Funchal, o refuxio dunha emperatriz

funchal 1Xerardo AgraFoxo. A illa é nova. Ten a súa orixe nun volcán abrollado do Atlántico hai cinco millóns de anos que se converteu paseniño nun paraíso recoñecido polo seu clima agradábel, un mosaico de engaiolantes paisaxes e unhas fragas de laurisilva únicas no mundo. Pero a capital é unha cidade vella, xurdida a carón dunha baía orientada dende os comezos da colonización portuguesa para comercializar os seus produtos máis demandados: a cana de azucre, os plátanos e o viño doce. Esta «pequena Lisboa» amosa un centro histórico ben conservado, onde se erguen igrexas, museos e pazos antigos, e unha zona velha, noutro tempo arrabalde mariñeiro, que acolle nas súas estreitas calellas tendas de artesanía e 200 portas adobiadas con fermosura polo movemento artístico artE pORtas abErtas.

funchal 2Esta illa, considerada como O Mellor Destino Turístico Insular, foi o abeiro escollido pola emperatriz Sissi para fuxir da traxedia de Mayerling, esquecer os amoríos dun home libertino e curar a súa anorexia nerviosa. Dende os Xardíns da Quinta Vigía, agora adobiados cunha estatua súa, contemplaba a baía natural e a cidade antiga aos seus pés. Uns anos despois sería asasinada nas marxes do Lago Lemán por Luiggi Lucheni, un anarquista que non sabía que cravara unha coitelada no corazón dunha muller desgraciada.

Un comentario en “Funchal, o refuxio dunha emperatriz

  1. Me alegra verte nuevamente por aquí, apreciado Gerardo:
    Al principio de la lectura creí que andabas por Las Canarias, me despistó lo de la laurisilva, volcán y clima agradable.
    Hace bastantes años leí un libro de Ángeles Caso sobre la vida de la princesa bávara Elisabeth “Sissi” y en él pude comprobar que la vida para ella no fue tan bonita como nos la presentaba la Editorial Bruguera en una colección que llegué a reunir casi toda la serie, ni como la veíamos en el cine interpretada por la gran Romy Schneider.
    A veces, ese tráfico de princesas para anudar alianzas políticas acarreaba en muchos casos la infelicidad de estas desdichadas muchachas.
    Saludos palmeiráns, querido AgraFoxo.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *