Porto Santo, un chanzo na ruta das Indias

santoXerardo AgraFoxo. Até aquí chegou no ano 1418 João Gonçalvez Zarco e Bartolomeu Perestrelo, os navegantes enviados por Xoán I de Portugal para descubrir novos territorios ao oeste da costa africana. Uns anos máis tarde arribou a esta illa un home pobre, Cristovo Colón, que coñeceu nestes eidos a Alonso Sánchez de Huelva, que chegara á esta beiramar por culpa dunha treboada e, antes de morrer no ano 1475, lle revelou a existencia doutras terras seguindo a ruta dos alisios cara aos trópicos. Sexa verdadeira ou falsa esta historia, algo estraño fixo posíbel a arribada dos europeos ao Novo Mundo. Naquela estadía de Colón por esta illa casou con Filipa de Moniz, filla de Bartolomeu Perestrelo, gobernador desta lingua de terra afastada de Madeira por unha canle de augas revoltosas.

A illa de Porto Santo, naqueles tempos produtora de cereais, viños e unha tintura vermella do drago, é agora unha chaira espida e seca, con escasos recursos e unha poboación que vive exclusivamente do turismo, cuxo atractivo radica nunha longa praia e na Casa Museo Cristovo Colón, restaurada con motivo do 500 aniversario do «descubrimento de América». Nela atesóuranse mapas, cartas náuticas e outros documentos interesantes que salientan a posición estratéxica de Porto Santo na expansión atlántica que emprenderon os portugueses naquela época de emocións e aventuras na procura das Indias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *