Foucault, unha Historia incompleta

historia-de-la-locura-i-foucaultFidel Vidal. A Historia pódese escribir coido que con maior veracidade contando os avatares dos excluídos e marxinados, da xente anónima, en vez daqueloutra (propia dos libros de texto) cargada de fachenda e de poder, a dos amos que se encargan precisamente de clasificar, condenar e encarcerar. A outra, a que vai de encerrados e ignorados, descubre verdades ocultas, a realidade, como ben demostra Michel Foucault describindo o destino de dementes e presos –médicos e policías collidos da man-, na Historia da Loucura, unha arqueoloxía semántica e social dos tolos, ou en Vixiar e castigar, onde no cárcere, igual que no manicomio, o “panóptico” aparece como un avance estrutural.

Ao mesmo grupo pertence outra clase de excluídos: os reprimidos e perseguidos por condutas sexuais non aceptadas pola moral establecida. Sobre esta materia Foucault entregouse á escrita da Historia da sexualidade, ao longo de catro tomos: I. A vontade do saber; II. O uso dos praceres; III. A inquietude de si e, por último, un texto incompleto que permaneceu inédito máis de trinta e cinco anos: o volume IV. As confesións da carne (Les aveux de la chair). Faleceu a consecuencia da Sida en 1984 aos cincuenta e sete anos no hospital Salpêtrière de París. Non puido terminar debido á gravidade da enfermidade que padecía e á mala morte que levou. ”Morreu de maneira brutal, e houbo unha loita entre os herdeiros, o testamento e o editor, foi una loita xurídica, pero ao final felicitámonos da súa publicación”, segundo lle contou D. Borrilo (autor de A homosexualidade de Platón a Foucault)a R. Morán en 2018.

9788432319532Por que mobiliza tanto a sexualidade? Por que ocupa un lugar preeminente na cultura? Estas son preguntas que se fan nesta derradeira obra. No volume II, O uso dos praceres, adianta a permisividade na antiga Grecia, onde prevalecía a “arte de vivir”, a atracción natural pola fermosura: “Ter costumes relaxadas era non saber resistirse ás mulleres nin aos mozos, sen que unha cousa fose máis grave que a outra”. Coa meticulosidade dun arquiveiro, “Foucault regresa ás fontes do noso concepto de pracer” (L. Garrige, 2018). Con Agustín, adquire unha coloración de revolta case política: despois da caída, a libido é unha forza indomable. É a nosa parte involuntaria. “O sexo é para o home o que o home é para Deus: un rebelde.” (Foucault)

De volta na historia, analiza a “preocupación por si mesmo”. E a “dirección espiritual” programada polas “obrigas” do Cristianismo, “no bautismo, a confesión, a preparación para o matrimonio”, na “cuestión da virxindade e a abstinencia”, “os deberes dos cónxuxes”, a exclusión no contexto dunha “ética do non exceso”, en San Agustín (R. Maggiori, Liberation, 2018). As Confesiónsda carne (S. XXI, 2019) sae nunha Francia distinta a aqueloutra que se negou recoñecer a propia morte de Foucault a causa da SIDA, “e moito menos condonar as relacións homosexuais na súa vida”. Neste senso, segundo N. Luxon (2019), talvez o obxectivo máis claro do volume é esa Francia católica e pequenoburguesa que “aínda pensa no matrimonio enraizado na procreación e a represión do desexo, como algo natural para a política. Desafiar estes termos é procurar outra forma de vida”. Sinxelamente, procurar unha vida.

2 comentarios en “Foucault, unha Historia incompleta

  1. Grazas, querida Magdalena, polo dobre agasallo, o das citas e por ilustrarnos con exemplos da historia, cousa que enriquece a miña achega.
    Respecto do idioma fuches, coma min e varias xeracións, outra vítima dunha represión lingüística que durou máis de corenta anos e, dunha forma subtil e perversa, malia os avisos de institucións internacionais como o Consello de Europa, a Xunta segue a incumprir de xeito descarado.
    Saúde, e moito gozo.

  2. Querido Fidel:
    Hoy, como estoy un poco apurada voy a escribirte en castellano porque lo hago con más fluidez que en gallego. No me ocurre como al pintor de tu libro “Arte na esquizofrenia e outros excesos” que “para evitar a traizón da sua propia habilidade, intentaba pintar coa esquerda”. Yo, ni en un idioma ni en otro pero, con el que aprendí de pequeña, me desenvuelvo un poco mejor. Cosas de la mente, ele/mental.
    Aprovecho esta respuesta para decirte que, me daba miedo meterme en tu libro porque el título me decía que no iba a entender nada, pero, no ha sido así. Te felicito por la calidad del mismo y lo recomiendo. Es buenísimo.

    Sobre la homosexualidad de Platón y otras figuras de la filosofía, como por ejemplo Aristóteles, sí, he leído algo, y el hecho de que fueran bisexuales e incluso pederastas inclinados más a los muchachitos en flor que a las mujeres, los griegos la justificaban por razones históricas. Decían que todo comenzó en Creta donde el propio Estado la regulaba y toleraba para evitar la superpoblación.
    El rey Minos estaba prendado de un atractivo muchacho. Este ilustre precedente ennoblecía la institución.
    Querido Fidel, para gustos, los colores. “Amado -Amante, aquela na cal o que ama -e ao mesmo tempo amado”. ¿ Reconoces esta frase ?

    Moitos castos biquiños palmeiráns.

    LIGAR ES RECONOCER SER ÁGIL, decía Eulalio.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *