Narcoviandante?

????????????????????????????????????????????????Marina Losada Vicente. A que andará a muller coa que coincido camiño da casa? A semana pasada vina cruzar varias veces a estrada sen motivo aparente. Camiño a uns metros dela, aínda que ás veces cústame seguila, e decateime de que cando fai sol cruza a calzada catro veces, sempre nos mesmos puntos.Pola contra, se chove non cruza. Busca algo que se estragaría de estar mollado?

Onte, á altura do tanatorio, igual que en días pasados, cruzou á dereita. Chegando ao instituto, apurou o paso cara á esquerda e, petando coa urbanización, atravesou o asfalto de novo, sen que eu advertise cousa que a chamara no outro lado. Por último, volveu ao camiño inicial. Non parece que ande na procura de ninguén, ao mediodía somos as únicas viandantes desta estrada, polo que teimo en pensar se cando cruza deixará algún recado no outro lado para que o recollan mans cómplices, ou ao revés, que sexa ela a que retira “encargos” ocultos en algures. Como unha chispa que eu non a vexo parar! Ou será que colle algo que deixa máis adiante para terceiros? De ser así, por que non fai o camiño pola man dereita? Para que ninguén a relacione cos feitos de ser descubertos? Hoxe farei o mesmo que ela faga. Que se me escapa?

-Vexo que tamén a vostede lle gusta camiñar baixo a quentura do sol -escoito abraiada no terceiro cruce de calzada-. Nas zonas nas que as edificacións dan sombra vai un frío que pela!

5 comentarios en “Narcoviandante?

  1. A xente que pense o que queira, querida Marina. Cada un pode facer o que lle veña en gana sempre e cando non perxudique a un terceiro. Imaxinación ao poder !!
    Bicos.

  2. Y pensar que cuando “asorello” entre cortinas (la fila de personas que entran o salen de la confitería: otra cosa no veo) me considero poco menos que “la vieja del visillo”… Pero, ¡anda que tú…!
    Lo que no me explico es cómo no he caído en la cuenta, si hago lo mismito que tu personaje… Es que lo decoras tan bien, que no hay manera.
    Un fuerte abrazo.

    1. Non coñecía a palabra “asorello”; en Rianxo dicimos axexar. Nestes momentos, como ti escribes, coas limitacións da pandemia. No meu caso pode ser un reflexo de quen son. Gusto de ver a vida, a vida real. A vida nas pantallas perde moito. E non deixo de formarme ideas de canto vexo. O caso é que poucas veces se acerta coa verdadeira razón dos actos humanos e aínda así, mantemos a soberbia de asegurar cousas que non son. Eu polo menos. Bicos, Carmen

  3. Bos días, Marina:
    Eu que son unha amante dos xeroglíficos de don Pedro Ocón de Oro, e tamén dos anagramas de Fortuny, dos cales son unha adicta e que resolvo con bastante soltura, non lle poño pedra que non sexa capaz de conseguir dar cos remates das túas entradas. Sempre poño a man por diante tapando o desenlace, e nunca acerto.
    Eres un xenio do suspense. Se che coñecera Hitchcock, seguro que che contrataría de guionista.

    Eu fago o contrario da misteriosa viandante. Busco a sombra.

    Unha aperta, querida Marina.

    1. Pregúntome moitas veces que pensarán de min os demais; algunha excentricidade poida que teña a ollos alleos. A pesar diso, de saber que poden equivocarse, eu fago o mesmo. Non evito posicionarme. Cada cousa que vexo ten unha explicación no meu cerebro, que cada vez se aproxima menos á realidade. Perdo obxectividade a mans cheas. Non é boa cosa que antepoña o meu ego, seino… e pregúntome que pensarán os demais cando me ven cruzar a estrada dun lado a outro… De ser eu quen tal vira, a miña imaxinación navegaría como no texto que acabas de ler, Magdalena. No inverno, busco o sol, sempre. Bicos.

Deixa una resposta a marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *