Un home normal

imagesMarina Losada Vicente. Onte conteillo a Mau. Viñamos de ver a peza de teatro “Crónica dunha heterosexual insatisfeita”. A protagonista non tiña nin idea de que tipo de individuo lle “poñía”.  Ao fío da obra, acordeime da única persoa que me excitara no momento mesmo de coñecela. O feito de estar preto de alguén non acadou xamais tal resposta. Tamaño sacudida eléctrica! Ningún estímulo visual -nin olfactivo- prendera así en min, sumida nunha quentura que pedía remedio. Abrazar. Bicar. Ser bicada. E todo o contido do paquete. O paquete enteiro.

Como nos anuncios da tele. Un obreiro, unha caixa de ferramentas e unha escaleira de man. Mais este totalmente vestido, sen suar e sen baldeirar unha botella de auga pola cabeza. Delgado, correúdo, sen muscular. Algo máis alto ca min. Cun perfil duro, unha pinga agresiva, que resultaba ben atractiva. O meu estado de ebulición sexual a piques de delatarme. Desexando ser a diana daquel home normal que colocaba unha persiana veneciana rosa pau. Medo a que, pola proximidade, fluíse a miña perturbación. Desexo de que o fixese.

Uns anos máis tarde, cando tivemos que arranxar a persiana veneciana rosa pau tamaño extra largo, a empresa mandou ao mesmo home normal. E con el, o desexo. Antigo. Carnal. Vivo. Frustrante,  para unha muller heterosexual -monógama apunto- insatisfeita.

Mau, con certo morbo, preguntoume quen era. Se agora mesmo aparecese pola porta, non caería na conta, a non ser que, de novo, a miña libido se puxera a cento dez. Se alguén coñece o instalador de persianas venecianas rosa pau tamaño extra largo marca Eur lux, avíseo de que agora vivo sen freo.

6 comentarios en “Un home normal

  1. Bo día: Procuro non entrar no café despois das oito da tarde. Entre outros motivos, porque a cafeína déixame desvelada. Na forma física -café café- e tamén na forma menos compacta do ser, a do intelecto (conversas directas ou a distancia). Esta é unha verdade espida, por simple e por intranscendente. De certo que o resto das miñas verdades -aínda que cada vez menos- acostumo a adobalas. Como o tema da conversa ía de lascivia, dei en facerme unha pequena introspección, de aí o meu comentario de onte. Non todo é o que parece. Igual que explicas ti, Magdalena, co tema da túa relixiosidade, o camiño da verdade xamais é tan directo e tan franco como expoñemos. O problema non é que aquí nos adornemos, na realidade virtual. O problema, ou a virtude, vai ti a saber, é que o facemos no mundo real. Con humor ou sen humor, Carmen, sempre é un placer terche. Bicos

  2. Non teño o hábito de escribir pola noite, pero como rematei o libro que estaba lendo e ata mañá non quero empezar outro, apetéceme estar contigo un anaquiño.
    Dis, querida Marina, que non queres resultar traslúcida envolvendo o que escribes para non deixar ao descuberto o teu perfil. Eu pensó que eso facémolo todos. Eu digo que son moi crente, e a misa moitos domingos e festas de gardar, cómoa con papas de millo. A verdade espida non a contamos por aquí. Por medio do inxenio todo se pode dicir, porque o inxenio e o talento son dous hirmáns que se levan moi ben, e ti, sabes compaxinalos á perfección. Eu só penso no que di a protagonista do relato, e os teus persoaxes saben contar as cousas moi ben e con moito inxenio,
    Moitos biquiños, xa me está pegando o sono, non son horas.

  3. Se a algunha autoridade no tema se lle dera por elaborar o meu perfil, atendendo ao que escribo, posiblemente se levaría un chasco. Sempre hai un feito certo detrás de cada relato -ou de case todos-, máis acostumo a envolvelo o suficiente para non resultar translúcida, ou para non deixar ao descuberto ás miñas confidentes (case sempre mulleres). Unha amiga do facebook escribeu hoxe no meu muro que será difícil atopar ao home do texto. De verdade que resulta difícil atopar a un home normal, ía a preguntarlle, máis nese medio non quero facer moito ruido. A pregunta queda aberta. Saúdos, Magdalena. Saúdos, Carmen.

  4. Creo que no soy la más indicada para dar una respuesta consciente a tu comentario.
    ¿Viste la película o leíste el único libro de Tomasi di Lampedusa “EL gatopardo”? Pues me aplico el cuento… Sin cinturón de castidad, por supuesto. Y no me siento nada frustrada.
    Un abrazo.

  5. Póis xa me contarás na próxima si ese obreiro volveu polo sitio para calmar esas feromonas e darlle complacencia a esa descarga de oxitocina, porque agora xa me tes
    en ascuas.
    Sabes que dicía Jardiel Poncela ? “La lujuria tiene con frecuencia toda la grandeza que con frecuencia le falta al amor”

    Marina, non tardes en volver a darnos outro cafeiño cheo de ese alcaloide que estimula o sistema nervioso.
    Biquiños palmeiráns.

Deixa una resposta a marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *