A tenda do señor Bruzos

inline_image_previewMarina Losada Vicente. Entramos a tropel na tenda. Cinco amigas. Doce anos. Mociñas. Pedimos galletas por unidade. Daban catro, creo lembrar, por unha moeda, penso que de cinco pesetas. Un peso, chamábase a moeda. Por un peso tiñamos catro galletas. O dono era un vello. Verde. Mesmiño. As rapazas coma nós poñíano. Nervioso. Xa daquela o sabiamos, sen entender moito. Sen atender.

Pola rúa de Abaixo, coas galletas na man, fomos comendo nelas. Ao chegarmos a praza, Loli preguntou cantas tiñamos cada unha. Catro, ía dicir eu, cando Mari dixo que ela só cinco.

-Eu teño seis! -escoito abraiada. Todas mercáramos un peso de galletas. Catro tiñamos que ter cadansúa. E aquela de agasallo que lle dera o tendeiro a Rosa, porque lle fixo algunha graza que mereceu o presente. E fora aí, mentres lle facía a graza -despois souben que programada-,  que as miñas compañeiras aproveitaran para botar man dalgunha galleta de máis.

Chegando á praza as galletas todas estaban na barriga. Todas non. Faltaba unha. Eu botei a man ao peto e saqueina vitoriosa:

-A miña galleta número cinco! -que en realidade era a catro.

3 comentarios en “A tenda do señor Bruzos

  1. Pues no, querida Marina. No había retranca en absoluto. Debí obviar el “hoxe sería” del profesor, y me quedé con “hoxe rematan as festas” y dí por sentado lo de las bengalas. Imagínate, si tuviera bien el pie, seguro que me presentaba por Rianxo a ver mis imaginarios “fogos de luces”.
    Dende que non me pinto os beizos…

  2. Querida Marina, ni siquiera un buen sastre puede camuflar a un sinvergüenza . Una persona con mal gusto desconoce su vocación de grosería. Teníais que haberle llevado todo el surtido de la tienda por ser responsable de su irresponsabilidad.

    Moitos biquiños, reiniña. Disfrutade dos fogos. Eu non podo ir porque non me podo calzar. Unha forte aperta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>