Medicamento e negocio

farmacia1Francisco Ant. Vidal Blanco. Ninguén pon en dúbida a importancia das empresas farmacéuticas. Sen elas ata ter un catarro sería un problema. Elas contribúen en grande medida á mellora da calidade de vida. Pero se o ser farmacéuticas implica un ben para a sociedade, o ser empresa é un problema que leva ós seus directivos a sopesar que é máis importante, se evitar o sufrimento dos paisanos ou engordar a conta de beneficios dos seus conselleiros, socios e inversores. Claro que, a pesares de que a saúde non debería ser un negocio, calquera empresario ten como premisa fabricar cos menores costes e vender coa maior ganancia en función da necesidade do demandante, sexa paciente ou desesperado doente.

      Reflexionaba así o amigo Xulio no noso parladoiro dos xoves, despois de ler a inmoral proposta dun laboratorio suízo, disfrazando de filantrópica oferta a bárbara idea de rifar entre varios nenos con atrofia muscular o medicamento para curala, como se fose un xogo de azar na tómbola das festas do verán. Cando saíu a noticia, a primeiros de ano, pensabamos que non era máis ca un deses rumores que se soltan para denunciar a deshumanización da sociedade, pero o proceso xa comezou hai uns días, como se dunha ruleta rusa se tratase. É xusto ganar a medicina cun concurso?

      Alguén no parladoiro lembrou aquel sorteo do señor Willy Wonka, para visitar a súa fábrica de chocolate, e onde, por certo, o lambón, o vaidoso, o avaricioso ou o presuntuoso conseguen se grandes esforzos o seu pase, e acaban castigados por falta de humildade, por egoístas ou por insolidarios. Pero aquel era un conto, unha ficción, e este non. Este, como toda lotería, carece dunhas normas mínimas de xustiza, tratando de lavar a cara duns empresarios que xa de antemán subiron o prezo de venda do medicamento moi por encima dos costes de fabricación, con esa lei do bo feirante: Quen o queira que o pague e canta máis demanda máis caro. Logo do anuncio virá o nome do gañador publicado e publicitado en todos os medios, e o descontrol do mercado creando demanda e subindo as acción da farmacéutica.

farmacia3      O consello é sempre o mesmo: coa saúde non se xoga. Pero a gravidade do asunto non só está no máis ou menos caro que pode saír un medicamento, senón en que, dependendo da demanda, da necesidade ou da desesperación do necesitado, o seu prezo sube sen gardar proporción de ningún tipo cos costes de fabricación, disparando o custo, neste caso, a máis do dobre do que custa fabricalo e limitando así o acceso ó mesmo en función da economía do paciente que teña a desgracia de padecer a enfermidade. E para o pertinente “mercadeo”, o sorteo vai ser cobizado e pagado a costa dos doentes.

 A literatura e o cine amósannos a inxustiza destes negocios cando teñen como único marco a conta de beneficios e a falta de escrúpulos.

      A realidade non é ningunha ficción. Novelas como “O xardineiro fiel” de John Le Carre, poñen sobre o papel o uso inadecuado das probas médicas en lugares onde os gobernos non teñen peso de ningún tipo, pero neste caso falamos dunha empresa domiciliada nun país supostamente dos máis humanizados e solidarios en pleno centro de Europa, e dun medicamento necesario para moitos nenos condenados a unha vida de total dependencia.

      Alguén debería fixarse menos na conta de beneficios e máis no beneficio social.

Ninguén pon en dúbida a importancia das empresas farmacéuticas. Sen elas ata ter un catarro sería un problema. Elas contribúen en grande medida á mellora da calidade de vida. Pero se o ser farmacéuticas implica un ben para a sociedade, o ser empresa é un problema que leva ós seus directivos a sopesar que é máis importante, se evitar o sufrimento dos paisanos ou engordar a conta de beneficios dos seus conselleiros, socios e inversores. Claro que, a pesares de que a saúde non debería ser un negocio, calquera empresario ten como premisa fabricar cos menores costes e vender coa maior ganancia en función da necesidade do demandante, sexa paciente ou desesperado doente.
      Reflexionaba así o amigo Xulio no noso parladoiro dos xoves, despois de ler a inmoral proposta dun laboratorio suízo, disfrazando de filantrópica oferta a bárbara idea de rifar entre varios nenos con atrofia muscular o medicamento para curala, como se fose un xogo de azar na tómbola das festas do verán. Cando saíu a noticia, a primeiros de ano, pensabamos que non era máis ca un deses rumores que se soltan para denunciar a deshumanización da sociedade, pero o proceso xa comezou hai uns días, como se dunha ruleta rusa se tratase. É xusto ganar a medicina cun concurso?
      Alguén no parladoiro lembrou aquel sorteo do señor Willy Wonka, para visitar a súa fábrica de chocolate, e onde, por certo, o lambón, o vaidoso, o avaricioso ou o presuntuoso conseguen se grandes esforzos o seu pase, e acaban castigados por falta de humildade, por egoístas ou por insolidarios. Pero aquel era un conto, unha ficción, e este non. Este, como toda lotería, carece dunhas normas mínimas de xustiza, tratando de lavar a cara duns empresarios que xa de antemán subiron o prezo de venda do medicamento moi por encima dos costes de fabricación, con esa lei do bo feirante: Quen o queira que o pague e canta máis demanda máis caro. Logo do anuncio virá o nome do gañador publicado e publicitado en todos os medios, e o descontrol do mercado creando demanda e subindo as acción da farmacéutica.

 

      O consello é sempre o mesmo: coa saúde non se xoga. Pero a gravidade do asunto non só está no máis ou menos caro que pode saír un medicamento, senón en que, dependendo da demanda, da necesidade ou da desesperación do necesitado, o seu prezo sube sen gardar proporción de ningún tipo cos costes de fabricación, disparando o custo, neste caso, a máis do dobre do que custa fabricalo e limitando así o acceso ó mesmo en función da economía do paciente que teña a desgracia de padecer a enfermidade. E para o pertinente “mercadeo”, o sorteo vai ser cobizado e pagado a costa dos doentes.
 A literatura e o cine amósannos a inxustiza destes negocios cando teñen 
como único marco a conta de beneficios e a falta de escrúpulos.
      A realidade non é ningunha ficción. Novelas como “O xardineiro fiel” de John Le Carre, poñen sobre o papel o uso inadecuado das probas médicas en lugares onde os gobernos non teñen peso de ningún tipo, pero neste caso falamos dunha empresa domiciliada nun país supostamente dos máis humanizados e solidarios en pleno centro de Europa, e dun medicamento necesario para moitos nenos condenados a unha vida de total dependencia.
      Alguén debería fixarse menos na conta de beneficios e máis no beneficio social.

Un comentario en “Medicamento e negocio

  1. Querido Francisco:
    No me había enterado de tal monstruosidad, pero no me extrañan todas esas artimañas dado lo rápido que desaparecieron sin repuesto mascarillas, geles desinfectantes y cualquier otro artículo que pudiese ayudar a frenar la propagación de la epidemia sin llegar a convertirse en pandemia. Es tal el ansia de enriquecimiento de los grandes emporios que para ellos el ser humano sólo cuenta según los beneficios que pueda reportar. Esperaba que en este estado de cosas los de arriba recapacitasen sacando conclusiones de lo que está ocurriendo y dejasen de pensar en sí mismos comenzando a producir con fines más altruistas y menos egoístas.
    Ya me gustaría que lo que está ocurriendo en el mundo fuese una ficción, un mal sueño del que pronto despertaré. Pero la distopía en la que estamos sumergidos no es de ficción sino que es realismo puro y duro. Y no quiero ni pensar en la repercusión que va a tener en las economías más débiles… En este momento me llega con ver que mis hijos y nietos se van zafando de la enfermedad a pesar de que unos no tienen más remedio que lidiarla de frente y otros con trabajo virtual duro, pero desde casa.
    Me da pena mi nieta: iba a leer su tesis doctoral justo el día que clausuraron las universidades. Lo que más siente es que el traje que compró para tal ocasión es de invierno y no le servirá en la próxima convocatoria que Dios sabe cuándo se celebrará. (No es más que una anécdota entre las desdichas que están ocurriendo en Madrid).
    Un abrazo virtual.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *