Dilema

0Marina Losada Vicente. Deiteime coa pregunta e levanteime con ela. Non é tanto o problema técnico, que tamén, é un dilema moral. Atendo o meu ego? Fago o que me pide o corpo, a cabeza, o espello? Fago o que necesito facer, aínda que ata hoxe fosen outras mans as que operaban o milagre?

Por favor, por favor, por favor… faino! É necesario. Pensa en ti, dime traveso o meu demo egoísta. O demo solidario, alturista el, dime que non, que iso non se fai. Que non tes que pensar só en ti, tamén está ela, a especialista, a túa amiga, aquela que escoita… e que escoita… e que de cando en vez aconsella.

Pero é importante estar agusto contigo mesmo. Sobre todo en estas circunstancias, dinno as psicólogas. Que sexas ti. Por outro lado, están as mensaxes todas de que hai que dinamizar a economía, revitalizala en canto saiamos desta, apuntalala, pensar nas tendas de barrio, nas persoas autónomas… hai… que difícil!

Que ata se pide que minoren o IVE como ben de primeira necesidade! Escoitei ben? Ben de primeira necesidade! Pois adiante, decídete. É xa unha necesidade, hai semanas que o é! Auténtica necesidade! Máis alá do resultado final, que non vai ser o mesmo, claro está, polo menos saberás que o intentaste, que fuches quen, que es capaz de superar as dificultades! Veña, ánimos!

Estou diante do espello, coa maquiniña de barbear do fillo na man, e sego sen saber que facer. Mentres, os pelos das pernas, en lugar do xel de ducha, piden champú!

4 comentarios en “Dilema

  1. Querida Marina: Me has tenido en vilo hasta el final… Esperaba cualquier cosa, pero nunca el giro que ha tomado tu relato. ¡Formidable!
    No es a ti sola a la que crean dilema los pelos. Los míos están en el bigote y la barbilla y como no busque remedio antes de acabar el enclaustramiento, igual salgo a la calle metamorfoseada en Carmelo. A ver qué puedo hace con unas pinzas de de depilar…
    ¡Qué bien condensas -hasta con suspense- en un minirrelato una de las cuestiones más antiestéticas del sexo femenino.
    Unha forte aperta.

  2. Bo día: Hai límites que mellor evitar. Podendo ser. Cando a vista trata de non ver… ou a cabeza empeza a argallar explicacións! Cando decides que o pantalón largo é a mellor medida aínda que quente o sol… Encantada de lerte, Magdalena. Bicos

  3. Querida Marina:
    Despois de asearme, a miña rutina diaria é untar a cariña de crema, pintar a liña dos ollos e os beizos. Os primeiros días deste encerro seguía co mesmo hábito, pero como teño que andar cunha bota ortopédica que me pesa e molesta moito, o mal humor fixo que deixase de lado tal rutina. Pero iso só durou un par de días porque cada vez que pasaba por diante do espello tiña gañas de tirar con el pero, recordei aquilo que dixo Quevedo “Arrojar la cara importa, que el espejo no hay por qué” e retomei o hábito.
    Os árbores en otoño cando van perdendo a clorofila e os carotenos van gañando en protagonismo póñense preciosos; pero nos non somos árbores e temos que engadir nos mesmas ós carotenos artificiais , pois non hai que sacrificar a felicidade pola comodidade.
    Non deixes de poñerte guapa e pásalle a maquiniña canto antes, xa verás que a gosto te quedas.

    Un pracer ler sempre os teus inusuales artículos. Moi bo, Marina, fantástico.
    Biquiños palmeiráns.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *