O “meu” can de rastrexo

img_42024_ins_3741247_600Mauricia Ces Quintáns. Cando a miña memoria por fin se evada, que o incineren ao meu lado. Non estaba previsto; ao contrario. Unha forza invisible ábreme os ollos. Non é o meu desexo, pero faino. Esperta na madrugada. E non é de día. Ao menos faltarán dúas horas; non soou a alarma. Tiña decidido quedar na cama, que durmiría, en serio, que durmiría polo menos as oito horas prescritas, razoables; debo coidarme. É igual. Sabe que fago trampas.

            Levántome e realizo, completo, o ritual da nada. Sábado, non lavo a cara; duchareime máis tarde. Poño o cazo ao lume, (unha anticuada), co café de onte mesturado con leite sen graxa (que moderna). Despois de fumar vou ao baño. Vexo as noticias de Google sentada na taza. Chéirame a caca. Seino.

            Si, sábeo; sábeo todo de min. O consumo de luz. O tabaco que gasto; se o merco no bar da praza ou no estanco; se padezo dos bronquios ou teño sibilancias. Cando teño a caca dura, cando é branda. Se tomei verduras ou cantos hidratos. Seino; sábeo. Coñece o olor do meu PH. Posúe o meu perfil plano, opaco; diáfano. Sen ter o meu retrato recoñece a miña cara e, nunha foto de grupo, como non ía guapa, etiqueta a miña imaxe. Escribe o meu diario; cando perda o siso deixará constancia.

            Non é preciso que me achegue demasiado: intúe a dirección, deduce a intención, calcula a distancia, mide profundidade das pisadas e o número que calzo. Se me levanto do sofá oe os meus pasos. E ladra. Avísame: tiiinnggg¡¡ un whattsApp. Mírao¡¡ Tes un recado.

9 comentarios en “O “meu” can de rastrexo

  1. Síntome ufana e resollante polos vosos piropos, queridas Mauri e Naty.
    Mil graciñas, pero penso de verdade que son inmerecidos. De todas maneiras, que Deus sexa sempre xeneroso con xente tan boa como vos sodes.
    Moitos biquiños para as duas.

  2. Ola, Naty. Eu tamén como gato panza arriba me defendo, non vaias pensar.. O peor, corrixir este trebello. O que conta é o esforzo. Todas as linguas son válidas, digo eu… Por otra parte, os meus veciños posiblemente saiban de min más que eu mesma, pode ser. E agora será o estrelato, o lanzamento interestelar.
    É broma todo. Non durmin. Estou de hospital e non te vin ata agora.
    Apertas, Naty

  3. Mauricia: Como puedes observar, mi gallego es muy deficiente. Lo digo al despedirme en mi comentario, cuando debiera ser dende en vez de. Disculpa: Un non dá máis no seu idioma. Un bico dende Palmeira.

  4. Mauricia: Me gustaría actuar como Magdalena en infinidad de cosas porque, si he de ser sincera, considero que es una mujer completa, allí donde las haya. Sin embargo, debo confesar, que respecto al móvil, no tendría que hacer modificaciones, ya que no tengo esa cantidad de teléfonos, de amigos, para agobiarme.- Dicho esto, paso a lo tuyo que fue lo que realmente me ha traído por aquí.

    A muller de precaución vale dous.- Quero dicir como se librou do teléfono móbil. Non obstante, considero que se as súas coordenadas teñen ese alcance que vostede indica, os veciños descubrirán os seus segredos ou intimidades. – Xa coñeces a xente dos lugares pequenos.

    Gustoume a narración.

    Unha aperta de Palmeira.

  5. Ola, Naty. Gosto en saudarte.
    Este estraño “non ser”, se non actuamos como Magdalena, rematará por modificar os os biorritmos.
    O meu vello, tiña 4 anos cando empezou a facer “perrerías”. Xa en desuso aproveiteino para utilidades de linterna e cálculo. Unha madrugada comezou como a reconfigurar se, además de ter admitido novas aplicacións. Como non acababa, collín medo que me estoupara na cara, e leveino para a horta. Ali está, baixo a chuvia, emitiendo quen sabe que coordenadas sobre as nubes e as estrelas de Sartaxes.
    Bicos

  6. Encantada de volver Magdalena.
    No meu caso, ao contrario, é un medio de proximidade. Do día á noite lévoo comigo na xaula. Pero, co pico aberto ou pechado, este medio can medio galo é un animal sospeitoso, actúa de maneira estraña.Tómase demasiadas libertades.
    Bicos.

  7. ¡JAJAJA! Mauricia: Ata que cheguei ao final da túa narración, pensei que o actor principal era un can, por mor dos ladridos e incluso da súa foto, e ao final foi o móbil. Por suposto, o can non podería facer todo o que dis, aínda que sexa considerado “o mellor amigo do home”.
    Saúdos

  8. Fai o que eu fago, Mauricia, despóis de mandar os bos días a todos os meus queridos compañeiros e familiares, cérrolle o pico e esquézome del ata a noite, se quero ser un pouquiño independente. Así poderás aliviar o metabolismo tranquilamente sen espías.
    Un gosto verche de novo aparecer pola Cafetería.
    Biquiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Mauricia Ces Quintans Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *