Concédesme este baile?

depositphotos_273820294-stock-illustration-dancing-preschool-boy-and-girlMarina Losada Vicente. Cantas veces vivín eu a mesma situación, veña e dálle, no meu maxín. O meu corpo, teimudo, sentía cada vez a túa invitación ao baile. Unha man acariña a cintura. A outra recolle a miña para iniciar xuntos o voo. Dúas bolboretas nunha danza nupcial.

Cada vez e todas as veces que escoita tocar a gaita, muiñeira ou xota, peza lenta ou rápida, o meu corpo sente unha forte chamada ao movemento. A necesidade de bailar percorre cada poro da miña pel. O único que me fai permanecer estática, e non moito, dado o meu sistema nervioso inclinado a abanear, é a presión social. Unha muller non debe bailar soa nin sacar a bailar a un home.

Hoxe, 11 de xuño de 2020, san Benito, e coa neta da man, uninme á roda que se formou na praza para vermos a actuación dun grupo de baile tradicional. Cando sentín os primeiros compases, e como me pasa sempre, fixen un movemento cara adiante, facéndome ver, e busquei coa mirada un bailador que me convidase a saír a pista. O desexo era inmenso. Que me saquen a bailar! Xa non ti, que che dei por perdido. Que me saquen a bailar! Quen sexa, ten o si asegurado.

Nese intre caín na conta de que vestía sen manga, nin chaqueta que me amparase, e que levaba unha invernía toda sen depilar as axilas. A miña imaxe bailando unha muiñeira na punta dos pes, o corpo recto, mirada á fronte, buscando os ollos da parella, o sorriso cómplice de todo bo bailador, os brazos abertos, esvarouse. As mans debuxando castañolas, facendo soar os dedos… Vireime encarnada sentíndome na obriga de dicirlle que non ao meu danzante de ficción, por estar sen depilar! Recordei a Castelao, o bailador da Sabela, que o recibe de vella, e boteime fóra da zona de baile.

Con esa imaxe na cabeza, mirei atrás e no medio do torreiro, a voz que me chama, invitándome ao baile, trae con ela os ollos negros máis negros que xamais mirei. Só que agora aparecen velados por un inicio de cataratas e o anuncio de que, mentres viva, ningún virus vai ser quen de matar a miña ilusión.

2 comentarios en “Concédesme este baile?

  1. Bo día: Eu tamén tiven unha canción “especial”, Magdalena. Pero no meu caso, inventada. Non a canción, “en la arena escribí tu nombre y luego yo lo borré… Maria Isabel”, se non a historia romántica que non tivo lugar. Non quería ser menos e fíxenna miña. Tempo hai que non me acordaba dela. Bailar sempre quixen. Sempre. Agora menos, que me limitan os xeonllos, máis poño por testemuña a Antón, o meu neto, de que sego nelo. Bicos.

  2. ¡ Qué recuerdos, Marina !
    Siempre fui una incansable bailarina pero, bailaba con todos menos con el añorado y tímido ausente. El día que se atrevió, pensé que el corazón había dejado de hacer su función; tuve que buscármelo con la mano, y cuando me lo denunciaron los latidos, ya estaba pegada a su cuerpo bailando la canción “Para que no me olvides” .
    Aquella noche, bajo un precioso cielo constelado y los cadenciosos ecos de la serenata, J.M. y sus compañeros me dedicaron la misma canción. Fue el preludio de algo que ha perdurado hasta el día de hoy.
    Yo también espero que el virus no pueda separarnos.
    Biquiños, nosa Marina. Creo que me puxen un pouquiño cursi pero, vou a darlle a enviar antes de que me arrepinta. A culpa foi tua por escribir cousiñas tan bonitas.

Deixa una resposta a marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *