A terraza indiscreta

unnamedX. Ricardo Losada. O primeiro día de confinamento, nada máis acceder á terraza do meu ático con intención de ler, veume á cabeza unha película que había moitos anos que non vía, A ventá indiscreta, de Alfred Hitchcock, con James Stewart e Grace Kelly. O protagonista, un fotógrafo profesional, confinado nunha cadeira de rodas no seu piso porque ten unha perna rota, pasa case todo o día mirando pola ventá o interior dos outros pisos pois, como hai unha onda de calor na cidade, teñen as ventás abertas, e acaba crendo, por diferentes indicios, que un dos veciños cometeu un asasinato.  O confinamento pásalle voando investigando esa hipótese, que comparte, se non recordo mal, coa noiva e un amigo policía.

     O caso é que eu, preocupado polo que prevía unha longa corentena, vinme de súpeto observando con detemento todo o que podía ver desde aquela terraza, non con intención, desde logo, de descubrir entre os meus civilizados veciños un asasinato (tamén eran civilizados os de James Stewart, pensei para non perder totalmente a esperanza), senón de comprobar os cambios que o confinamento me ofrecía. Non moitos, a verdade. Vivo nun barrio moi tranquilo e, desde a terraza, só podo espiar as terrazas dos primeiros pisos de catro edificios. vecindarioOs principais: un matrimonio xogando ao parchís todas as tardes; un veciño facendo movementos articulares ás doce da mañá; uns nenos xogando á pelota co entusiasmo de non estaren no colexio; un afeccionado ás carreiras populares correndo pola súa ampla finca; un panadeiro repartindo o pan con máscara e guantes. Como vedes, nada que puidese interesarlle a Hitchcock.

      Por suposto, centreime en espiar a partida de parchís, o único que, ao meu entender, podía dar pé a unha novela ou a unha película de intriga, por moi mala que fose, desexando que aquel matrimonio estivese composto por dúas persoas moi competitivas e de moi mal perder. Pero alguén fixera mal o casting. Aquel matrimonio nin sequera cumpría esa regra que recomenda que os membros dunha parella teñan calidades complementarias. Os dous eran tranquilos, civilizados e de bo perder. Nin na primeira partida anotei quen gañaba. Estaba seguro que nin sequera apostaban quen tiña que fregar ou facer a cama ou tirar o lixo.hqdefault E cartos, tampouco, pois era evidente que alí non había separación de bens. Se quería algo de intriga, tiña que facela eu (tirarme da terraza abaixo foi o primeiro que pensei) ou buscala nun deses libros, tipo Domingo Villar ou Andrea Camilleri, aos que nunca fora moi afeccionado. Así que pasei a corentena recordando algo que conta a escritora Anna Wiener. Cando traballaba nunha empresa tecnolóxica de Silicon Valley, os enxeñeiros e directivos sabíanse tan poderosos que se permitían xogar, de vez en cando, ao que eles chamaban o modo Deus: espiar a capricho a intimidade dixital de calquera usuario. De calquera, non, corrixíame cada vez que miraba aquela partida de parchís. Os meus veciños poden vivir ben tranquilos.

2 comentarios en “A terraza indiscreta

  1. Prezada Magdalena:

    Xa sabes que no mundo non hai vicio nin virtude. O vicio e a virtude están na mente de quen mira. Iso fai todo máis complicado, pero tamén nos dá máis oportunidades de divertirnos.
    Tes toda a razón. Eu non quero a nova normalidade. Quero a normalidade!

    Máis apertas

  2. Ya ves para cuánto da un confinamiento. Por lo menos la concupiscencia queda relegada y lo inmaterial prima en estos días.
    Ver a una pareja jugando al parchís ya nos emociona y entretiene, y echamos al vuelo nuestra imaginación emulando situaciones y personajes que nos han entretenido.
    Te diré que James Stewart, para mí, ha sido uno de los que más he admirado. Como anécdota te diré, que él era comandante de aviación, y aceptó ser el protagonista de “Qué bello es vivir” al conocer que Frank Kappra era el director. Al acabar el rodaje, lo ascendieron a coronel.
    Y como ya me he ido por los cerros de Úbeda con mis anécdotas, para terminar, quiero expresar mi deseo para todos , que es el de “palpar” en vivo y en directo cuanto antes a nuestros seres queridos, pues en mi caso, ya tengo a flor de piel esa hormona que estimula la necesidad de ser tocados, ¿ oxitocina ?
    Un abrazo ( de momento virtual ) desde Palmeira, querido profesor.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>