Mitin en Pernambuco

cuba2aXerardo AgraFoxoCando saía do convento vin como as súas portas estaban ateigadas de xente arrombada nas lousas da rúa húmida e sombriza. Durante un anaco apreciei como acubillaban os seus corpos entre cartóns e plásticos retorcidos. Había homes, mulleres, e algúns cativos que asomaban a cachola entre os febles trebellos. A xente camiñaba indiferente ante os vultos que se espallaban polo chan. Un veciño deume unha explicación.

Son moradores de rúa. Á tardiña sitúanse diante da porta da Capela Dourada e pasan aí a noite. Polo día piden esmola polas rúas da cidade.

Están aquí acotío?

Si. Hai máis cando se celebra algún acto relixioso no convento ou nas igrexas dos arredores.

cuba3bContra a tardiña mergulleime entre a xente que invadía o centro de Recife. Era a manifestación organizada polo Partido dos Traballadores como peche da campaña electoral. Entre os participantes era doado apreciar a variedade étnica que existía nos diferentes arrabaldes da cidade. Cun ritmo frenético, acelerado polo repique dos tambores, as bandeirolas vermellas flamexando e os afervoados cánticos, que reivindicaban a liberdade do seu líder, camiñei por aquelas rúas onde se intuía o medo a unha probable derrota nas urnas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>