Ración de cookies

165365Marina Losada Vicente. Ando algo paranoica. Onte o meu portátil insistiu en que necesito mercar calzado de inverno. Zapatóns de gorotex en agosto? Se teño un par sen estrear!

Hoxe o mesmo. Ao entrar na banca electrónica, un cadriño intermitente insiste en que merque botas de goma. Na web do periódico, lendo en local, asáltanme un anuncio de zapatóns para montaña (50% desconto e envío de balde). Na páxina de meteoroloxía, inclúen para min todo tipo de zapatos de inverno -edición limitada- que percorren a pantalla saltaricos, alentándome a mercalos. Todos os navegadores que teño instalados (Crome, Explorer e o novo, Egne ou algo así) insisten en que entre en webs de calzado. Rotundos. Contundentes. Ancho especial e pés delicados! Quen foi o acusica?

Por moito que acostumo, nas miñas visitas a sitios web, a non dar consentimento para que accedan á información do meu dispositivo nin aos datos de localización xeográfica, sei que así funcionan as cousas. Basta con que un día busques na Internet un produto, para que as cookies -galletas informáticas- da páxina aprendan os teus hábitos e transfiran a información aos spyware -programas espías das axencias de publicidade-, mais eu nunca entrei en páxinas de calzado. Xamais. Merco en directo, en tendas físicas. E penso seguir así!

Serán as cookies da páxina do SERGAS, na que entrei para pedir cita médica, as que, pola tensión da covid 19, me prevén contra un máis que difícil inverno?

Mentres o penso, caio na conta de que a outra noite, despois de ver unha reportaxe sobre o Polo Norte, soñei que camiñaba descalza pola neve e que caía gravemente enferma. As malditas galletiñas chuchadoras de intelecto humano xa invaden os meus soños!

5 comentarios en “Ración de cookies

  1. Querida Marina: Yo también compro en tiendas físicas. Nunca se me ocurriría hacerlo por Internet. Aun así, reconozco que es el futuro que les queda a nuestros hijos y nietos.
    Un abrazo desde Vigo.
    P/D: Estoy pensando que con esto de Internet, todo “quisque” va a saber donde me encuentro.

  2. Yo tampoco doy consentimiento para nada (hasta he dejado de ver el mapa del tiempo, porque ahora me piden “ACEPTAR” una serie de normas para no sé qué “Política de privacidad”) y a pesar de ello recibo propaganda sobre mis escritores y compositores preferidos.
    Suscribo lo que dice Magdalena: a mí no es la primera vez que al pedir por Internet la relación de farmacias de guardia o de restaurantes gallegos (por ejemplo), me indican los de mi zona o los más cercanos a ella, sin haber precisado ese detalle. Parece como si te leyesen el pensamiento.
    Hace unos cuarenta años asistí en el Hotel Riazor de Palmeira al homenaje a un antiguo profesor (don Carlos García Bayón), hombre muy realista en el hablar. Aunque en aquella época apenas se tenían noticia de la existencia de ordenadores, en el discurso que nos dirigió a los asistentes, aseguró -más o menos- que llegarían tiempos en los que se nos controlasen hasta las cagadas diarias. No iba mal encaminado…
    Felices sueños.

    1. Asusta, e moito, a capacidade de control que teñen as máquinas sobre as nosas vidas. E que tan fácil é autorizar unha intervención mediante o móbil ou o pc sen darte conta. Queremos ter todo nas nosas mans, as contas do banco, a información clínica, saber se vai chover dentro de media hora… Todo ten un prezo a pagar e aí andamos, pagando tanta comodidade. Bicos.

  3. O mundo da Internet é alucinante. E alucinada estaba eu por Madrid, buscando o museo do Prado, cando o meu móbil, ao que lle pedira axuda, me facía dar voltas ao mesmo bloque de casas unha e outra vez, ata que acabou sácandome del e me quixo meter no medio dunha rotonda. Tardei en caer na conta de que pensaba -ou supoñía- que ía en coche. De certo eu non indicara, ao plantexar a pregunta, que era unha simple transeúnte. Despois de facer a visita ao museo, apareceume en pantalla unha enquisa sobre a cafetería no que mercara un auga para levar. Quedei perplexa e sentín que non tiña liberdade algunha, dado que eu mesma me fixera visible para un organigrama empresarial situado a saber onde. Ao fío do que escribes de Tip e Cooll, a Internet ten a liberdade de machacar a quen navega incauta. Bicos, Magdalena.

  4. No me extraña que la paranoia nos dé alcance, Marina.
    Tengo muy cortos conocimientos del dominio de todo lo relacionado con el mundo que hoy ocupa tu entrada, pero voy a contarte lo que me ocurrió el año pasado yendo por un lugar bastante apartado por el que suelo frecuentar en mis cotidianos paseos respirando el aire de la libertad.
    Como no llevaba compañía – cuando voy acompañada no toco el móvil – se me ocurrió preguntarle al susodicho, la temperatura de la que disfrutábamos en aquel momento. Me contestó por escrito que, en Cercias ( o sea, donde yo me encontraba ) había 24 grados. En aquel momento me di cuenta de lo controlados que estamos mientras que gozamos de esa “libertad” que la electrónica nos proporciona.
    Como decían Tip y Cooll: “La libertad de prensa consiste en poder machacar todas las uvas que se quieran.
    Moitos biquiños desde Palmeira, querida Marina.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *