Ideas brillantes

682957_poster_lMauricia Ces Quintáns. Chegou o momento: había que pintar arriba. A casa levaba anos case deshabitada. Só nas reunións familiares con ocasión das festas máis sinaladas volvía encherse como antes; e as habitacións, deshabitadas a maior parte do ano, precisaban unha man de pintura.

          A esa conclusión definitiva chegou a dona tras considerar que os poucos euros que conseguiu furtar a outros gastos, que non aforros, debía investilos nesa necesidade. As raspaduras, fendas e humidades sinalaban o mapamundi de desatención nas paredes cubertas de anos e de esquecemento.

          Testemuñas silandeiras, o aire, que arroupaba as camas como nun fantasmal asilo abandonado, e as espectrais lumieiras de obra de toda a vida penduradas dos teitos como acabada de construír a vivenda. Mesmo as lumieiras podían ser as primeiras, co seu po acumulado.

          A dona tiña as ideas claras. Claras e brillantes. Sempre as tiña; maiormente no tocante a este tema. Aínda así adoitaba pedir consello. A ampla paleta que lle presentaron os pintores, como cada vez que se trataba de cores, deu para o seu. A cada un dos fillos, netos e visitantes que se deixaron caer pola casa ensináballes o parchís e facíalles a enquisa para explicarlles que debían chegar á idéntica conclusión: a súa.

          Igual que no de abaixo, na entrada; así, quedaron as paredes do corredor: por arriba amarelo limón, e por abaixo, verde limón; separados por unha franxa branca de escaiola. Respectou nos interiores as preferencias dos usuarios: eslamiados, insulsos e anódinos: branco. Embaixo non. Embaixo pintou os dous dormitorios de azul-azul, algo claro. A sala de verde musgo, verde céspede ou verde planta. O comedor verde azulado ou verde-auga. O tiro das escaleiras e o corredor, desde o pórtico ata a porta do cuberto, amarelo. Amarelo vibrante.

3 comentarios en “Ideas brillantes

  1. Queridas Magdalena e Naty: estiven nun tris de mencionalo. Foi Deus. Quitoumo da boca. Contaba con vós, para ver se estabades atentas e o botabades a faltar. Tanto o parchís como o arco da Vella poideron ser os títulos. A verdade é que é máis divertido (as cores). Un pouco desconcertante… Está ben o dos peóns (teño que tomar notas). Onde haxa Unha muller Muller… (Non me vai chegar un folio). Moitas apertas, queridísimas. Saúde

  2. Mauricia: Magdalena dice, que la casa le recuerda a un parchís por sus coloridos.- Y, a mí, el arcoíris pero faltando también el rojo.- Al igual que la mujer de tu narrativa, no suelo pedir consejo porque al final, en la mayoría de los casos, hago lo que mejor me parece.
    Me han gustado tus “Ideas brillantes”.
    Un beso.

  3. Si non contei mal, aínda lle faltaba o vermello para poder xogar ó parchís cas cores da casa. Así me gusta, era muller de ideas despexadas, pois aínda que pedía consello, a última palabra tiña ela; non facía coma aquel capataz tan malo, que nin xogando ó xadrez sabía mover os peóns.
    Unha aperta moi grande, Mauri. Un gustazo toparche polo Café

Deixa una resposta a Naty Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *