Filosofía do coronavirus

cafe-godot-en-el-barrio-de-gracia_5_570x340X. Ricardo Losada. É posible que o primeiro que pensases ao ler o título teste texto fose: Mira, neniño, estou farto do coronavirus. Por que non me falas doutra cousa? Se así foi, a resposta é moi simple: Porque quero falar do coronavirus. E teño dereito, coma ti o tes a non lerme. Non é así? Mellor dito: non debera ser así? E fago esta puntualización porque, a pesar de que a miña resposta é de sentido común, cada vez prolifera máis ese tipo de persoas (eu chámolles parlantes absolutistas) que queren, non só falar do que a eles lles apetece, algo moi lícito, por suposto, senón que os demais falen do que a eles lles apetece ou, cando menos, que non falen do que a eles non lles apetece, e iso é fariña doutro costal. Cando eu era neno, non se podía falar nin de comida nin de cartos. Cando era adolescente, nin de fútbol nin de política. Agora, nin de traballo nin de calamidades. Aínda máis. Non só che prohiben falar de certos temas, senón que mesmo che queren impoñer como falar. O outro día, por exemplo, contei este chiste, que acababa de ler nun libro dun escritor chileno: Un chileno volve á casa coa cara ensanguentada, coxeando, a muller pregúntalle que lle pasou e el responde que lle pegaron entre varios amigos porque o confundiron cun arxentino. Y por que no te defendiste?, pregunta ela. Porque me encanta, responde el, que les peguen a esos concha de su madre. Sabedes que me dixo unha persoa que estaba presente? Que como eu, un profesor de Ética, contaba ese chiste se fomentaba a xenofobia e a violencia.

Así que, se ti es un lector absolutista, podes exercer o teu dereito de deixar a lectura aquí, e buscar textos máis apropiados para a túa hixiene mental. Non vou criticarte. Ao contrario. Terás a miña comprensión, e o meu agradecemento por facer mutis polo foro sen ameazarme cun Deus, sagrado ou laico, que me castigue.

Hai anos invitáronme a participar nun faladoiro literario na miña vila. Tratábase de ir unha vez á semana a unha cafetería e falar dun tema, tipo intelectual, previamente determinado. Non me animei. E non porque me parecera mala idea, senón porque non vai coa miña forma de ser. Encántanme os temas de tipo intelectual, encántanme os bares, pero hai algo en min que se incomoda cada vez que me propoñen unir eses dous conceptos. Daría encantado unha conferencia (de feito, xa a dei) sobre as repercusións da filosofía de Platón no Barbanza, ou escribiría encantado un libro (de feito, xa o escribín) sobre as influencias da filosofía de Nietzsche nunha alumna do IES Félix Muriel de Rianxo, ou pensaría encantado (de feito estouno a facer estes días) sobre o seguinte problema filosófico: se unha persoa casada viaxa nunha máquina do tempo ao pasado, e se casa, pode considerarse que é bígama? Todo iso é certo. Pero tamén que nunca iría a un bar a tomar un café para falar premeditadamente deses temas. No meu corazón, non na miña mente, os conceptos bar e intelectual nunha mesma frase implican unha contradición nos termos. Se é bar, non pode ser intelectual. Se é intelectual, non pode ser bar.

Aclararei deseguido o que estou dicindo pois, quizais, estea sendo un tanto impreciso:

Téñolle moito cariño aos bares, e aos bares, como os da miña nenez e adolescencia, onde a maioría do que se facía, era criticable, desde un punto de vista racional, pero moi humano, desde o punto de vista emocional. Como non quero estenderme moito, direi a razón cunha cita de J.R.Moehringer, que escribiu un fermosísimo libro titulado O bar das grandes esperanzas, referíndose a un bar onde atopou nos clientes masculinos un refuxio para suplir o abandono do pai: Beber na casa era de alcohólicos. Sempre que un bebera publicamente, sen ocultarse, non era un borracho. Non te alporices, querido lector. Fai unha pausa e evita aplicar os teus prexuízos a esa frase. Non penses que favorece o vicio e o alcoholismo. Non penses que fomenta os botellóns. Non penses que defende algún dexenerado tipo de virilidade etílica. Aínda que sexas abstemio, se lle dás unha oportunidade, e a probas, aínda que só sexa lixeiramente o seu aroma, embriagaraste cunha fermosísima lección de humanidade. Explicareino cun exemplo. Cando tiña quince anos souben que o pai dun amigo descubrira que a muller bebía na casa ás agachadas, e deulle unha malleira. Á marxe do demente machismo que transluce a historia, recordo que o que máis me impactara fóra pensar na inmensa soidade (máis dura aínda que a malleira) que debía estar a sufrir aquela muller.

descargaE xa que o recordo desa frase de Moehringer me embriagou, direi algo, que tampouco pensaba dicir, coa seguridade de que me vou arrepentir, sobre todo se chega a sabelo a inspectora do meu instituto. Máis que levar a filosofía aos bares, algo que, só de pensalo, me produce unha profunda depresión, o que eu intento, tanto cando escribo como dando dou clase, é levar os bares á filosofía. Embriagarse de filosofía nos bares é de borrachos pedantes (quen non coñece a algún tipo que, cando bebe, se pon —no mal sentido da palabra— filosófico?). Embriagarse de bar nunha clase de filosofía é de bos bebedores, deses, como din os psicólogos, que teñen bo viño, é dicir, que se volven máis cariñosos e simpáticos. Se levase a filosofía aos bares, acabaría competindo cos meus compañeiros de faladoiro por ser o máis profundo e brillante, e acabaríamos, como acaban a maioría deses faladoiros, como o rosario da aurora. Porén, levando os bares ás clases de Filosofía, consigo que os alumnos se leven mellor entre eles e comigo, e que esquezamos (sen eliminalas, como fai o bo taberneiro) as xerarquías. Como diría o autor de O bar das grandes esperanzas, os homes das novelas de Dickens (e así intento eu que sexan os meus alumnos de Bacharelato) eran tremendamente competitivos, pero nunca xamais deixaban que o xogo se interpuxese na principal meta da súa vida: desfrutar en compañía.

Tedes que perdoar. Funme polos cerros de Moimenta e non falei do coronavirus. É o que ten escribir sobre filosofía como se estivese embriagado na barra dun bar entre amigos.

7 comentarios en “Filosofía do coronavirus

  1. Prezada Carmen:

    Teño dous sobriños vivindo en Madrid e, queira ou non, todo o que pasa nesa Comunidade aféctame, non só como cidadán, senón tamén a nivel afectivo. É
    deprimente. Non deixo de pensar, mira ti, no marabilloso libro de Gibbon sobre a
    caída do Imperio romano.

    Saírse do tema é entender moi ben o meu texto. Non sei se é unha chiscadela. Se o é, xenial!

    Sinto moito esas duras circunstancias que estás vivindo, e alédame que teñas o humor de invocar ese seguro que moi saboroso caldo.

    A dedicatoria era sincera e merecida. Estarei encantado de coñecer as túas impresións sobre o libro.

    Apertas e moita saúde para todos!

  2. Querido profesor:
    Parlantes absolutistas abundan en política. Lo malo es que al querer serlo todos, así van las cosas. Es lo que está ocurriendo en Madrid, Autonomía sobre la que se dilucidan los litigios, embrollándolos cada día más mientras el ciudadano se encuentra desconcertado y, lo que es peor, desamparado.
    Que conste que, a pesar de la extensión de tu entrada, no he hecho “mutis por el foro”. Si me salgo del tema es porque estamos pasando un mal momento: el marido de una nieta está hospitalizado (no voy a relatar el proceso de su internamiento a pesar de tener intríngulis…) y lo que hubiera sido algo normal en circunstancias normales está trastocando el ritmo familiar: la abuela se hace cargo de los niños, pero no pueda llevárselos a su casa porque el abuelo está en situación de “alto riesgo”, y ¡a ver quién sujeta al más pequeño que adora a su abuelo…! Si quedase ahí la cosa…: he renunciado a las citas médicas que tenía programadas y hasta a la vacuna de la gripe. No es que haya renunciado sino que es tal el desconcierto sanitario que el contestador automático te responde algo así como el “vuelva usted mañana” de Larra. Estas cosas no ocurrirían si los políticos no perdiesen el tiempo culpándose los unos a los otros y mientras tanto la sanidad manga por hombro.
    Me encantaría hacer más por la familia: a falta de otra cosa, mañana pienso preparar un caldo gallego con todas las de la ley, pues para eso me traje buenos productos de la tierra. Claro que, a falta de grelos, habrá que conformarse con repollo.
    ¡Vaya panfleto!, dirás. Otro día escribiré algo sobre tu libro “A casa xunto ao volcán”, que leí en Palmeira. Me hubiese gustado comentarlo tomando un café en casa de Magdalena (o en la mía). No ha podido ser… Gracias por tan preciosa dedicatoria.
    Boas noites.

  3. Moitas grazas, querido profesor, polo punto número cinco. Xa me gustaría ter a mente así de aberta a metade de Fidel.

    Eses xogos de palabras son roubadas, (algunhas tamén a Fidel ) son estrataxemas que ti me dixestes que se chamaban algoritmos, por certo, para mín moi rendibles.

    “Mal escritor debo ser” dis no punto número dous por atopar os teus pensamentos camiño de Úbeda. Ti xa sabes que non e así, o que ocurre é que a miña menda tamén sabe ser intuitiva.

    “Leonardo capitán de todalas épocas” eso xo deixo para ti, que eres o filósofo.

    Alegrome de saber estimular a tua curiosa voracidade aínda que sea con libretas ficticias. Ou non, pode ser que existan.
    Chao, chao, querido profesor.

  4. Prezada Magdalena:

    “Filosofar del vino, aunque no a filosofar en vano…”. Como me gustan eses xogos de palabras, e que significativos me parecen!

    Notouse que collín o camiño de Úbeda premeditadamente? Mal escritor debo ser.

    Sempre que falas desa “libreta”, estimulas a miña voracidade.

    Coincido. Aínda que ampliaría o ámbito. Leonardo, capitán de todas as épocas.

    Tamén coincido. Por iso é un privilexio atopar persoas, coma ti e Fidel, con amplitude de miras e mentes abertas.

    Máis apertas

  5. Yo creo que te has ido un poquito más lejos de Moimenta, querido profesor. Cuando estaba casi acabando de leer y vi que en lugar de filosofar sobre el coronavirus empezaste a filosofar del vino (aunque no a filosofar en vano) disfruté con complacencia de esa variante en la que cogiste premeditadamente el camino de Úbeda.
    Me encantó la anécdota del chileno – una más para mi libreta – porque es de las buenas. El futbol siempre hace muchos amigos.
    Un escritor argentino llamado Daniel Samper Pizano escribiendo sobre el renacentismo en términos futbolísticos decía que, Da Vinci fue el gran capitán del equipo renacentista. La alineación podría ser más o menos la siguiente:
    Da Vinci
    Boccacio – Caravaggio – Bernini – Giotto – Botticelli – Donatello – Brunelleschi – Rafael – Miguel Ángel – Petrarca.
    Parecería una potente selección de futbol italiana. O, mejor aún, argentina; para más “inri” del pobre chileno apaleado .
    Espero que sigas contando anécdotas así de simpáticas aunque digan que eso es incitar a la violencia. Ellos se lo pierden. ¿ Qué es la testarudez más que escasez de ideas ?
    Biquiños palmeiráns querido profesor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>