Los Mann. Historia de una familia, de Tilman Lahme

9788417978280Inés Otero. Esta  historia da saga Thomas Mann/Katia Hedwig e os seis fillos, todos vinculados co mundo intelectual, é unha saga familiar que abrangue unha época ateigada de problemas políticos e traxedias colectivas, coma o nazismo e o holocausto. O autor desta sensacional obra, Tilman Lahme, reconstrúe a vida dunha familia onde a busca da identidade e a afirmación persoal revelan a existencia duns personaxes contraditorios. Oito persoas que viviron a amargura do exilio cando o autor de Os Buddenbroock –publicada por Thomas Man cando só contaba 25 anos– se pronunciou contra as teimas inquisidoras de Adolf Hitler.

As cartas cruzadas entre a familia  –no ano 2013 descubríronse 3.000 no arquivo de Thomas Mann en Zürich– revelan conflitos amorosos, aventuras homosexuais, depresións agudas, caídas no mundo das drogas, constantes problemas económicos, suicidios arrepiantes e noxentas rivalidades literarias. Klaus empregaba drogas para escribir, Erika para viaxar, Michael era alcohólico e non deixaba de pedir cartos, e Golo, Mónika e Elisabeth arrastraban outras eivas lacerantes. O propio Thomas Mann tomaba pílulas para superar certos problemas que o agoniaban, coma unha escura homosexualidade, e violentos enfrontamentos familiares.

Esta monumental biografía –que nalgúns capítulos se len coma se fosen Os irmáns Karamazov– é narrada segundo unha orde cronolóxica a partir dos anos vinte do século pasado. Explícanse as primeiras dúbidas do Premio Nobel cos nazis, o posterior compromiso coas posturas democráticas e o consecuente exilio mentres o nazismo os convertía en dianas da súa represión.

Unha lectura tan recomendábel coma abraiante!

Un comentario en “Los Mann. Historia de una familia, de Tilman Lahme

  1. Pues habrá que anotarlo en la libreta de “Pendientes de lectura”.
    De Thomas Mann, solo he leído “Muerte en Venecia” y “Mario y el mago”. La primera, aunque no me gustó el tema, es de justicia reconocer que está magníficamente elaborada. Y la segunda, a pesar de su corto contenido, tenía frases muy buenas.
    Recuerdo una de ellas: “Tenemos la difusa creencia de que la tos ferina se contrae por vía acústica”.
    Los Mann, queda apuntada.
    Buenos días Inés.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *