Arte e pudor: os espidos de Dodsworth

Actualidad_220739100_35528357_854x640Fidel Vidal. O pudor, do latín pudoris (vergonza, recato, honestidade, honor, moralidade), deriva do verbo pudere (avergonzarse, rexeitar por vergonza), e xera vocábulos como púdico, impúdico, pudibundo ou repudio. Segundo o dicionario da academia galega, defínese como “sentimento de vergonza que pode ter unha persoa en cuestións relacionadas co sexo ou coa exhibición de certas partes do corpo”, á que se engade, nunha segunda acepción como “sentimento que leva a ocultar todo o que se considera íntimo”. Ou aquilo que produce rubor. Esta sensación, de pudor ou rubor, escoiteilla a Xavier Rubert de Ventós nunha conferencia –unha auténtica confesión- que ditou emocionado fai anos en Trasalba, ao relatar a situación de ter que lavar a súa nai impedida. No caso dunha filla a cousa non merecería tal atención.

Se dicimos tetas estamos a navegar polo ámbito do erotismo, mais se a palabra escollida é mamas a dirección indícanos o campo da anatomía, e non digamos se o trato vai de patoloxía, por exemplo, cancro de mama. O mesmo sucede co pube. Non é o mesmo cona que vaxina, nin soa igual pene que pirola. Por non falar de gonorreas ou de papilomas xenitais. Sexa como for, a realidade non se escapa a tales situacións, e da que imos ver reproducións e imaxes intocables. Iso mesmo: “non me toques naquela cousiña”. As cicatrices do real.

tamsin_Sorprender alguén en coiro fainos reaccionar mirando para outro lado. Non lle ocorre así a un mirón, que o busca. Igual no caso dun fotógrafo que retrate xente en porrancho, xa que logo este vese libre de malas intencións polo feito da profesión, e maiormente nun especialista en espidos, e menos se o fotógrafo é muller. Así acontece con Laura Dodsworth, non xa especializada en retratar persoas en cirolas, senón apuntando o obxectivo sobre as partes do corpo chamadas “íntimas” (como se as demais non pertenceran á intimidade do corpo).

A artista Laura Dodsworth é autora dos proxectos Womanhood: A Realidade Espida, na que aparecen fotografadas tetas de cen mulleres que posaron para ela baixo o título “Bare Reality: 100 mulleres, os seus seos, a súas historias”, que amosaron a verdade dos seus peitos sen andrómenas. O mesmo sucedeu coas vulvas. Laura converteuse nunha desas 100 mulleres de entre 17 e 99 anos que formaron o casting: “Busquei mulleres de todas as idades, tipos do corpo, etnias, sexualidades, experiencias de vida, xéneros”. O seu obxectivo era reivindicar unha zona tan descoñecida do corpo feminino -incluso para nós mesmas- e “axudar ás mulleres a sentírense máis seguras e poderosas”.

A contrapartida masculina veu dada en “Manhood: The Bare Reality”, unha colección de fotografías de 100 penes de homes entre os 20 e 92 anos, á par dos relatos contados polos seus donos. Laura Dodsworth comenta:“Os homes senten presión sobre a súa imaxe corporal, dun modo similar ao das mulleres, aínda que algo menos. Non tiña idea de cantos homes senten ansiedade e inseguridade polo tamaño do seu pene, ou por algún aspecto da súa eficacia”.

Un comentario en “Arte e pudor: os espidos de Dodsworth

  1. ¡¡ Qué bonito !! ¡ Cuantas réplicas del David de Michelangelo !

    Al abrir el ordenador ( que siempre me ordena empezar por Barbantia ) y ver la escasa fotogenia de los descabezados, me puse los anteojos – solo por aquello de que más ven cuatro ojos que dos – y tras una pausa poblada de meditación, sentí un poquito de “pudoris” y pasé rápidamente al texto, porque como una servidora observa en la lontananza, sabía que “verbo mata galán” y tus textos, querido Fidel, valen bastante más que todas las ¿aventajadas ? credenciales de los veinticinco nudistas que en nada se parecen a las de Porfirio Rubirosa.

    Me complace más, leer todas esas palabras homónimas que empleas con tanto acierto de buen sabedor, y deleitarme en lo más íntimo de tu texto, que recrearme en lo más interno del nabo-de Lugo – no de lujo-.

    Y ahora voy a darme el gustazo de releer nuevamente tu entrada como suelo hacer siempre para no perder ripio.

    LAME MAL la IncEstUOsA.

    Pero nosotros nos mandamos castos besiños.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *