Unha canción para o peche de Rockdelux

EXKETvkXkAAOabAGonzalo Trasbach. Recordade amigos: <Había na terra de Hus un home chamado Job (Job, 1,1). Era xusto e rico. Pero en pouco tempo a desgraza caeu sobre el e perdeuno todo. Prostrado nunha esterqueira, abandonado, debátese entre o berro e o silencio>. Tamén sobre nós caeu unha maldición. A lectura da Biblia e a música son dous potentes baluartes, coma drogas duras, que me axudaron a soportar a miña propia estupidez e a levar da mellor forma posible esta peste que chegou de súpeto, sen avisar (ou non) pola noite, coma os ladróns.

Durante a reclusión (unha longa experiencia como a daqueles exercicios espirituais que realizabamos na Residencia de Santiago), os que gustamos da música contemporánea recibimos outra contundente mazada, aínda que talvez máis agardada: a desaparición da revista musical Rockdelux, sen dúbida todo un referente para “estar ao día” das cancións e artistas que dominaban a escena nacional e internacional, e cuxa travesía durou 35 anos.

Cando coñecemos esta mala noticia, pensamos en buscar unha canción para renderlle unha pequena homenaxe a unha publicación que, ademais da crítica de discos, películas, libros e cómics, series televisivas e falecementos, relatábanos as historietas das cancións e dos artistas que crean e interpretan as melodías que poboan a paisaxe sonora do pop e do rock. Andabamos nesta busca cando un día tropezamos cunha que nos “enganchou” moito aos que eramos adolescentes na década dos 70: Stairway To Heaven de Led Zeppelin, grupo que formaban Robert Plant (cantante), John Bonham (morreu en 1980 con 32 anos; batería), Jimmy Page (guitarra) e John Paul Jones (baixista).

ba7a45cf779c010bcf17ca835ef7efa7Stairway To Heaven publicouse en decembro de 1970. Está pois a tiro de pedra de acadar cinco décadas de existencia. E interpretouse por vez primeira en Belfast (Irlanda do Norte) o 5 de marzo do 1971, oito meses antes da aparición do disco onde estaba encaixada (“Led Zeppelin IV”), en novembro do 71. En Belfast, como non a coñecía, o público recibiu cunha “morna reacción” aqueles dez minutos de liturxia rock que é o que é esta canción, segundo comentou posteriormente Jimy Page.

A melodía ten xerado, ademais, unha enorme polémica por mor do contido da letra, que di así: <Hay una dama que está segura de que todo lo que reluce es oro; y está comprando una escalera al cielo, y cuando llegue allí sabe que si todas las tiendas están cerradas con una palabra puede conseguir lo que ha ido a buscar>. Dado o seu carácter abstracto, uns viron nela un certo ton satánico agochado, mentres que outros interpretan todo o contrario. Ademais foi denunciada por parte do grupo californiano Spirit (1968) por plaxio de Taurus, do cal acabou absolto a banda británica. A canción, unha ou talvez a máis radiada da historia do rock, ten xerado 500 millóns de euros en dereitos de autor. Trátase dunha historia e unha repercusión demasiado grandes para asimilar que a letra relata a secas o capricho dunha muller.

robert_plant____led_zeppelin_id_by_rockdelux_da662mj-350tFoi o catro de maio cando soubemos que os principais responsables (Santi Carrillo, director editorial, e Juan Cervera, director executivo) e redactores anunciaron o peche de Rockdelux, unha revista que chegou hai uns cantos días por última vez aos quioscos, logo dunha traxectoria de 35 anos, aniversario que celebrou o pasado mes de novembro cun número dedicado a repasar o mellor da década 2010-2019. O derradeiro exemplar da revista esgotouse nos primeiros días, pois tratábase dun fito histórico. A crise da prensa de papel, a atomización da información, mesmo da súa banalización vía redes sociais, é dicir o imperio do efémero fronte á reflexión e a análise, tiña contra as cordas a publicación barcelonesa, que caeu derrubada na lona coa aparición do COVID-19. Rockdelux arrancou en 1984 con parte dos xornalistas e colaboradores da mítica Vibracións e da posterior Rock Espezial. Arestora, no panorama nacional só resisten Ruta 66, La Heavy y This Is Rock…

2 comentarios en “Unha canción para o peche de Rockdelux

  1. Bos días amiga Magdalena. Lendo a Biblia prometín que non diría case nada do confinamento, aquí só rozo dúas das cousas que fixen, outras son máis ben inconfesables. Gracias polo teu comentario. Seguide coidandevos, pois talvez…

  2. Buenos días querido Gonzalo:
    Has elegido para meter en parte de tu entrada uno de los libros Sapenciales de la Biblia, que junto con los Proverbios y El cantar de los cantares tal vez sea el mejor de ese Gran Libro. Pienso que tanto creyentes como descreídos, de vez en cuando deberían echarle una ojeada. Ya veo que tú lo conoces.
    Yendo a la parte positiva de esta pandemia ( de la negativa es mejor no hablar ) hemos tenido más tiempo para leer, tiempo para escuchar música y tiempo para meditar. Es cierto que este confinamiento nos produce cambios de humor, unas veces nos da por estar jocosos y otras sombríos cada vez que oímos a través de la televisión esa verborrea monocorde, pero… Paciencia, como la del santo Job.
    “Lo demás se os dará por añadidura”.
    Besiños palmeiráns, querido Gonzalo.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *