Diario dun enterro. Hai narrador

O Andel. Diario_dun_enterro_Gonzalo_HermoRomán Arén. Tras dunha traxectoria importante como poeta, Gonzalo Hermo vén de gañar o Premio Repsol con esta ficción, de estilo claro, límpido, cunha atención aos detalles significativos moi lograda, con sentido do humor, ironía e certa sátira, logradas, sen que agoche de todo as emocións. Ficción do eu, moi presente hoxe, na que moitos lectores crerán que o narrador da novela transparenta o autor real, e quizais por iso Hermo lle puxo nome. Bo sentido na concentración temporal, tres días intensos para un enterro, para se notar estranxeiro na propia casa, vencellado pero alleo. A mirada logra achegarnos unha verdadeira sensación de veracidade e a novela acada mesmo ter clímax no final. Regreso imposible a un mundo, o da infancia, que xa non se pode ver coma antes, que quizais xa nunca foi boa, e que nos deixa pingas de indeterminación moi interesantes sobre as amizades do neno (aí hai outra historia só en potencia). Sen familia, a novela sería máis pobre, sen ela non habería moitas novelas, porque toda familia é inevitable e terrible. Unha boa novela de ritmo áxil, lograda nos diálogos. Hai autor, sen dúbida. A sinxela estrutura fai moi doada a súa lectura.

Un comentario en “Diario dun enterro. Hai narrador

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *