Dezaoito de brumario

FascismoAgustín Agra. O 18 de brumario do ano VII do calendario republicano francés –9 de novembro de 1799– Bonaparte fíxose co poder, golpe de estado por medio. Malia que os tempos mudaron –non me atrevo a afirmar que incruento, hai quen ten soidades do ruído dos sables– aqueles que vociferan veleidades totalitarias claman asemade polo advento dun novo brumario.

Mais vale parecer simple que perecer aforcado, dicía George-Louis Lecrec, conde De Bufffon, un dos meirandes filósofos da natureza, con medo a caer baixo o ollo inquisidor da Universidade da Sorbona. Nin Galileo, nin Bruno, nin Servet. Lonxe de min as heroicidades estériles, as cunetas están sementadas de valentes, afirmo tamén eu. Porén, tanto na vida como na literatura, aprecio máis a rebeldía cá mansedume.

Non é preciso pasar unha tarde de lecer en Lello e irmão, a cinematográfica livraria de O Porto, para fornecerse do material necesario co que sobrevivir a unha praga bíblica. Para combater o feixismo non queda outra que tomar a palabra e confiar na cultura. Que ela, coma un halo protector, nos protexa:

Charles Darwin escribiu en algures que a ignorancia xera máis confianza que o coñecemento. Saudades da caverna, diría Saramago, latejam na memoria inconsciente. Anticipándose ás falsidades dos acólitos do fascio, Antonioni afirmou por boca dun seu personaxe en La notte: “O poder necesita dos seus intelectuais”. Xa Euclides de Alexandría, catro séculos antes do inicio desta nosa era común, sentenciou: “O que é afirmado sen proba, pode ser negado ser proba”. Daquela, o que sae das súas bocas, non se sostén; disimulen vostedes a palabra: é morralla. Recorro á metáfora para describilos: volven os jansenitas, paladíns da intransixencia; ou, máis procaz: ladran os cans. Infamia, chamaba Voltaire –ben saben, aquel que dicía: “Pensa por ti mesmo”– ao fanatismo.

Pensar por nós mesmos. Rebater palabra por palabra, mentira por mentira, da única forma posible. Velaí unha das grandezas do método empregado pola ciencia: os argumentos deben poñerse a proba; se non poden poñerse a proba, non son científicos; se non a resisten, son falsos.

2 comentarios en “Dezaoito de brumario

  1. Miña estimada Magdalena, non sen tempo, contesto o teu comentario…

    Pouco podo dicir. O de best-seller non cae na miña vocación. O triunfo radica non nas cantidades senón nas calidades: o agarimo de comentarios coma o teu quece o espíritu.

    Para rúbricas e saúdos na curta distancia haberá ocasión. Entrementres, outra aperta para ti.

  2. Bos días, apreciadísimo Agustín:
    Como hoy dispongo de muy poco tiempo para sentarme ante el ordenador, permíteme que te conteste en castellano.

    Completamente de acuerdo en lo de pensar por nosotros mismos. Completamente de acuerdo con la cita de Euclides. Completamente de acuerdo con que aprecias más la rebeldía que la mansedumbre, pues de lo contrario, no seríamos nosotros, seríamos peleles. Pero siempre dentro de un orden. “Defiende lo que amas, no ataques lo que temas”. “Se puede morir por una idea, pero jamás matar por ella”.

    Dicho esto, paso a darte la enhorabuena por tu libro “Silencio”. Me encantó.
    Tenía mucha curiosidad por leer el primer relato calificado por el profesor Losada como “maxistral”. A mi, también me lo ha parecido.
    No obstante, los siguientes, no le niegan pares. Solo voy a ponerte el ejemplo de uno de los más cortos “Guiordano”. Sabes relatarlo con tanta sensibilidad, que el fuego de la pira calienta la sangre del lector.
    Fue un placer leer los de Lyell y Cuvier. Preciosos.
    Muchas gracias, Agustín, por este libro tan bueno. Haciéndome portadora de todos ellos: Isaac, Galileo, “do contador de chícharos”, de Nicolao, Johannes, Darwin, y de alguno más que seguramente se me quedará en el tintero, muchas gracias en su nombre por hacerlos revivir en las páginas de “Silencio” con sonoridad acertada.
    I think. Creo, creo que triunfarás.
    Cariñosos saludos palmeiráns.
    P.D Este libro merece una rúbrica. No sé cómo, pero la espero.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *