Viaxe na procura dun sentido ontolóxico

Cuberta_XVI_Premio_Poesía_AfundaciónRomán Arén. É xa moi firme a traxectoria poética de Gonzalo Hermo, quen, tras Crac e Celebración, edita agora A vida salvaxe, pero o fío que vencella as anteriores entregas segue aínda presente nesta busca do sentido da vida e do paso do tempo que a configura. Unha viaxe a través da escrita na procura dun sentido ontolóxico que é, asemade, persoal e universal. Mais ese transcorrer da vida humana non está só perante o tempo, está tamén a carón da natureza, noutro tempo, antigo e eterno a un tempo. O poemario descoloca o lector ao comezar polo epílogo, que apunta coma unha frecha o sentido profundo do libro: a escoita do atemporal, que, non obstante, se mestura coas experiencias biográficas do eu lírico e coas etapas da Humanidade.

Hai que saber aceptar o abalar do tempo natural, saber procurar o Eu ancestral que entende o salvaxe, nunha experiencia de intuición, de coñecemento de nós mesmos, fundir vida e escrita. Non se busca a orde nin na escrita nin no mundo, senón o sentir coa vida, malia a finitude do Eu.

Unha poética máis repousada, máis accesible que nas outras entregas do autor, na busca dun outro sentido.

«A vida salvaxe»

Gonzalo Hermo

(Santiago de Compostela, 2018)

89 páxinas

Un comentario en “Viaxe na procura dun sentido ontolóxico

  1. Trataré de hacerme con él. Parece interesante; y si tú lo recomiendas, apreciado Román, ya es un aval.
    Dejaré el epílogo para el final, como hago muchas veces.
    Cariñosos saludos palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *