A túa luz, mestre, sempre nos alumará

unnamedGonzalo Trasbach. O pasado día 3 faleceu na súa casa de Barrow Road en Cambridge (Inglaterra) George Steiner. Nado en París o 23 de abril do 1929, o profesor e mestre de literatura comparada estaba a pouco máis de tres meses de acadar a idade de 91 anos. Trala súa desaparición, un xornal italiano publicou unha entrevista póstuma, unha longa conversa que mantivo durante anos co ensaísta Nuccio Ordine, coa condición de que só podería saír á luz logo da súa morte, a que comunicou sobre as 14.00 horas daquel primeiro luns do mes o seu fillo David.

Atravesado por todas as feridas da súa convulsa época, a súa historia é a dun exiliado de todas as guerras do pasado século. Apartado dos focos e dos medios nos últimos anos por vontade propia, decisión que tomou por mor do cansazo e da debilidade, o autor de Presencias reales cría na excelencia e na pedagoxía, pero tamén reivindicaba firmemente o dereito á eutanasia, pois <é un horror envellecer sen dignidade…>, di na entrevista póstuma. O crítico e teórico da literatura e da cultura, que recibiu o premio Príncipe de Asturias no ano 2001 en Oviedo, cando pechaba definitivamente os ollos, aínda tivo alento suficiente para denunciar a <propagación da barbarie>, barbarie que sufriu cando era mozo, pero ademais para recomendarnos que tivésemos os nosos ben abertos e atentos diante deste ameaza latente e xa presente no noso mundo.

Para os que tanto aprendemos del, a través dos seus libros, conferencias e entrevistas, a súa perda representa unha enorme tristeza e berramos: marchouse un clásico! E aínda que veña de novo a barbarie, sabemos que a súa luz nunca se apagará. Como mestre que foi noso, a un só lle queda renderlle unha humilde homenaxe, debuxando un pequeno e modesto percorrido pola súa dilatada traxectoria vital e pola súa ampla e variada obra, que representa un legado histórico excepcional.

steiner-los-libros-que-nunca-he-escritoOs pais de George Steiner eran xudeus vianeses. Como a meirande parte da intelectualidade xudea daquela época, abandonaron Austria coa idea de instalarse no Reino Unido, pero ficaron en París, onde naceu o pequeno George. Da capital gala saíron no 1940 camiño de Nova York logo de comprobar que o avance do exército alemán cara a París semellaba imparable. Unha vez en USA, completou o bacharelato francés e no 49 entrou na Universidade de Yale. No 2001 recibiu o premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades. Ao longo da su traxectoria vital tres cousas considerou fundamentais e cuxa paulatina desaparición lle teñen causado moita dor: o peche dos cines e dos teatros de barrio, o cerre das pequenas librarías de vello, así coma das tendas de discos de vinilo.

Na súa última obra publicada entre nós, que recolle as conversas que mantivo coa xornalista Laure Adler, explica a súa visión da diáspora xudía, pero tamén a súa visión sobre a condición do ser humano mortal. Nestas entrevistas, que se desenvolveron durante 12 anos (2002-2014), Steiner lamenta que a literatura, a filosofía e a historia sexan ninguneadas nos plans de estudo e ensinanza en todos os seus niveis. Tamén recorda que Heidegger foi moi importante para el <porque nos ensina que somos invitados ou inquilinos da vida e que debemos aprender a ser uns bos invitados e ademais debemos ter a maleta preparada, por se hai que partir. Partir e non queixarse>.

A obra de Steiner é excepcional e histórica: expón as primeiras cuestións esenciais sobre a orixe e a evolución, técnica e espiritual, das nosas culturas, dende a Xénese ata a encrucillada dos nosos días, no limiar talvez dunha nova civilización. De feito, estima que os cambios que teñen modificado os conceptos da comunicación, a información, o coñecemento, a xeración de sentidos e de formas son probablemente os máis grandes e os de maiores consecuencias, dende que o homo sapiens elaborou a linguaxe.

9788416964499Di o autor de Presencias reales que ao longo da súa existencia temos asistido a unha modificación substancial do concepto mesmo de persoa. O transplante de órganos, a clonación , a iniciación da vida “in vitro” teñen alterado inevitablemente o estatuto do Eu. A mundialización definitiva dos intercambios económicos corre parella a unha modificación irreversible da terra inmaterial. Abordando estas cuestións capitais, ben presentes, de xeito elíptico ou frontal, en toda a súa obra Steiner ten culminado unha ampla, densa e fecunda carreira, máis de 60 anos de crítica e docencia en Chicago, Harvard, Oxford, Princeton, Ginebra, Cambridge, a cabalo entre varias linguas: o alemán da súa familia vienesa, o francés dos seus primeiros anos parisinos, o inglés americano da súa formación superior, o italiano da súa mestizaxe universitaria suíza, sen esquecer a súa familiaridade co hebreo bíblico e a súa dilatada frecuentación das culturas rusas e danubianas.

Steiner é un escritor único. Dicimos isto porque só el ten sido capaz (até agora) de artillar con relativa consistencia o Teorema de Gödel, o poema de Parménides e a Tetraloxía de Wagner, e descubrir nestas tres pezas un sorprendente tronco espiritual común. Ademais, nos seus textos bota man dunha memoria asombrosa combinada cunha erudición que se alimenta de case todas as linguas europeas, e nos seus ensaios mestura a pompa académica aderezada coa típica malicia e contundencia crítica.

Tres son os eixos principais da súa obra: o filolóxico, representado por monografías apaixoadas (Kafka, Tolstói, Dostoievski, Broch, Bernhard, Heidegger…), e noutras ocasións destinados ao campo da crítica e da historia (Antígonas, Después de Babel ou En el castillo de Barba Azul); o ideolóxico, que é o centro de interese dos seus ensaios onde se enfronta ás derivas posmodernas que considera nihilistas (Presencias reales), e a crítica da cultura contemporánea, o que se aprecia en Nostalgia del absoluto, Lecciones de los maestros, Gramáticas de la creación ou en Lenguaje y silencio, unha compilación de ensaios de 1976.

9788478447992De entre os 20 volumes que publicou Siruela en España, nos últimos tempos a editorial madrileña editou Fragmentos, un compendio das cuestións obsesivas do autor (morte, eutanasia, amizade, amor, relixión, o poder do diñeiro, as difusas fronteiras entre o ben e o mal…), e Un largo sábado, o citado libro de conversas coa periodista e filóloga francesa Laure Adler. Contemplada polo retrovisor, Steiner te percorrido unha existencia poboada dunha extensa obra na que desbroza todos camiños que conducen ata os nosos días.

Quixeramos pechar este modesto homenaxe cun percorrido por algúns dos principais e máis significados alicerces nos que se sostén a súa produción intelectual.

Leguaje y silencio(1958). Neste traballo comezou a explorar a terra valeira do “Logos” ameazado pola Shoah, o exterminio sacrílego de Auschwitz.

Tolstoi o Dostoievski (1959), onde xa reflexionaba sobre o dilema histórico de dous titáns tentados por dous capítulos maiores desa epopea espiritual do home moderno. Tolstoi soña con chegar a suplantar a Deus. Dostoievski, en cambio, empeza a baixada ao inferno contemporáneo: os seus endemoñados e posuídos encarnan por vez primeira a figura do mal absoluto, o terror e o terrorismo inhumano e indiscriminado.

La muerte de la tragedia (1961). Primeros ensaios sobre Schomberg e Paul Celan, cos que abría os estudos de reconstrución dunha arquitectura espiritual para o home do porvir logo da caída e da soedade ontolóxica absoluta da que Rilke pensaba nas Elegías a Duino.

El castillo de Barba Azul (1971). Aquí esboza un primeiro balance provisional do estado literario da nosa cultura, que continuaría materializando en Nostalgia del absoluto (1974).

Después de Babel (1975). Sementa neste volume os alicerces dun futuro e moito máis “vasto” edificio: unha visión e unha teoría global das linguas e o paradoxal principio de tradución.

El traslado de san Cristóbal (1976), novela ou relato que ten sido capital na súa traxectoria ficcional.

gramaticas-de-la-creacion-george-steiner-trabalibrosMartin Heidegger (1980). Esta obra permitiulle resolver dunha vez por todas un problema esencial e espiñento: o posto do mestre de Friburgo na historia das ideas e na filosofía como herdeiro dunha triple tradición: grega (Platón), cristiá (san Agustín) e alemá (Nietzsche).

En Presencias reales, Gramáticas de la creación e Pasión intacta, abunda a literatura e a filosofía tinguida de teoloxía. Errata é un texto no que se perfila o xurdimento dunha xerontocracia enferma, baixo a pregunta: cal será o estado ontolóxico da vida humana, da personalidade, cando estas sexan replicadas, melloradas e controladas nos laboratorios, nos bancos de esperma dirixidos por ordenador?

Nos últimos anos teñen aparecido moitos outros libros sobre o inxente traballo de Steiner, a meirande parte deles publicados por Siruela, entre os que salientamos Los libros que nunca he escrito (2008), Diez (posibles) razones para la tristeza del pensamiento, El elogio de la trasmisión, La idea de Europa, Lecciones de los maestros

5 comentarios en “A túa luz, mestre, sempre nos alumará

  1. Querido Gonzalo:
    Metida de lleno en una serie de actividades culturales, apenas me queda tiempo para asomarme a Café Barbantia. Hoy, después de quedar libre la habitación en la que tengo instalado el ordenador -ocupada por una nieta gallega que vino a pasar unos días a Madrid con una amiga- se me ha ocurrido dar señales de vida en la primera entrada que viese de autor conocido. Y es la tuya… Larga, pero de categoría. Lo malo es que dejaron el ordenador desconfigurado y creí que no lograba ponerlo en funcionamiento en toda la noche. Mi relación con este artilugio es de antología…
    Como Magdalena, tampoco conozco la obra de George Steiner y, sin embargo, de mis escarceos con la Teología me resultan conocidos la mayoría de los pensadores que citas y hasta llegué a leer algunos de sus libros.
    Me alegra que menciones la Trilogía Wagneriana. Asistí a verla unas cinco veces completa y más o menos ordenada. Precisamente el día 21 veré “La Valquiria”. A “El oro del Rin”, asistí la temporada anterior. Pero al personaje Wagner no le tengo pizca de simpatía.
    Hace años vi “El castillo de Barba Azul”, la única ópera de Béla Bartók que bien pudiera ser considerada una cantata o una sinfonía de efectos impactantes. Aunque no conozco la obra de Steiner del mismo nombre, creo que de los dos autores, afectados de cierto pesimismo vital, y no es para menos, se podría sacar parecida lectura. Aunque, al vivir más años, Steiner pudo intuir con más precisión la deriva mundial (y en particular europea) a la que estamos abocados si Dios no lo remedia. (Si te parece puedes considerarlo sólo una expresión).
    Menos mal que en Madrid todavía encontramos tiendas de viejo y discos de vinilo. De estos conservo un buen alijo que amplío cuando se presenta la ocasión. Lo que añoro son los cines de barrio.
    Un gran abrazo.

    1. Buenos días, Carmen. Es un placer leer en esta crónica toda la actividad que desarrollas cada jornada. En Madrid, en efecto, aún puede uno encontrar de casi todo, pero en el rural, esa área que ahora dicen vaciada y algunos defiende dejando vacíos sus escaños, nos quedamos casi sin todo (en mi pueblo hubo dos cines y dos bailes hace muchos años, y en los últimos tiempos abrió un cine nuevo, resistió tres años porque no le quedaba otra. En fin, gracias por tu alentador comentario. A Steiner lo conocen sólo unos cuantos. No hay nada como haber visto la prensa de este país cuando se produjo su óbito. Bicos.

  2. Buenos días, querido Gonzalo:
    El otro día decía aquí en este Café que me quedaba tanto por leer y el poco tiempo que me quedaba para poder cumplirlo…
    No he leído ninguno de los libros que mencionas en tu completo y buen artículo, pero cabe la posibilidad de que encuentre alguno en la biblioteca que suelo frecuentar. Me encanta el título de “Los libros que nunca he escrito”, preguntaré si lo hay, o si tienen algo de Steiner. Por lo que comentas, veo que conoces bien su obra, por tanto, es de interés para mí, leer los que mencionas.
    Felicidades, Gonzalo, magnífico artículo.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Gonzalo Trasbach Paz Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *