Rimbombante

Como-fregar-los-platos-en-un-orden-logicoMarina Losada Vicente. Era o seu ritual, e leváballe idea, igual que lle levaba idea almorzar cando a muller xa recollera a mesa, varrera o chan, lavara a louza da cea e a do seu propio almorzo. Cando xa pasara un pano polo mesado e polas baldosas. A Nucha o que a levaba era o demo, pero non dicía nada. Parecía que o que o seu home ía facer tivese unha dimensión mística. Servíase o café que ela lle deixaba feito. Unha vez terminaba, collía cunca, prato e culler e ía ao vertedoiro. Poñía luvas como quen vai operar a corazón aberto. Vestía o mandilón de manga larga que usaba para facer manualidades con restos de pintura e serraduras. Abría a auga e esperaba a que saíse quente, quente, quente. Que fumegase. Coa billa aberta, collía esponxa e vertía lavalouzas a máis non dar. Antes de sacarlle o xabrón, billa aberta, parecía pedir permiso a un deus que habitaba nel, coa toma de conciencia dun feito transcendente. Miraba o resultado do baño de cada peza ao lonxe, preto da ventá, observando á perfección do acadado. Ninguén lle daba unha palmadiña nas costas, pero parecía que a recibise. Fora mestre corenta anos e quizais estivera precisando o aprobado que non levou. Tamén fora músico, agora dirixindo unha sinfonía de Beethoven, a última.

Collía un trapo no caixón, non o que ela xa tiña á man ao lado do vertedoiro. Secaba cunca e prato, que depositaba no alzadeiro. Quen o mirase coa culler na man, diría que estaba sacándolle brillo a unha peza de prata comida polo tempo. Unha frega, outra frega, outra frega. Terminaba deixándoa no escorredoiro, en lugar do caixón por estar seca, dado que era onde a collera. Sacaba as luvas con total parsimonia. Deixábaas a escorrer nunha peza de madeira que el mesmo deseñara. O tempo era moito aos ollos da muller, que finxía non ver. Neses mesmos minutos, Nucha e mais a súa artrose eran quen de fregar toda a louza das doce: pratos sopeiros, chans, de sobremesa, vasos, cuncas do café, fonte de servir, garfos, coitelos… útiles todos que entre os dous luxaran no oficio de comer, cavilaba a muller.

Ante a novidade, Nucha pensou que era unha burla, unha crítica a como o facía a súa muller. Determinou en pedirlle que non o fixese máis, que xa daba conta ela co resto da louza do mediodía. Ao final, decidiu que era unha caricatura que el se facía de si mesmo. Unha parodia. Precisaba darlle dignidade, cun aire rimbombante, a algo que para don Miguel non a tivera nunca.

6 comentarios en “Rimbombante

  1. Bo día: Cando unha persoa vive soa non ten que darlle máis valor a un gusto estético que o que ten. Máis cando unha mesa para sete contén oito cubertos, unha desas persoas senta fronte a un prato baleiro. Toda a comida mirando a unha cadeira desocupada pode producir unha sensación de ausencia ou de soedade pouco agradable. Despois de que comentaras varias veces o incómodo da situación, a disculpa da simetría non é suficiente. Bicos, Naty.

  2. Vuelvo de nuevo a la carga Marina, porque no había leído tu comentario de xeometría, pero sobre todo, el de simetría. Lo digo porque, ¡es curioso! También yo ponía, y lo sigo haciendo, la mesa con cuatro cubiertos cuando los comensales eran tres; y seis cuando estos eran cinco.
    Recuerdo ahora, por ese motivo, a dos amigas que entrando en mi casa, se fijaron en que tenía la mesa puesta con dos cubiertos. Como vivo sola, a Dios gracias, echaron la visual porque lo primero que pensaron, es que el segundo comensal podría ser un admirador. ¡Las muy ladinas! Al marchar les dije: sé lo que estáis pensando, pero no voy a deciros nada: secreto de sumario les comenté con mucha sorna. Se fueron de casa sin saber más pero con la “mosca tras la oreja”; aunque en realidad estaba sola, y sigo, porque se vive mejor. Sobre todo, a ciertas edades.
    Y todo ello ha surgido por la SIMETRÍA que, algunas veces, puede hacernos pasar una mala jugada. Sobre todo, en los pueblos como en este caso.
    Y para terminar te diré, que siempre he disfrutado de la simetría, incluso en aquellos detalles decorativos de casa.
    Menuda paliza te he dado, pero me has inducido a ello por tu SIMETRÍA y buen escribir. Disculpa.

  3. Bo día: Ninguén nace aprendida e resulta difícil torcer unha árbore de vella. De aí que sexa tan importante que as novas xeracións vexan as tarefas do fogar como algo natural, mandil e luvas para todos e para todas. Non teño dúbida de que eu fago mellor as cousas da casa que os homes da miña familia por ter tantos anos de práctica detrás. De darlle a eles as mesmas posibilidades desde nenos, de seguro que nos sorprenderían. Bicos, Naty.

  4. Trabajos Marina, desde que te haces mayor hasta que, más tarde, formas tu propio hogar.- No dejando de hacerlo, un día sí y otro también.-Por eso al recordar todos esos utensilios de cocina…¡Qué agobio!, es como si las ollas, platos, tazas, vasos; incluida la cubertería…, vinieran detrás de mí.
    Y respecto a ellos, se agradece si lo hacen en alguna ocasión, pero nunca lo harán como nosotras, ya sabes: “zapatero a tus zapatos”.
    Disfruto leyéndote.

  5. Boa tarde: Chámanme a atención os homes que para facer unha labor que consideron sempre non lles cumpría, necesiten vestilas de luces. Poñer a mesa na miña casa, por exemplo, algo reservado durante anos ás mulleres, pasou a ser un exercicio de xeometría, escuadro e cartabón. Simetría máis alá das regras do xogo, de tal maneira que sempre se pon a mesa en número par, aínda que nos sentemos sete. E sempre as copas altas, as de viño, aínda que a maioría beba auga. Algo tan noso como picar da bandexa dos entrantes, por moi superfectas que estean colocadas as viandas, mesmo antes de sentarte á mesa, que a min paréceme un xesto de proximidade e de confianza, pasa a ser unha profanación inaceptable. Bicos, Magdalena.

  6. Pois eu moi agarimosa diríalle: “Fas todo moito mellor que como eu o fago, disfruto mirándote facelo así de ben”.
    Estou segura de que esas mans encallecidas de non faceren nada, tras esa rimbombante ilusión auditiva que saía da boca da sua muller que tanto o admiraba polo ben que o facía, ó día segente, collería as lubas e o mandilón de manga larga, e poríase a fregar sen o menor aspavento.
    Da a sensación de que unha está empollada na materia, ¿ eh ?
    Pois, non; eu con que me faga estanterías xa me conformo, o lavalouza que faga o resto.
    Moitos biquiños, querida Marina. Un gustazo coma sempre.

Deixa una resposta a marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *