Recoñecemento facial

reconocimiento-facial1Francisco Ant. Vidal Blanco. Mandáronme pór os pés nunhas marcas do chan. Logo fixéronme mirar a un punto concreto marcado nunha pantalla e tras uns segundos abriuse a porta de acceso á sala de embarque, onde houben de sacar os zapatos, o chaquetón, a gorra, o cinto, o reloxo e todo canto levaba nos petos, mentres un garda me fitaba de arriba abaixo coa foto do pasaporte diante del. Todo en ben da seguridade. E iso non o fan porque a miña fasquía morena e de barba tupida lle meta medo, senón porque é parte do protocolo de aeroportos: Todos somos sospeitosos mentres unha máquina non diga o contrario.

     Formamos parte dunha base de datos que non poido imaxinarme onde almacena tanta información nin con cantos centros a cruzan para que, en cuestións de segundos, as miñas características físicas e psíquicas sexan avaliadas e decidan se son un malvado ou un pallaso, facendo certo iso de que a cara é o espello da alma.

     Desde o día que nun autobús turco un paisano se dirixiu a min tomándome por un nativo, ou cando camiño do teatro saudei a unha moza que me fixo perder todo o primeiro acto pensando de quen era aquela cara que non lembraba, confirmei que a mente confunde, esquece e equivócase, pero non que unha cámara puidese entrar na nosa casa para advertirnos sobre o novo amigo de Facebook, de se é un terrorista, un misóxino ou unha alma caritativa, e que con tan só pulsar un botón podamos ter á nosa disposición a súa ficha policial, académica ou deportiva. Non tiña en conta que os ficticios prognósticos de George Orwell, con un pouco de retraso respecto á data que el pensaba, xa estaban aquí coa mesma desculpa da súa ficción: A seguridade.

 CRÓNICAS 56 fot  2    O recoñecemento facial, que agora ata temos instalado na caixa de pago dos aparcamentos, amósase máis seguro que a intuición de que soemos presumir para cualificar ás persoas. O de este tenme boa ou mala pinta xa non vale se un software non o valida impoñéndose sobre a humana apreciación. E sen embargo non debe ser tan eficaz como se pensa, pois a pesar de tantos aparellos de alta tecnoloxía, cámaras, sensores, detectores e radares, o mal cólanse como ratos nun galiñeiro e sorpréndennos cada dous por tres con algunha atrocidade.

     É o gran negocio da empresas tecnolóxicas dedicadas a vender seguridade co reclamo do medo e do susto.

     A última aplicación que me sorprendeu é o seu emprego nalgunhas igrexas para valorar ós fieis e saber da súa devoción, da frecuencia con que asisten ó culto, a puntualidade e a atención prestada durante o mesmo, pero tamén para coñecer se o fiel é xeneroso ou non coas oblatas. E tan interesante debe ser esta tecnoloxía para este tipo de negocios, que o pasado mes de outubro, na XV ExpoCristiana, en Sao Paulo, nun país que ultimamente non destaca, precisamente, pola liberdade, había varios estánds onde se ofrecía o control electrónico de fieis o mesmo ca noutros se expoñían discos de música góspel, libros de oracións ou roupas e ornato sacerdotal.

     Nada novo. O control dos fieis, desde o momento en que son convertidos en crentes, é unha das máis tradicionais funcións de todos os grupos, políticos ou relixiosos, para crear adeptos submisos que as novas tecnoloxías, nesa faceta tan pouco ética, axudan a executar.

3 comentarios en “Recoñecemento facial

  1. Querido Francisco: Con tanta tecnología no sé a donde vamos a llegar. Recuerdo, hace años en Madrid, entrando en el Ministerio de Sanidad por un asunto de reclamar unos trienios, que un familiar se había abandonado en cobrar.- Y por desenvolverme bien en estos medios, allá me fui. Y como “perico por su casa”, entré por el hall de entrada sin fijarme que antes había que pasar por un control previo.- Fue cuando vi venir hacia mí dos polis enormes (de estatura) y armados hasta los dientes, que me dijeron: síganos por favor.
    Como soy muy espontánea les dije: supongo no habré cometido ninguna infracción. No, no, me dijeron, y me mandaron pasar por el arco detector de metales y no veas.-
    Penso, que aínda estou aí, levando todo o que tiña sobre min.- Nese momento pensei que a medida que seguían levándome máis cousas ían deixarme en “coiros”, porque ese “asubío” do arco, non deixaba de soar, cada vez que intentaba entrar o Ministerio de Sanidade. Ao final, foi culpa dun anaco de metal (ouro) que tiña na boca. Era unha ponte que o dentista me puxo hai moitos anos, que nin sequera recordaba. Tiven que abrir a boca de “orella a orella” para confirmar que era así. É por iso que cando escoito falar de novas tecnoloxías …, ainda recordo aquela parella de policias, que sendo tan alto e forte, me lembraron o “Coloso de Rodas”.
    Gustoume o teu artigo, Francisco.
    Unha aperta

  2. Querido Francisco:
    Ahora no es necesario acudir al aeropuerto para que te hagan la radiografía completa: en cualquier teatro de la capital te obligan a pasar por la cinta móvil todo lo que llevas encima que no sea ropa o calzado. Pero las máquinas también tienen sus despistes: el otro día me quedó un buen manojo de llaves en el bolsillo del abrigo y el artilugio ni se enteró. Lo mismo hubiese ocurrido si llevase un objeto cortante, pienso.
    Y, sin embargo, hay ingenios que controlan el lugar exacto en el que te encuentras cuando pides información sobre cines, restaurantes o algo por el estilo: sin dar la más leve pista sobre mi ubicación en aquel instante, el ordenador me facilitó una lista completa de los restaurantes más cercanos a mi casa. No lo entiendo.
    Todo cuanto expones en tu artículo en tono de humor, es de un realismo aplastante y me ha hecho recordar un homenaje que le hicieron a don Carlos García Bayón en los comienzos del Hotel Riazor (¿o era Río Azor?) hace unos cuarenta años: el profesor (bastante mal hablado, por cierto) vaticinaba que una especie de ojo mágico llegaría a ejercer tal control en nuestras vidas que hasta llevaría cuenta de las veces que acudíamos al water. (Claro que él lo expresaba con un lenguaje más contundente, sin eufemismos).
    A Magdalena le digo que envidio el avance de su gallego y , también, que nos juntamos “duas crédulas non submisas”.
    Unha aperta e boas noites.

    .

  3. Nesta nosa casa común, que é a Terra, querido veciño, a tecnoloxía acompañounos sempre ao largo da historia. Si nos fixamos na técnica que os nosos ancestros da Edade de Pedra, da de Bronce e da de Ferro, fabricaban aqueles utensilios para poder sobrevivir, esa tecnoloxía non era tan distinta á nosa, o que ocurre é que ahora, non vivimos, aceleramos a todo meter, e así como precipitamos a nosa maneira de vivir, temos que activar tamén esa función tecnolóxica.
    Á igrexa tampouco se vai a quedar nos tempos do Concilio de Nicea, non che parece ?
    O outro día, recibín un chiste no móvil e víase a un home de rodillas nun confesonario sin cura; tiña que meter unhas moedas por un burato, e logo unha voz “tecnolóxica” decíalle a penitencia que debía de rezar. Se seguimos así de presa, tal como vamos, a todo se pode chegar.
    unha aperta dunha crédula non submisa que desde Palmeira lé sempre con moito pracer e sin axuda, todo canto executas neste Café.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *