Tendal comunal

bragas--560x420Marina Losada Vicente. Para entendelo, hai que lembrar que nun tempo a roupa interior mudábase unha vez na semana, como moito dúas, a non ser un apuro. E que moitas mulleres, as de máis idade, non usaran bragas na vida, de tanta necesidade que había. A braga resultaba, pois, un ben escaso.

            —Que filla máis limpa teño, trouxo quince bragas para lavar, quince teño na pía! —A veciña estaba farta de oírlle que a súa Encarnita ía de lúa de mel quince días, moi por riba da media, nunha vila en que a que máis botara na volta foran tres días na casa dunhas tías. Estaba farta de escoitala que casara cun médico das mellores familias da capital. Farta dos desprezos que lle facía á filla máis nova por non ser quen de atopar un marido de tanta valía. Farta!

            E agora vénme coas bragas!, matinaba para si no intre de coller a porta. Imaxinando no tendal comunal toda esa exhibición de lenzaría, as potras ao sol, a veciña, nun xesto teatral, estendendo os brazos, coas mans abertas, sobre un cordel imaxinario, espetoulle:

            —Coida de non tender tanta braga a un tempo, non vaian pensar na vila que por onde andou a túa filla non había nin auga nin xabón.

4 comentarios en “Tendal comunal

  1. Bo día: Os meus texto débense en gran parte aos anos que teño e a que fun unha muller de escoitar. Nun exercicio de compensación, agora toca, senón falar, escribir. E compartir o contido. Bicos, Magdalena.

  2. Sempre é un pracer ler os teus comentarios cheos de ese contido anecdótico e socarrón co que nos fas disfrutar.
    Unha grande aperta desde Palmeira a Rianxo,
    Segue así.

  3. Tomo nota, Carmen. Unha entrada corta e unha atractiva ilustración, aínda que a foto é mérito do blog, non miña. Vivimos con présas e aínda así, deixamos un tempo para ler ou para escribir, que son dúas actividades inseparables. Agradezo que compartas as túas historias. Bicos
    .

  4. ¡Buenísimo, Marina. Todavía me estoy riendo.
    Ando tan agobiada últimamente con exceso de actividades que apenas paso por Barbantia. Pero como tu entrada es corta y con una atractiva ilustración, no he podido ignorarla.
    A ver si logro contar una anécdota que puede encajar:
    Mi abuela tenía una huerta en la que plantaba de todo un poco. En época de siembra y recogida venían tres jornaleros: dos mujeres y un hombre. A mí, por ser la mayor, me tocaba llevarles el desayuno, la merienda y vigilar que las gaviotas no se diesen un atracón a cuenta del “patulate”. Cuando alguna de las mujeres tenía necesidad de vaciar la vejiga urinaria (de mear, si queremos dejarnos de eufemismos), se llegaba al “rego” más cercano, se abría de piernas y, sin más preámbulo, comenzaba el proceso de la micción.
    -“Porca… E ti como mexas diante de Rosario?”
    – “E tanto ten… Rosario é coma nos”.
    Y es que Rosario era gay, aunque entonces se decía mariquita.
    Recuerdo aquella época con verdadero afecto y ternura.

Deixa una resposta a marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *