos no desaugadoiro, mesmo de papel hixiénico ou de ceras das de pintar. Pisadas de barro na entrada, na alfombra do salón e mesmo no tapete do cómoda. Frangullas polo corredor, resto de terra das macetas onde agochaban as bolas boas.

Ao levantarse, unhas mans invisibles deran conta de todo. Cada mañá recibían unha vivenda perfumada. A roupa que non acertaran a meter no cesto de sucio, estaba agora niquelada no armario. A caixa de xoguetes invitaba a sentar e desfacer todo, mágoa non ter tempo a aquelas horas. O bocadillo do recreo na mochila. A roupa de deportes os días que tocaba Educación Física. Se tiñan karate despois das clases, incluía toda a indumentaria. Ben sabían os trasnos que irmán tiña o cinto amarelo e cal non pasara aínda do cinto branco. Dobrado ao medio, o permiso para ir de excursión, asinado por un pai ao que só vían na fin de semana. O primeiro día de curso, os libros aparecían forrados por mans profesionais, co seu nome debuxado na primeira páxina. En carnavais, adiviñaban que disfrace lle acaía mellor a cada un. E no caso máis que probable de que desaparecese un conto, amencía por arte de maxia no andel.

De volta na sala, marcou o teléfono de súa nai, á que non felicitara no seu día, por ser un invento dos grandes almacéns.

3 comentarios en “Trasnos

  1. Bo día, Magdalena. Por fortuna hoxe edúcanse aos nenos e as nenas en recoller e en participar nas tarefas da casa. Para eso é necesario que aquel pai que non exercia como tal porque tiña que xogar a partida, poño por exemplo, participe tamén. Imos no bo camiño. Espero que os no os aires socias non nos leven para atrás.
    Nota: Sempre que me din “… se Deus quere…”, penso polo baixiño: e se non quere, tamén..
    Bicos.

  2. Esos seres invisibles que recogen todo lo que otros descomponen, esas manos ocultas que cuando se acuestan ya les crujen las cervicales, son ángeles que siempre velan por los que más quieren.
    Esos seres, merecen recibir todo el cariño que ellos han entregado a los carentes de acción.
    Una llamada no es suficiente pero, los defectos de la juventud hay que perdonarlos porque son defectos de los cuales nos libramos demasiado pronto.

    Besiños, Marina. Hasta mañana si Dios lo quiere.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *