Caderno

walt-whitman-commonplaceMarina Losada Vicente. Esqueceu moitas cousas na vida, mais nunca esqueceu a quen lle quedara a deber. O caderno dos impagamentos descansa no fondo do último caixón. Non o mira desde hai anos, nin falta que lle fai. Ver a cara lavada dalgunha veciña, que sen pudor algún prometeu pagamento e ata hoxe, segue levantando feridas. Saber que era un sinal de identidade, que quen debe dez pode deber cen e camiñar igual coa cabeza erguida. Saber que non foi necesidade, senón soberbia de quen se cre superior.

            Cando desistiu do cobro, gardou o caderno como explicación necesaria a quen compartise con ela o negocio no futuro. Que hai xente que non paga, aínda que lle deas nas mans. E ben poderían! As primeiras anotacións son de cando abriu a tenda, nas que ten un lugar relevante a Engracia, unha veciña que podería pagar, vaia se podería! As segundas están de mans da empregada que despediu pola crise. A última parte do caderno está case baleira, a necesidade fixo que deixase de fiar, a non ser a xente de toda confianza.

            Podería queimalo de vez, agora que bota o peche, pero prefire arrancar folla por folla, machucala ata acabar nunha boliña e facer puntería coa punta dos dedos polgar e medio, como cando de nena xogaba ás bólas, só que hoxe o papel peta contra os miolos da súa cabeza,  naquela zona na que non prende o esquecemento. O maldito virus faina pechar na mesma semana na que o neto casa, por fin conseguiu todos os papeis, co neto da Engracia.

3 comentarios en “Caderno

  1. Boa tarde: Non é fácil esquecer certas cousas. Quen me dera! Por moito tempo que pase, cando atopo a determinadas persoas volven á miña cabeza circunstancias que me “tocaron” no seu momento. Sexan boas ou malas. Non son quen de borrarlas. Mesmos frases sen importancia algunha, diante de actos que repito a diario. En fin, hoxe o que me ben á cabeza é unha canción que cantabamos cando dabamos “punto” na escola… dado que collemos vacacións de verán.Bicos. Ata setembro, Café Barbantia!

  2. Querida Marina, cando o azar decide intervir… Xa ves, agora terá que esquecelo todo. Pero eso sí, creo que nunca lle poderá dicir á Engracia o que lle dixo Claude Rains a Humphey Bogart ao final de “Casablanca” : “Esto puede ser el principio de una buena amistad”.
    Biquiños palmeiráns.

Deixa una resposta a paideleo Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>