Agamben e Greta

Greta_Thunberg_02_croppedGiorgio Agamben. (Da rúbrica «Una voce» de Giorgio Agamben no sitio web de Quodlibet, 18 de novembro de 2019).  Do mesmo xeito que calquera relixión, tamén a relixión da ciencia non podía carecer dunha escatoloxía, é dicir, dun dispositivo que, mantendo aos fieis no medo, reforza a súa fe e, ao mesmo tempo, asegura o dominio da clase sacerdotal. Aparicións como Greta son, neste sentido, sintomáticas: Greta cre cegamente no que os científicos profetizan e espera a fin do mundo en 2030, exactamente como os milenaristas na Idade Media crían no inminente regreso do mesías para xulgar o mundo. Non menos sintomática é unha figura como a do inventor de Gaia, un científico que, concentrando os seus diagnósticos apocalípticos nun único factor —a porcentaxe de CO2 na atmosfera— declara con incrible candor que a salvación da humanidade reside na enerxía nuclear. Que, en ambos os casos, a posta en xogo teña carácter relixioso e non científico, delátase na función central que desempeña un vocábulo —a salvación— traído da filosofía cristiá da historia.

O fenómeno é aínda máis inquietante, por canto a ciencia nunca incluíu a escatoloxía entre as súas tarefas e é posible que a asunción do novo papel profético delate a consciencia da súa innegable responsabilidade nas catástrofes cuxo advento predí. Naturalmente, do mesmo xeito que en calquera relixión, tamén a relixión da ciencia ten os seus incrédulos e os seus adversarios, é dicir, os adeptos da outra gran relixión da modernidade: a relixión do diñeiro. Pero as dúas relixións, en aparencia divididas, son secretamente solidarias.58f697d157fe3ff9adb502e6b909434c Debido a que foi sen dúbida a alianza cada vez máis estreita entre ciencia, tecnoloxía e capital a que determinou a situación catastrófica que os científicos denuncian hoxe.

Debe quedar claro que estas consideracións non pretenden tomar unha posición en canto á realidade do problema da contaminación e das transformacións nocivas que as revolucións industriais teñen producido nas condicións materiais e espirituais dos viventes. Pola contra, resgardándose da confusión entre relixión e verdade científica e entre profecía e lucidez, trátase de non facerse ditar acriticamente as eleccións e as razóns das partes interesadas, eleccións e razóns que en última instancia non poden ser senón políticas.

Un comentario en “Agamben e Greta

  1. Bos días. Unha aclaración. Ignacio Castro non é o autor. Só rescatou o texto de Agamben da web Quodlibet. Se podedes correxir o erro, estupendo. Felices festas.

Deixa una resposta a Gonzalo Trasbach Paz Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *