Aproximacións a Manoel Antonio (II)

manuel-antonio-perez-sanchezX. Ricardo Losada. Como prometín, sigo compartindo con vós as miñas reflexións sobre o libro de Xosé Luís Axeitos Aproximacións a Manoel Antonio (editorial Axóuxere, 2020). Pero antes de nada, tratando de ser sincero, quixera facer unha aclaración. Aínda que Axeitos non me cita nese libro, sentinme interpelado en varias ocasións, no sentido de que me daba a impresión de que criticaba algúns aspectos da miña biografía sobre o poeta rianxeiro. Por moitas razóns, pero, basicamente, por unha. Teño lido practicamente todo o que se ten escrito sobre Manoel Antonio, e esas críticas só encaixan co meu libro. Como non quero que o lector pense que son un tipo que cre que o mundo xira ao redor de min, anticipo tamén que, sexa ou non certa esa suposición, é o de menos. O único importante son os argumentos, e que o lector non perciba nesta crítica acritude ningunha. Só busco compartir a miña experiencia de biógrafo coa do profesor Axeitos, por se podo axudalo en algo, como el me axudou a min coa coidada e metódica publicación da obra e do epistolario de Manoel Antonio.

     No primeiro texto que escribín en Café Barbantia manifestaba a miña sorpresa de que ao profesor Axeitos non lle chamase a atención que Manoel Antonio non reaccionase iradamente ante as manipulacións que Ánxel Casal fixo do seu manuscrito de De catro a catro. Agora voume centrar nunha desas afirmacións que me uliron a crítica ao meu libro, entre outras razóns, porque é moi estraño que Axeitos, sempre tan rigoroso, non aclare a quen llelas dirixe, e porque estou convencido (quero ser totalmente sincero) de que non facer ningunha referencia á miña biografía é unha decisión premeditada e consciente. A afirmación en concreto é esta: Temos expresado en numerosas ocasións a especial esixencia e a intensa paixón coa que Manoel Antonio tratou a súa obra literaria. (…) Estas preocupacións, que formaban parte da súa poética e que se mantiveron desde tempos adolescentes ata a súa morte, están acreditadas tanto epistolarmente como na propia creación poética e teñen unha decisiva importancia para entrar nas intimidades do poeta. Porque anuncian e modelan ao mesmo tempo unha ascética creativa e unha certa moral de traballo que necesariamente proxectan tamén unha conducta socio-política de perfeccionamento, incompatible con certos sentimentos corrosivos atribuídos arbitrariamente a Manoel Antonio.

     Como xa dixen no anterior texto, coincido con Axeitos coa primeira afirmación desta cita. Sorpréndeme moito o que di sobre as intimidades do poeta, pero prefiro deixar este aspecto para outra ocasión. Aínda así, antes de entrar no tema que agora vou abordar (eses sentimentos corrosivos…), quixera facer unha precisión metodolóxica, pois considero que é imprescindible para entender a forma de razoar de Axeitos e o que, ao meu entender, é o marco de prexuízos no que se move. Refírome a ese salto que dá desde afirmacións de feitos contrastados (neste caso, preocupacións acreditadas epistolarmente e na creación poética) a afirmacións ideolóxicas (conduta-sociopolítica de perfeccionamento). É o mesmo que facían os teólogos medievais. Da existencia natural do mundo deducían necesariamente (necesariamente tamén di Axeitos) a existencia dun Creador sobrenatural bondadoso e perfecto.  Como acabamos de ver, Axeitos deduce do natural perfeccionamento literario de Manoel Antonio, o perfeccionamento sobrenatural da súa conduta ética e política. Ou acaso quere dicir Axeitos que debemos deducir necesariamente de todo escritor perfeccionista e apaixonado coa súa obra unha conduta socio-política de perfeccionamento incompatible con sentimentos corrosivos? Como ben comprenderá o lector, sería absurdo. Pero aínda máis. Como xa deixei claro no anterior texto, Axeitos ignora todos os datos ou feitos que refutan as súas hipóteses. Un grave erro metodolóxico no que cae con frecuencia, e que, dado o rigor co que adoita traballar, só pode ser inconsciente, e por iso me animo a revelarllo: para que, se o ten a ben, o valore, e poida así evitar esa  impresión que nos dá aos lectores de que primeiro chegou por fe á conclusión de que Manoel Antonio tiña que ser divino e, xa que logo, perfecto —chega a dicir que Pero Manuel Antonio non mentía nunca (…)—, e, de seguido, dedícase a investigar, non para saber como era realmente Manoel Antonio, senón para consolidar o seu prexuízo inicial. Porei un exemplo. Lendo o epistolario de Manoel Antonio descubro que lle chama covarde e verdugo da xustiza a Dieste por estar na guerra de África loitando co exército español nunha guerra colonial, e deduzo que Manoel Antonio ten unha conduta socio-política de perfeccionamento (pacifista, anticolonialista, antepón a Xustiza á amizade), pero sigo investigando e descubro que na mesma época en que escribe esa carta, el, para conseguir a exención, estalles a facer regalos aos mandos dese exército, mesmo pon cartos para darlles un banquete, e compra o uniforme pois acaba matriculándose na Escola militar de Santiago. Que debo facer? Ocultar este último dato para que non estrague a miña hipótese ou buscar unha hipótese alternativa que me permita explicar dous feitos tan contraditorios? Non creo que o lector, nin o propio Axeitos, teñan dúbidas de que debe facer un biógrafo serio e honrado consigo mesmo e, sobre todo, cos lectores.

     En fin. É encomiable a devoción que Axeitos ten por Manoel Antonio. Mesmo me provoca esa tenrura que sinto cada vez que vexo unha nai entregada as vinte catro horas do día a un fillo. E, debo recoñecelo, cando o leo, experimento unha sa envexa. Eu tamén son devoto de Manoel Antonio, pero teño a desgraza, parafraseando a Aristóteles, de ser máis devoto da verdade.

    (Que me desculpe o lector. Os sentimentos corrosivos atribuídos arbitrariamente a Manoel Antonio temos que deixalos para outro día).

6 comentarios en “Aproximacións a Manoel Antonio (II)

  1. Prezada Carmen:

    Xa sabes do meu amor por Rianxo. Pois imaxínate a alegría que levarei se contribúo a que se venda máis o libro dun autor rianxeiro, dun editor rianxeiro, dun patrocinador rianxeiro (o concello, sempre preocupado pola cultura), e un libro sobre un poeta rianxeiro. Direi máis. E un libro cuxo principal obxectivo (non recoñecido polo biógrafo rianxeiro) é criticar o libro sobre ese poeta rianxeiro doutro biógrafo rianxeiro. (Perdón polo empacho rianxeiro). Que Axeitos non nomee a este último é incomprensible. Non quere facerme publicidade gratuíta? Non che podo dicir. O único que sei é que é incomprensible nun rianxeiro.

    Distinguindo entre información e coñecemento, non teñas ningunha dúbida de que Axeitos é a persoa que máis información ten sobre Manoel Antonio. Nese sentido, calquera persoa interesada en informarse sobre o poeta rianxeiro debe acudir aos seus libros, como eu mesmo fixen. Sen o seu inxente traballo, eu non podería escribir a miña biografía.

    Creo que o resto de consideracións que fas sobre Manoel Antonio xa as estou contestando cos meus textos. Agradezo as túas palabras sobre o meu libro. Iso da honradez sábeme a gloria.

    Agardo que ese “chequeo” confirme as aparencias, e esteas divinamente.

    Fortes e agradecidas apertas!!!

  2. Querido profesor:
    Después de leer tu última entrada, siento deseos hurgar en la obra de Xosé Luís Arteixo, ya que nada conozco de este escritor a pesar de lo mucho que, por lo que observo, tiene editado. Pero tu libro, “Manuel Antonio: Vida e misterio dun poeta galego”, me sedujo; a pesar de estar escrito en un gallego evolucionado que me era ajeno hasta mi llegada a este Café.
    Gracias a la lectura de tu libro -sobre el que dejé un pequeño comentario en su día en Café Barbantia- me interesé por la poesía de Manuel Antonio, de su vida, entorno, personajes con los que convivió y aparecen en tu libro… Y todo lo que leí me afianzó más en la valía de tu obra, escrita desde la perspectiva de psicólogo y de persona honesta.
    Si nos aferramos a la creencia de que todos los escritores siguen una conducta ética y política en consonancia con lo que escriben, es que sólo conocemos su obra y no ahondamos en su modo de vivir. Aunque esto último no es óbice para que su obra desmerezca, siempre y cuando se acomode a lo auténtico.
    Llevaba más de año y medio sin hacerme un chequeo médico. Estos días ando liada, entre otras obligaciones que yo misma me impuse, con analíticas y consultas. Por tal razón paso por Barbantia a vuelo de pájaro. A veces me conformo con leer los comentarios de Magdalena a los que me uno por completo en esta ocasión. Y es que tu entrada clama al cielo. Lo que más me indigna es que no tendré más remedio que echar un vistazo a la obra de esta señor, de la que, sin proponértelo, haces publicidad.
    Es un comentario deslavazado, pero lleno de sentimiento.
    Un fuerte abrazo.

  3. Prezada Magdalena:

    Nunca estiven máis de acordo contigo. Pero, desde o meu punto de
    vista, Axeitos faltoume ao respecto como escritor e, sobre todo, como
    persoa, no seu último libro. E iso si me importa, porque o meu silencio podería interpretarse mal.
    Explicareino na cuarta entrega, que aínda teño que escribir.

    Máis apertas e grazas pola calma que denota todo o que escribes.

    Apertas rianxeiras!!!

  4. Querido profesor:
    Sabes que he leído tu libro sobre Manuel Antonio porque algo hemos comentado sobre él después de la lectura y es una obra sin tacha, magnífica.
    Yo no me preocuparía lo más mínimo que otro escritor contestase o no, a mis argumentos, es su problema. Yo animaría al que aún no haya leído el tuyo, que corra hacia la librería más próxima y se haga con un ejemplar. Estoy segura de que el leyente se quedará satisfecho.
    A mí si que me agrada leer este tipo de textos. Aunque reconozco que la amistad es compartir, no competir. La rivalidad o discrepancia tolerable casi siempre es buena, porque es el principal aliciente de la pasión.
    Besiños palmeiráns compartidos para os tres de sempre.

  5. Prezada Magdalena:

    Pódesme crer que non me fai ningunha graza escribir este tipo de textos. Os que me coñecen saben que me gusta a vida discreta e tranquila. Mesmo sei que teño moito que perder e nada que gañar. Pero hai circunstancias e circunstancias.
    O outro día un amigo díxome que tivese claro que Axeitos non ía contestar. Non é o meu problema. Escribo estes textos para aquelas persoas que lean o seu libro e o meu. Teñen dereito a saber a miña versión. E a min gústame que a saiban. O que despois pensen xa non é cousa miña.

    Agardo non amargarlle o café a ninguén.

    Unha forte aperta!!!!

  6. ¡ Mare de Déu ! que diría un catalán.
    Aquí se acerca una borrasca de nacimiento gallego. Dijo ayer el hombre del tiempo.
    Ya estoy deseando leer la tercera entrada de “Aproximacións a Manoel Antonio”.

    ” Que en estos lances siempre hablan más alto los que en batalla lucen más miedo que hierro, pero amontonan, eso sí, muy linda valentía en la retaguardia; y clavan mejor una sota de espadas que la propia”. Decía el capitán Alatriste.

    Querido profesor, el mal talante de algunas personas, proviene de ser de humores escépticos, o sea, de naturaleza estreñida. Por lo tanto, hay que ensordecer ante la sandez de la verborrea, o como vulgarmente solemos decir: a palabras necias…
    Moitos biquiños, y hasta el muy deseado tercer capítulo.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *