Auga bendita para todos

water-to-wineFidel Vidal. Abonda literatura respecto da importancia da auga como símbolo de purificación e bendición (“eu bendicirei o teu pan e a túa auga. E afastarei de ti as enfermidades”, Éxodo). Mais dise que a orixe da auga bendita vén dos tempos e da man de Xesús, xa que logo el mesmo bendiciuna e, cando foi necesario e a petición da súa nai, transformouna en viño. Non augou o viño senón que fixo viño, o mellor viño que se catou nas vodas de Caná. Nada menos que seis cubas de pedra dispostas para as purificacións. Polo tanto non parece xusto que san Vicente en Francia ou san Ginés en España ostenten o padroado de taberneiros e viñateiros en lugar do mesmo Xesús.

Se os xudeus adoitaban botar cinza riba da auga, foi o sexto papa da Igrexa, san Alejandro I, quen determinou botarlle un pouco de sal -a graza do sal- mentres rezaban converténdoa en bendita. Canta auga é precisa nunha bendición? As doses, penso eu, non importan demasiado. Sobra cun chisco, xa que logo estamos a falar de símbolos. De lavar a cara, de limpar os pecados, de quitarmos a roña e non só do corpo senón da alma, especialmente da alma. Para tal limpeza, a da alma, aínda non saíron ao mercado deterxentes ultralimpadores, capaces do branco branquísimo. E seguimos coas vellas fórmulas, tan efectivas. Auga cunhas areas de sal. Mais, a pregunta segue a ser a mesma: que cantidade de auga bendita é necesaria para unha boa limpeza? Unhas pingas deberían ser suficientes. Se acaso, póndonos cerimoniosos, abondaría cun par de sacudidas de hisopo debuxando unha cruz.

17_01_2016_08Non son da mesma opinión en Colombia. Nin o bispo de Buenaventura, monseñor Jaramillo Montoya, nin o cura Juan Carlos Duque, de Sabanalarga, en Antioquia. O padre Duque, para que todos puideran beneficiarse da bendición, regou a freguesía “coa axuda dun equipo de fumigación”, quer dicir, percorreu a igrexa bombeando unha máquina de axofrar, nesta ocasión auga bendita. Segundo un veciño, malia a chusca ocorrencia da manobra, os asistentes pasárono ben, divertíronse, e “supuxo algo transcendental no municipio, porque a xente é moi relixiosa e saíu feliz da cerimonia. A auga bendita nunca lle caera a todo o mundo, polo xeral o sacerdote pasaba e só lle tocaba unha pinga aos primeiros” (Clarín, 20/06/2019).

Pola súa banda o bispo de Buenaventura, unha das cidades do Pacífico onde a escalada de delitos, violencia e asasinatos, non dá parado, tal que semella andar o diaño metido en cada recuncho. A autoridade eclesiástica decidiu tomar cartas no asunto: “A Buenaventura hai que lle sacar o demo para ver se así devolvémoslle a tranquilidade que perdeu a cidade con tantos crimes, feitos de corrupción, con tanta maldade e narcotráfico que invade o noso  porto” (20minutos. 15/07/2019). E monseñor Jaramillo embarcouse na misión de expulsar os demos con auga bendita, a mangueirazos, desde un camión de bombeiros, rúa a rúa, unha fin de semana nas festas da localidade. Coa promesa de facer o mesmo desde o ar, sobrevoando nun helicóptero do exército coa santa misión de espallar auga bendita como quen apaga un incendio. Está claro que terminar coa delincuencia e coa pobreza non vai quedar por falta de auga. Iso acabouse: auga bendita para todos.

4 comentarios en “Auga bendita para todos

  1. Querido Fidel:
    El agua… Bendito elemento, aunque sea sin bendecir. La añoro tanto -y no para beber, porque nunca tengo sed. Tampoco para las necesidades de cada día, ya que el Canal de Isabel II presta un excelente servicio- que consulto con frecuencia el mapa del tiempo a ver si aparece al menos un pequeño nubarrón que presagie lluvia. Aparecer, aparecen nubarrones a “cotío” -sólo en el mapa: en la realidad hemos de conformarnos con la “boina” contaminante-; pero a las pocas horas se esfuman como por arte de ensalmo dejando un profundo desánimo.
    En cuanto a la aspersión de agua bendita sobre los fieles: un fraile de la iglesia que más frecuento, tira pasillo central adelante rociando a diestro y siniestro a los fieles a golpe de hisopo. Te puedo asegurar que este fraile no moja “unha pinga”: cuando sacude el aspersorio no se libra nadie de una buena riega.
    Siempre se aprende algo: de camino a la ópera, si no voy con el tiempo muy justo, suelo hacer un alto en la iglesia de San Ginés en la calle Arenal. Llevo muchos años visitando dicho templo y no sabía que fuese patrono de los taberneros. En realidad es una imagen diminuta de san Judas Tadeo la que le resta protagonismo al titular del templo, por aquello de ser abogado de imposibles.
    He disfrutado con tu artículo.
    Que tengas de bellos sueños.

    1. Grazas, prezada Carmen, pola túa participación.
      Non vos arrendo as ganancias ante esa boina que adorna Madrid. Aí si veríalle moi ben unha “regada” de auga bendita para limpar o aire que respirades.
      Polo que vemos cada fin de semana, ou cada “ponte”, riadas de coches saíndo de Madrid, parte da que chaman “España vaciada” debe estar debaixo desa pucha. Unha mágoa.
      Saúde e aire limpo.

  2. Querido Fidel:
    Como puedes comprobar, mi ordenador ya goza de buena salud; el ventilador necesitaba una buena limpieza, y el técnico, con agua ( creo que no era bendita ) hizo las veces de monseñor Jaramillo, expulsando la suciedad de su cuerpo para dejarlo hiperventilado, pues a pesar de que ya tiene muchos años, es tanto el cariño que le profeso, que para mí, deja de ser una antigualla para pasar a ser una antigüedad.
    Sin él, yo también me encontraba deshidratada y ya me estaba aflorando la hormona del stres, y cuando J.M entró con el ordenador en casa, procedí a estampar en su faz un chasquido labial que incluso me preguntó si era para él o para el “Toshiba”.
    Como tengo agua bendita en casa ( me has dado una buena idea con tu estupendo artículo ) lo purificaré para apartarlo de nuevas enfermedades. Justo al acabar de escribir, con la voz solemne y eclesiástica le dispensaré la bendición chapurreando latines; una ramita de olivo hará las veces de hisopo, pues no me seduce la idea de además de lágrimas, tener que expeler billetes en una nueva reparación.
    Castos biquiños palmeiráns, querido Fide.

    ASÍ MARIO OIRÁ MISA a pesar de que está rEUmÁtIcO.

    1. Botábache de menos. atenta Magdalena. Carmen mandou recado da avaría e segue, malia os seus compromisos, participando no Café.
      Benvida sexas e bendecida ti e as túas máquinas, pola conta que nos vai. .
      Un meu coñecido a quen lle gustaba o viño (en calidade e cantidade), cando lle recomendaba auga porque o viño era malo para a sáude e podía “acabar en Fafián”, respondía: “O viño mata lentamente pero a auga de repente”. Pois iso a auga bendita que non falte.
      Saúde, bicos e apertas.

      ASÍ MARIO NON OIRÁ MISA

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *