Outro día calquera

imagesMauricia Ces Quintáns. –Vai á merda¡ Así de claro.

A traxedia víase vir. Unha bóla de billar fulminada polo tapete verde, dende tempo atrás; dende o primeiro, seguramente. Incluso antes. Antes, cando aínda non estaba. Pero facía as beiras. Daquela maneira. Como unha chama inflamada. Opositaba. Si, xa daquela dera mostras incontrovertibles de que pasaría por riba do aire. Estaba na súa natureza. Como a cor dos ollos, a pel eslamiada de fumar, a calor; e conxelar o espazo de todos coas ventás de par en par, polo lombo, porque si; porque a súa mente imparable buscaba algo. E atopábao. Por iso as pílulas de durmir non a saciaban. E se se lle poñía no corno que ía calor, nin toda a auga do deserto podía calmala.

            Pasaron os días. Un tras do outro, como adoita suceder. As estacións agora esvaecidas fuxiron como follas do calendario. Os meses deron paso aos anos. Existiron pequenos conatos de lapas incendiarias por ambas partes; leves enfrontamentos desencadearon tormentas de sarabia que deron paso a cicloxéneses explosivas cada vez máis escuras e aireadas. Agora, si¡¡ Agora xa, chegado ao cumio, non ía soportar máis as intromisións da xerala do cuartel sen mando, as ordes indiscriminadas, a voz imperativa e autoritaria, polas bravas. Nunca máis¡¡ A partires dese intre, as estacas quedaron chantadas en cada linde da leira; inamovibles.

            –Á merda vas ti, porque ti xa es merda¡¡

Semellaba outro día calquera no entorno laboral, dividido polo Covid 19 en compartimentos estancos de cristal temperado. Sucedeu sen pensar. Un xoves. Á media mañá soaron disparos.

2 comentarios en “Outro día calquera

  1. Bos días, esperada Mauri:
    Xa sabes que hai xente neste cosmos que está máis zumbada cao peito dun gorila, e despois de moitos anos de rencor invencible, pasa o que pasa.
    Unha cousa e o resentimento, e outra a necedade.
    Encantada de verte pola Cafetería.
    Biquiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *