Escorrendo o vulto

imagesMarina Losada Vicente. A Lola parécelle ben que os clientes da súa empresa pidan orzamento. Agradece a confianza. Fanlle ver cando está cobrando por encima do mercado, o que lle permite analizar o que fai mal, de ser o caso, e resultar máis competitiva, ou poder explicarlles, polo miúdo, o valor engadido do seu produto. Por iso non entendeu o enfado. Só dixo a verdade, que resulta máis económico enviar os paquetes pola competencia. Déralle as medidas do vulto, longo, ancho e alto, e tamén o peso. Doce con dez euros en entrega normal, sen certificar. Na empresa de mensaxería do outro lado da rúa custa dez con oitenta, IVE incluído.

            —Aquí temos un soldo como debe ser, que non depende do salario mínimo, un horario regulado, vacacións… Activamos o mercado co noso poder adquisitivo. É de entender que iso teña un coste —protesta a empregada de Correos—. O contrario é pórse do lado da precariedade.

            Sen negar o peso do que acaba de oír, Lola sae do edificio preguntándose cal opción é a máis solidaria, deixando á marxe a diferenza de prezo? No fin de contas, a persoa coa que acaba de falar vai cobrar, a final de mes, a nómina íntegra, como se non perdese, no que vai de ano, a metade dos clientes.

4 comentarios en “Escorrendo o vulto

  1. Boa tarde: Nun tempo viñan polo meu despacho, con moita frecuencia, vendedores de todo tipo. Na época en que pasaron de chamarse viajantes a dicirse representantes de comercio, despois delegados de vendas, apareceron os que eu coñecía como “homes tres portas”, pensando nos rouperos grandes, os das habitación de matrimonio. O seu tamaño, pensado para intimidar, deixaba a calquera sen respiración, sobre todo cando viñan de dous en dous. Hoxe as vendas son on-line e o que deixa sen respiración é a rapidez coa que fan preguntas que non queres contestar. Humor que non falte, Naty. Bicos

  2. Cierto que la situación laboral es muy precaria Marina. Sobre todo, en la sociedad en que hoy nos ha tocado vivir por una serie de circunstancias; unido a que nuestros gobernantes no cooperan a que esta situación mejore.- Véase el sector Agrario, por poner un ejemplo.- Las expectativas no son precisamente halagüeñas.- Y como hay necesidades que una no puede solucionar, pasaré a otro apartado de tu narrativa, para no bajar mi estado de ánimo.

    “Escorrendo o vulto” me ha gustado. Y como no puedo dejar de ponerle humor a casi todo, si la ocasión me es propicia, iré al grano aprovechando que tu narrativa es cortita.- Quiero decir con esto que no hay que ir al libro; lo digo por el idioma.

    Me hizo reír, porque me recordó- polas medidas dos paquetes do correo-, una anécdota que una amiga me contaba, no hace mucho, con esto de las nuevas tecnologías-. Te cuento: resulta que después de andar buscando, un buen partido por esos contactos que anuncian por Internet decidió, con desilusión, dejarlo.- Ela, o que anunciou no seu perfil foi que quería un home cunhas medidas de alto, ancho, e tamén que fose forte. Ante esas medidas, aconsellárono que fose a unha tenda de mobles ou que a fixese á medida, xa que na compañía de contactos, pensaron que o que ela quería era un moble, IVA incluido.
    Cada vez que o recordo faime rir.
    As túas narracións Marina, ás veces, activan a miña vea humorística.
    Dende Palmeira un bico.

  3. Bo día: A situación laboral precaria é unha realidade social que debería dar máis que pensar. Tamén para os que non a padecen. No meu caso, se teño que decidir a quen darlle uns cartos a ganar, inclínome a darllos a quen ten unha situación precaria, aínda sabendo que é a sua empresa a que fai que a situación sexa esa. Non sei se acerto, pero sei que as persoas que me atenden desde este outro lado da realidade, sorrínme máis que as persoas asentadas na beira do benestar. Bicos, Magdalena.

  4. Muy acertada la entrada, Marina. Lo que estamos viviendo hoy en día, es penoso. Que se lo pregunten a los agricultores que les sale más a cuenta tirar la fruta y sus cosechas.
    Un fuerte abrazo querida Marina.
    Cariñosos saludos palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *