Brian

13-11-18-gallinas-que-no-ponen-huevos,-el-sitio-avicola,-2Marina Losada Vicente. O misterio era grande e a preocupación máis. Á perda de peso do cativo sumábase o medo a que servizos sociais o levara, alegando que non eran quen de coidalo. Meses de problemas dixestivos, agravados nas últimas semanas. Era evidente, afirmaba o médico, diante das repetidas analíticas, a inxestión de sustancias non actas para o seu corpo, de aí os vómitos e as diarreas que só remitiron as tres veces que estivo ingresado.

Mandaron ao can de vacacións por tempo indefinido. Do matamoscas de spray pasaron ao eléctrico, sen pesticidas. Retirouse do alcance de Brian toda cousa, mesmo os mistos, que puidera levar á boca nun descoido. Do caixón do tocador desapareceron lacas de uñas, acetona, maquillaxes… Do vertedoiro, todo produto de limpeza. Para cociñar, cumpría coller especies, sal e demais subíndose a unha cadeira. Tabaco e chisqueiros confiscados. O líquido das lentes de contacto. A pasta dos dentes, o xabrón, o elixir bucal. O betume do calzado. O apresto de amidón. Os medicamentos todos. Nada quedara ao alcance dun meniño de tres anos.

Deixaron de levalo á gardería, ao parque público, á praia, mesmo ás compras, evitando calquera situación de contacto alleo. Nin aniversario propio nin dos amigos. Para que puidera estar ao aire libre, valaron todo canto tiñan sementado na eira, incluíndo a zona na que caía a froita, aínda que estaban seguras de que a Brian non se lle daba por aí.

A avoa saíu da cociña coa mestura para as galiñas, restos da cea e o “picón” que mercaba en saquetas, e guindouna no medio da terra que elas mesmas estercaban. De regreso, lavou as mans a conciencia, a auga case a ferver, e cambiou o mandil. Preparou o almorzo e colocouno nunha mesa que limpara cun trapo enchoupado en lixivia. Chamou por Brian que regresou da eira, como tantas veces, cos xeonllos, as mans e a boca cheos de terra.

—Nin que andásedes a pitucar canda as ghaliñas —dixo a nai, ao tempo que deixaba caer ao chan o paquete de pan tostado.

8 comentarios en “Brian

  1. Bo día: Certo, Naty. Os comentarios de Magdalena son impecables. No meu despacho teño a copia dunha foto antiga na que as galiñas se “pavonean” pola rúa de Abaixo, a de Castelao, Dieste e Manuel Antonio, cando xa tiña aires urbáns -con beirarrúas-. De feito, cando avoa tiña que saír a buscarnos, por no regresar á hora, sempre dicía “vou recoller aos netos, que tamén hai que ir a recoller ás ghaliñas”. Bicos

  2. Por lo que cuentas Marina, con toda esa desinfección de tantos productos de matamoscas de spray; más tarde pasando al eléctrico, amén de laca de uñas y acetona…No puedo menos que recordar el momento por el que estamos pasando, echando mano de todo tipo de desinfectantes habidos y por haber; sin que ello haya sido suficiente.- Al final el mejor antídoto: QUEDARSE EN CASA.

    Con tu permiso, aprovecho para felicitar a Magdalena por la descripción impecable, que ha hecho de como se criaban los animales que cuidaban nuestros abuelos, por aquel entonces.- Sobre todo, las gallinas que se criaban a libre albedrío, saliendo a su antojo, y recogiéndose al anochecer ellas solas.- Mas tarde, como bien dijo nuestra excepcional comentarista: chegou unha orde do concello prohibindo a saída destes animais para non seguir fozando e escañando, ademáis de deixar os seus excrementos onde fora.

    Y, ya contigo, decirte que me gustó la historia de Brian.
    Con mi recuerdo, desde Palmeira.

  3. Bo día: Non é mala ocasión para darse a coñecer. Tiña dous fillos e unha filla con vinte e dous anos. En xuño cumpro sesenta e dous. Se algún deles seguise os meus pasos, agora podería ser, eu tamén, bisavoa, o que non me quitaría, penso, as ganas de escribir. Espero seguir facéndoo aínda que estos días cóstame traballo mesmo ler. Todo pasará, e como en Barbantia teñen na reserva varios relatos meus, pois seguiremos por aquí, esperando que a tranquilidade se asente de novo. Ánimo a Madrid e se hai algo que poida eu facer desde Rianxo… o que sexa! E ánimo a todos e a todas en xeral e en particular a toda a comunidade do Barbantia, por manterse ne pé. Bicos, Carme.

  4. No te imaginaba con nietos, Marina. Te vi en una ocasión en Rianxo hablando con Magdalena y me pareciste una chavalilla. Además del desenfado y la gracia que le infieres a tus artículos… Olé por las abuelas salerosas que también saben de lirismo cuando la ocasión lo requiere. Yo, que ya soy bisabuela y la mayor parte de mis hijos, nietos y bisnietos viven en esta ciudad tan castigada, estoy convencida de que la situación comenzará pronto a mejorar con el esfuerzo de todos y vamos a salir renovados de tan colosal pandemia.
    Un abrazo.

  5. Bo día, Carmen. Alégrome de lerte. Moito. Teño un fillo, unha nora e unha neta en Madrid. Nun piso de 65 m2. cheo de ventás. Todas a patios de luces. Penso neles a cada hora, sobre todo na neta. O neto de Rianxo está pasando estos días na nosa casa. Unha casa grande cunha parcela pechada sobre si, polo que para el son de verdade vacacións. Levántase cada día saúdando aos paxaros que escoitamos nada máis abrir a ventá. Non quero poñerme triste. A miña mente navega sobre as montañas, planeando como unha ave pequeniña, difícil de localizar, e centra a mirada nun punto fixo do horizonte. Nel, estamos toda a familia xunta. O neto e a neta xogan nun peletre que eu lle dibuxei na terra cun gharabullo. Bicos

  6. Entre las dos, Marina y Magdalena, me hacéis recordar montones de vivencias de mis tiempos infantiles y mozos.
    En cuanto a alergias, puedo aseguraros que con tanto nieto ando bien servida. O lo están los padres a los que tampoco les resulta fácil descubrir la causa. A una buena parte la alergia se la produce la lana. Para otros, el origen es desconocido y por lo tanto bien engorroso. Aquí gallinas no tenemos…
    Lejía… ¿Dónde andará? Desde que apareció el puñetero coronaviros desapareció de la faz de la Tierra. En Madrid, al menos, no se encuentra.
    Cuanto escuchéis lo que está ocurriendo en esta ciudad, haceos cuenta de que es auténtico. Ninguno de mis hijos y nietos ha caído de momento; pero cuñados de mis hijos -sobre todo los que ejercen la medicina hospitalaria- se han quedado ingresados sin contacto ninguno con la familia y ésta está en cuarentena por posible contagio.
    Lo más bonito de este encierro son los aplausos de las ocho de la noche. Mi terraza da a un jardín flanqueado de edificios y desde el primer día se me ocurrió hacer una selección de canciones que lanzo al aire cada día, mientras duran los aplausos, desde un viejo tocadiscos instalado en la terraza. Resulta emocionante.
    Que disfrutéis de bonitos sueños.

  7. Boa noite. Na casa da rua de Arriba onde eu nacin, a 50 m do concello, criabamos o porco debaixo das escaleiras, ao lado da corte. E matabase na rúa. Bicos Magdalena

  8. Cando eu era pequena, as galiñas e os porcos deambulaban polas calles. Nós tiñamos no porto ao lado da casa “a casiña vella” donde estaban as galiñas e tamén recordó algún porco. As mañás cando miña avoa as ceibaba, iban correndiño para a praia, alí escañaban cas patas e comían miñocas ou tamén area, pois según dicía ela, era moi boa para as aves, pois tiña moito calcio. Todolos anos as vacinábamos para que non colleran a peste, e ao anoitecer, xa se recollían elas soíñas. Anos máis tarde, chegou unha orde do Concello na que prohibeu ás pitas e ós porcos, fozar, escañar, e facer outras necesidades inaplazables, na rúa.
    Miña avoa, para que non sentiran tanto aquela mudanza, acarrexaba baldes de area para o galiñeiro, pois o calcio non podía faltarlle, se non a casca dos ovos escachaba nada máis tocarlle.
    O rapaciño, Brian, aínda que lle gustaba aquel mexunxe, non tiña o estómago tan forte coma o papo das galiñas.

    Orixinal coma sempre, Marina.
    É un pracer contar contigo.
    Biquiños palmeiráns dende o encerro, sen esperar sequera ó sete de xullo.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>