Conversas de escaparate. O mellor modelo

fidel 1Fidel Vidal. -Aínda non me vexo coa valentía de confirmar ou negar esa relación.

-Pero se acabas de o coñecer.

-A primeira vez que nos vimos resultou excitante. A forma de falar, o ton de voz, si, a súa fala resultoume sedutora.

-Estás ben segura de que falaba contigo?

-Sei que me adulaba pero non lembro con que discurso, só a dozura do seu dicir.

-Estás namoradiña; mais dunha ilusión.

-Levo dous días sen novas e non sei que facer. Debería adestrar as pernas para correr tras del cando regrese.

-Mal asunto o de correr tras dun home.

-Malo ou bo o asunto é meu. Quero saber o que dixo.

-Tan atordada estabas?

-Cómenme as dúbidas se me fará ben tanta emoción. E a incerteza de se estarei á súa altura.

fidel 2-Nin que fose un catedrático.

-Que me aconsellas? Mudarei de vestido?

-Calquera trapiño loce contigo.

-E se me poño un modelo con transparencias?

-Se pretendes excitalo ou provocalo non sería unha mala escolla.

-Nada diso. Só pretendo poñelo nervioso, para estarmos en igualdade emocional.

-Non precisas de roupa ningunha.

-Ti cres?

-Abóndache co teu propio corpo, querida. É o mellor modelo a resaltar un vestido.

 

6 comentarios en “Conversas de escaparate. O mellor modelo

  1. Dicen que lo más excitante es lo que no se ve y que sólo se insinúa… Creo que no están mal encaminados los que así piensan.
    Tienes razón: hoy se cambiaron las tornas; pero hace no muchos años, a las expresiones “ser homeira” y “ser mullereira” las separaba un abismo brutal.
    Es increíble lo que puede dar de sí un escaparate si el diseñador es bueno.
    Unha aperta dende lonxe.

    1. O máis excitante é o que non se ve e que só se insinúa, según din, así te explicas, prezada Carmen. De aí vén, de tapar para non ver, o comezo do erotismo en contra do anatómico. Recollendo imaxes dos chamados nosos primieiros pais, Adán e Eva, até o momento de desobedeceren a Deus, gozaban espidos do paraíso. Debido ao pecado de probaren da árbore prohibida tiveron que tapar “as súas vergonzas”. Curiosamente van cubrir unhas e non outras partes do corpo. Por que son vergonzosas “esas” e non outras áreas do corpo, poñamos por exemplo o nariz ou mesmo as mans, as costas, os xeonllos? Arremedando a Shakespeare: tapar e destapar, esa é a cuestión. Unha forte aperta. Saúde.

  2. Apreciado Fidel
    Las esperas siempre resultan largas, sobre todo, si se trata de una espera por enamoramiento.
    Cierto que, en ocasiones, una mujer se enamora más de un hombre por su forma de hablar o de su tono de voz, que de su físico.
    Y muy acuerdo con la advertencia de su amiga al recordarle: “Mal asunto o de correr tras dun home”.- Na miña mocidade ese tipo de rapaza, chamábase homeira.- E non digamos se apareceu con transparencias ou como a súa nai a trouxo ao mundo. A partir dese momento, a xente do pobo deixaría de falar con ela.
    Cierto que su amiga le echó un cabo, haciéndole ver que cualquier trapito, en su cuerpo serrano, le quedaría bien.
    Es un placer leerte.
    Un abrazo desde la Ciudad Olívica.

    1. Un pracer saber que sigues na cidade da oliva, prezada Naty. Non está ben visto iso de ser “homeira” como tampouco ser “mullereiro”, aínda que ambos os dous vocábulos non están en situación de valor simétrico, penso eu. Sen embargo todos coñecemos exemplos de perderse unha relación (se cadra a mellor, a ideal) a causa de non contar cun chisco de “homeira” ou de valor para “lanzarse” á persoa que un bo día nos encandeou, e da que aínda hoxe gardamos recordo. E se a xente fala, que fale, porque a xente nunca vai deixar de falar.
      Saúde.

  3. “Quien espera desespera, quien desespera no alcanza, por eso es bueno esperar y no perder la esperanza”.
    Temos que animar á do escaparate e dicirlle que…
    Todo chega a quen sabe esperar.
    O corazón é libre, solo hai que ter o valor de facerlle caso.
    Aínda que hai quen di que o amor é un estado de estupidez transitoria.

    Outros din que o amor…ALELA e que ás veces e malo para a mEnstrUAcIÓn

    1. En calquera das propostas podo concordar contigo, prezada Magdalena, supoño que dependendo do estado de ánimo. De todos xeitos as bonecas téñeno máis doado. Iso de esperar vaille no seu salario.
      ANENA ANENA o frAgUEIrO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *