Tiradentes

tirad1Xerardo AgraFoxo. Hai alí algún recordo seu?

Si, claro –dixo, e amosoume un folleto turístico–. Nun muro da súa casa natal hai esta placa: “O Tribunal de Xustiza a Tiradentes. Reverenciándolle a memoria. Absólveo e repudia a inxusta sentenza que o condenou”.

Nada máis?

No ano 1992, ergueuse un memorial para lembrar o bicentenario da súa morte. El foi executado no Río de Xaneiro o 21 de abril de 1792.

Cando se bautizou a vila co seu nome?

No ano 1889, coa proclamación da República. Antes chamábase San Xosé do Rei.

tirad2Camiñando polas rúas decateime da importancia que tiveran as cidades mineiras. Todas conservaban a auréola propia da época colonial e constituían un clamoroso desafío ao paso do tempo. Cada recanto que albiscase era unha descuberta reconfortante e un exemplo de respecto á arquitectura patrimonial que atesouraban.

No meu caderno anotara tres datos que certificaban a riqueza daquela xeira dourada: en cincuenta anos produciran máis ouro que en toda América ata o descubrimento das minas californianas no ano 1852; grazas a ese tesouro reconstruírase Lisboa despois do catastrófico terremoto de 1755; e a industria europea floreceu porque Minas Xerais se convertera naquel El Doradotan cobizado polos primeiros exploradores europeos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *